Xa sei, xa sei que este ano vos tivemos moi abandoados neste monte virtual do internet. Pero só foi un momentiño. Que vos vou contar... cousas da vida, que é unha cachonda. Pero iso xa pasou, as chuvias xa chegaron para saudar o outono e, ó igual cos cogomelos, nesta época tamén nos rexurdimos con forza.
E con novos folgos volvemos xa este luns día 1 de outubro cunha nova edición dos Luns Micolóxicos e que nos levará a estar á vosa disposición durante tódolos luns de outubro e novembro para axudarvos nas vosas identificacións e tratar de solventar as vosas dúbidas sobre o Reino Fungi. Cada luns, ata o día 26 de novembro, nos achegaremos a partir das 20:30 ata as 22:00 polo Bar Plaza (na parte de arriba) en Ribeira, e que convertiremos na nosa base de operacións micolóxicas para tentar achegarvos un poco máis ó fascinante e delicioso mundo dos cogomelos, aconsellándovos sobre especies a evitar, manuales de campo a empregar, caracteres dos cogomelos que nos van a xudar nas identificacións, etc...
A continuación vos deixamos uns consellos para facernos as cousas máis sinxelas a todos se vos animades a facernos unha visita e tentade lembralos, porque é realmente difícil identificar algúns cogomelos cando veñen practicamente sen pé, resecos ou medio podres. En fin, que ahí vai...
Algúns consellos para os que vos acheguedes:
- IMPORTANTE (Que o ano pasado non nos fixéstedes caso; nin o anterior!): Os exemplares que nos traiades procurade arrancalos con coidado e traer o cogomelo enteiro, que non se perda a base do pé ou unha posible volva ou anel. Pode haber moita información, segundo o cogomelo, na base do seu pé (forma, coloración, presencia ou non de rizomorfos...).
- Traede sempre que poidades, un exemplar novo e oitro maduro (non podre e cheo de vermes) da especie a identificar, procurando que estén no millor estado posible.
- Non nos traiades os cogomelos nunha bolsa, como xa comentamos moitas veces, o plástico acelera a fermentación e descomposición dos cogomelos. Que chegan feitos un cristo, vamos.
- Conservalos no frigorífico ata que vos acheguedes xunto a nós, non ó aire, pois secan e algúns apodrecen moi rapidamente e poden cambiar a súa cor e morfoloxía bastante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario