¡¡O novo Tarrelos de 2010 xa está na rúa!!

Con esta fermosa imaxe de Hygrocybe calyptriformis (J.M Castro Marcote) nos saúda este ano o número 12 da revista da Federación Galega de Micoloxía, Tarrelos.

Esta indispensable revista micolóxica nos trae cada ano as novidades dentro deste extensísimo campo na nosa comunidade, e toca paus tan diversos como a taxonomía, a etnomicoloxía, artigos sobre diversas prantas e árbores, curiosidades, cociña... 75 páxinas de interesantísima información de actualidade micolóxica para calquer afeccionado ós cogomelos.

¿Qué nos trae este ano?

Pois este ano temos un contido moi variado e interesante, e que inclúe unha descripción dunha nova especie para a ciencia aquí en Galicia (da que falaremos pronto, como non), Entoloma capeladense. Aquí vos deixamos o índice de artigos para que vos fagades unha idea de como está o patio:

  • Helvella juniperi, una seta frecuente en nuestros arenales.
  • Algunas especie catalogadas del género Lactarius Fr. en Galicia (II Parte).
  • Outra especie de clima mediterráneo da recacha de Monforte de Lemos.
  • Agaricales de las dunas de Galicia (II): Campanella caesia Romagn.
  • Leucocortinarius bulbiger (ALb. & Schwein.) Singer: o cortinario branco no concello do Corgo (Lugo).
  • Notas sobre el género Entoloma en Galicia (III): Entoloma capeladense, una nueva especie del subgénero Leptonia.
  • Amanitas comestibles.
  • Notas sobre amanitaceae en el noroeste de la Península Ibérica: Amanita pantherina f. albida R. Schulz y Limacella illinita (L.: Fr.) Murril var. illinita.
  • Quercus robur L.
  • As Margaridas ou Margarides.
  • Folclore e usos dos Gasteromycetes.
  • La Biodiversidad amenazada.
  • Vestimenta y calzado para la prácyica de la micoclogía.
  • El género Cantharellus en micogastronomía.
Como vedes artigos para tódolos gustos. Os textos como podedes ver están en castelán e galego. Se estades interesados nun exemplar, a revista sae en 3 €, un regaliño nos tempos que corren. Podedes encargar o voso antes que se agote na nosa dirección de contacto, refungando@gmail.com. ¿A qué esperades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails