Probablemente dos achados máis interesantes por parte de Refungando este pasado outono, fose este cogomelo que estades a contemplar. Foi o noso socio Fernando Quintela quen atopou este exemplar preto de Sigüeiro, e a quen debemos esta instantánea.
O fermoso colorido deste cogomelo chamou a súa atención, pero non lle dou máis importancia e despois de fotografialo deixou estar a cousa, ata que semanas despois, nunha das saídas organizadas pola asociación, nos amosou a imaxe deste fermoso boletus.
A conto é que logo de bucear un pouco na bibliografía, non había moitos cogomelos que se axustaran á descripción macroscópica; de feito, a ausencia de retículo no pé apuntaba a un só cogomelo moi raro e pouco frecuente: Boletus junquilleus.
Decidimos pois consultar a Jaime Blanco e enviarlle as imaxes. Efectivamente, parecía Boletus junquilleus. Aínda máis, foi así como nos enteramos de que tan só existe unha cita para Galicia deste fungo, precisamente da man de Jaime. O caso é que sen material que estudar, tan só con unha fotografía na man, é canto menos aventurado facer unha identificación, así que o deixaremos provisionalmente no limbo dos CSI (Cogomelos Sen Identificar). Por suposto, estaremos atentos este ano por se volve a aparecer e xa veremos que ocorre. Mentres tanto, vos deixamos con esta preciosa rareza.
¿Qué vos parece? ¿Apostamos por Boletus junquilleus?
¿Boletus junquilleus?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Interesantisimo!!
ResponderEliminarMe gustaria hacer una apuesta firme! pero mis conocimientos de momento no son suficientes.
Esteban
Non podes subir máis fotografías?
ResponderEliminarRealmente só con esa é difícil aventurarse.
Bicos
Pois podería, unha máis de feito; pero o caso é que non aporta nada ó que nos ocupa, é a misma foto algo máis desencadrada e desenfocada. Non hai máis. Isto é o que hai por agora.
ResponderEliminar¿Tes algún candidato en mente, aparte de junquilleus?
Un biquiño.
P.D.: Estas sendeiriñas, que non dan saído, estanme a fastidiar o redondo, caji naaaaa...
Es un Boletus fácil de encontrar por Valdeorras.
ResponderEliminarhttp://hongosgalicianportugal.blogspot.com/2009/09/un-dia-cualquiera-de-recorrido_08.html
Hola Cristovo, xa vexo, xa. Fermosos exemplares, pardiez! Imos ter que darlle unha visitiña a tua zona! ¿Que opinas enton do boletus da nosa imaxe? ¿Un junquilleus novo?
ResponderEliminar