En Novembro seguen as Xornadas e Charlas Micolóxicas

Mañá sábado 10 de Novembro no Centro de Interpretación do Castro de Baroña os de Refungando nos vamos de troula micolóxica xunta os veciños de Porto do Son para dar unha charla sobre a Identificación de Cogomelos as 10:00 con posterior saída ós montes da bisbarra para poñer en práctica o aprendido. Se vos pasades, refungamos xuntos.
Este sábado tamén hay movida micolóxica en Salceda de Caselas con Óscar Requejo á batuta, quen nos deleitará cunha charla centrada nun aspecto pouco comentado da bioloxía dos fundos: a súa casa. "Os fungos e os seus ecosistemas" se celebrará no Centro Cultural San Xurxo a partir das 19:00.
Así mesmo poderedes disfrutar da exposición de cogomelos que terá lugar no mesmo sitio. Xa estades arreando para Salceda os que a teñades a man.
E en Orazo tamén lles ferven as lamelas. Ata o 8 de Decembro actividades micolóxicas de todo tipo se espallan nestes meses. Aínda que xa pasaron un par de días, estades a tempo de desfrutar dos manxares que o monte pon aá nosa disposición nunhas xornadas eminentemente adicadas á micogastronomía e onde non faltarán degustacións de cogomelos a eito. Para assaídas é necesario confirmar a asistencia mínimo con dous días de antelación chamando ó 665840364 ou ó 616534077.

A disfrutar compañeiros, que todavía queda moita tempada!!

2 comentarios:

  1. Tenías que haberlo puesto antes!!Que le va a pillar justo a la gente!!
    Un Saludiño

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias pola difusión rapaces!

    Escoitar e ver a charla de Óscar non ten precio, para todo o demáis sobre fungos: tarrelos e refungando.

    Esperámosvos en Salceda!!
    http://maps.google.com/maps/ms?msid=218406005258098267881.0004b2fb93d25024aaba8&msa=0

    Unha aperta,
    AVSX

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails