Video: O ciclo reproductivo dos agaricales

Hoxe toca video, compañeiros micófilos. Un video realmente interesante que nos falará dos agaricales, os cogomelos con lamelas, centrado no seu ciclo reproductivo e salpicado de fantásticas imaxes acompañando as explicacións na forma de texto.

O máis interesante no so é o que conta, que tamén, senon a linguaxe visual que emprega ó contalo. Veredes tomas dun cogomelo esporando (Lentinula edodes, o famoso shiitake, é o protagonista do video), imaxes microscópicas do himenio e os seus elementos, time-lapses das hifas do fungo desenvolvéndose (isto último unha delicia, e moi rara de ver). Un espectáculo visual que paga a pena, ainda que é unha lástima que no tivese un pouco máis de calidade o video. En fin, a video de youtube regalado, non lle mires o dentado.

Todo isto, para aprender algo máis do modo en que os fungos se reproducen e medran e o papel que xogan no proceso os cogomelos. Imprescindible sobre todo se sodes novos nisto dos cogomelos ou queredes coñecer un pouco máis en profundidade a que andan estes bichos.

¡Non volo perdades!

3 comentarios:

  1. Moi interesante.
    Qué tal a tempada? Por aquí fatal, está todo seco, seco.
    Que chova ............

    ResponderEliminar
  2. Un arranque espectacular, e unha freada en seco (nunca millor dito) máis espectacular aínda. Non cae nin un triste chuvasco e a xente na praia.

    E eso que poño tódolos días pola ventá a toda pastilla o "No cambié" de Tamara (aka Ámbar, aka Yurena). Pero nada, nin jota.

    ResponderEliminar
  3. Bueno, eu empecei a cantar hoxe na ducha e parece que hay cambio pra semana xDD

    http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/municipios/ribeira-santa-uxia-de-ribeira-id15073

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails