A estrela terrestre: Astraeus hygrometricus

Hola amigos. Como sabedes hai fungos de moitas e curiosas fomas. Algúns certamente orixinais, tanto na forma, como na súa estratexia reproductiva, coma o que temos hoxe na cesta de Refungando e que, se vos fixades un pouco, poderedes ver estos días (gusta de primavera se ven con chuvias) nos nosos montes. De feito, este é un fungo bastante común, seguro que máis dunha vez vos topastes con él. A xente soe recoñecelo de velo algunha vez, pero máis raramente saben que se trata dun cogomelo. Quizáis eses curiosos “pétalos” que lle dan esa característica forma de estrela teñan a culpa, e moitos cren que se trata dalgunha pranta rara. Pero non, Astraeus hygrometricus (Astraeus é o nome dun dos titáns da mitoloxía grega, deus das estrelas e a astroloxía; hygrometricus, literalmente, significa “que mide a auga”) é un fungo que no que no século XIX se consideraba incluido no xénero Geastrum, ainda que as diferencias microscópicas observadas a finais dese século demostraron que debía encadrarse nun xénero propio; así aparece o xénero astraeus cunha única especie dentro del. Hoxe en día, segue sendo un xénero moi pequeno, con tan só 6 especies, catro delas como veremos máis adiante de orixen asiático.

A. hygrometricus é un gasteral, coma Pisolithus Arhizus e os populares peidos de lobo (que engloban varias especies) que pertence á familia Astraeaceae (repetideo tres veces si tedes peito). As súa fructificacións soen pasar por alto no monte, feito no que seguramente terá algo que ver a súa pouca vistosidade e ás veces os chans cubertos de follas que lle proporcionan unha camuflaxe perfecta, ainda que é común, se se dan as condicións, case que todo o ano. Seguro que vos sorprenden algunhas das habilidades deste cogomelo. ¿Botamos un ollo? Pois xa sabes como vai esto, fai click abaixo en Ler máis...


DESCRIPCIÓN

Corpo frutífero: 3-8 cm de ancho cando está aberto. Ao principio desenvólvese baixo a terra e ten forma globosa e comprimida polos polos. Está provisto dunha cuberta externa, exoperidio, de cor parda e formada por dúas capas, a exterior correúda e seca (e forma os característicos brazos de estrela ó abrirse e rasgarse) e a interior máis grosa e carnosa. Na madurez sae á superficie e ábrese en forma de estrela de 6 a 10 brazos, deixando ó descuberto a capa interna. O endoperidio, 2-3 cm de diámetro, é de cor abrancazada ó principio e logro gris parda, no seu interior atópase a gleba. Non ten pé.

Gleba: Recordemos que a gleba é o tecido fértil, a masa de esporas, nos gasteromicetos e ascomicetos hipoxeos (que se desenvolven baixo terra). De cor branca de novo e ao madurar vólvese moura e pulverulenta. Ao menor contacto, as esporas saen a través dun burato apical. É unha especie moi higroscópica, en tempo húmido os brazos da estrela cúrvanse cara abaixo e en tempo seco repréganse sobre o endoperidio e endurecen volvendo a unha forma parecida á inmatura. Desta maneira a apertura dos seus brazos é un bo indicativo da cantidade de humidade no ambiente, de ahí lle ven o nome que lledan de estrela barómetro. De feito se atopades un exemplar repregado en tempo seco, podedes facer na casa a proba e botarlle algo de auga, para ver como en poucos minutos se abre lentamente como unha flor.

Hábitat: En solos areosos e zonas iluminadas de bosques mixtos, moi pegado á terra. Todo o ano, con preferencia polo outono e primavera. Moi común.

Observacións: O xénero Astraeus estaba composto por tan só dúas especies ata fai poucos anos: Astraeus hygrometricus e Astraeus pteridis. No ano 2000 o estudio microscópico e xenético de varios exemplares asiáticos que se creían exemplares de hygrometricus arroxaron á luz diferencias que fixeron aparecer finalmente catro novas especies dentro do xénero: A. asiaticus, A. odoratus, A. koreanus e A. thailandicus.

As confusión máis probables, se temos en conta que non atoparemos por aquí moi probablemente ningunha das oitras compañeiras de xénero, se da con algúns exemplares do xénero Geastrum, que teñen una morfoloxía xeral máis ou menos parecida (unha esfera poratadora de esporas sobre o soporte de varios brazos) pero claramente diferentes. Nos geastrum a zona da apertura por donde salen as esporas ten forma cónica, coma nun volcán, mentres que A. hygrometricus ten o orificio a rentes da superficie do endoperidio.

En canto á comestibilidade, se ben en occidente no se considera comestible (só fai falta botarlle un ollo para darse conta de que debe ser coma comer coiro de bota vella), si que se pode atopar en mercados do sudeste asiático, ainda que as referencias á súa comestibilidade son anteriores ó descobremento das novas especies, polo que non podemos estar seguros de que o cogomelo consumido por aqueles barrios sexa realmente Astraeus hygrometricus.

Pero é que por se fora pouco, A. hygrometricus posúe ademáis interesantes propiedades mediciñáis todavía en investigación: unha mezcla proteica extraida deste fungo amosou interesantes efectos á hora de inhibir o crecemento de células tumorais, e en ensaios con ratos, provocou a estimulación do sistema inmune e o crecemento das células da médula. Ademáis, este fungo xogou dende sempre un importante papel na mediciña oriental tradicional no sureste asiático: na india, se utiliza o pó esporal misturado con aceite de semente de mostaza como ungüento para tratar queimaduras; en China, esa misma masa eporal se aplica ás feridas sangrantes para que actúe axudando a deter a hemorraxia, ou mesmo para aliviar os sabañóns. ¡E aquí andamos a patadas con ela!

Bueno, como vedes a veces un cogomelo de aspecto insignificante está cheo de sorpresas e curiosidades, dende Refugando, coma sempre, procuramos encontralas para vos.

Un saúdo, boa primavera a todos e fructíferas recolleitas (sen abusar, no me sexades mandriles!).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails