Mostrando entradas con la etiqueta Cordyceps. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cordyceps. Mostrar todas las entradas

Catro novas especies de Ophiocordyceps saen á luz dende a Amazonia brasileira

Fonte: National Geographic
Fotografía:
Ophiocordyceps camponoti-balzani, David Hughes


Desta vez o esceario foi o bosque tropical atlántico amazónico, na rexión sureste (Zona da Mata) do estado de Minas Gerais, Brasil. O grupo liderado polo entomólogo David Hughes, da Universidade de Penn State, no seu estudio do complexo de especies asociadas a Ophiocordyceps unilateralis s.l. (anteriormente, Cordyceps unilateralis) foi quen de describir catro novas especies deste xénero nun artigo publicado este pasado 2 de Marzo de 2011 na revista PloS ONE (click para ler o artigo orixinal, con máis imaxes e microscopía de cada unha das novas especies).

Lembremos que este grupo de fungos, Cordyceps e Ophiocordyceps, son parásitos específicos de distintas especies de insectos e incluso doitros cogomelos (coma Cordyceps capitata, que parasita a Elaphomyces granulaus). Como xa vimos hai tempo nun video, algúns destes fungos teñen a habilidade de modificar o comportamento da súa víctima (como os protagonistas de hoxe), transformándoa nun zombie sen vontade, impulsada polo propio fungo instalado no seu cerebro a trepar máis e máis alto, para finalmente aferrarse cas mandíbulas a calquera folla ou pequena rama para morrer nuha posición elevada que permita unha maior dispersión das esporas do fungo cando o corpo frutífero deste se desenrole. Toda unha mostra de adaptación evolutiva do máis incrible.

Estes novos fungos son, coma Ophiocordyceps unilateralis, parásitos de formigas da tribu Camponoti, e foron nomeados segundo a especie en concreto á que atacan. Desta forma, o fungo que parasita á formiga da imaxe, unha Camponoti Balzani, foi bautizado coma Ophiocordyceps camponoti-balzani; igualmente ocorre con Ophiocordyceps camponoti-rufipedis, Ophiocordyceps camponoti-melanotici e Ophiocordyceps camponoti-novogradensis.

No artigo de National Geographic, tedes unha completa galería de imaxes de todas estas especies, algunhas realmente fermosas á vez que inquedantes; estes fungos son auténticos artístas na preparación de cadáveres. ¡Non volas perdades! Ler máis...

Seis maneiras nas cales os fungos poden salvar ó mundo

Si, sei que o título pode parecer un pouco pretencioso, pero é o protagonista deste interesantísimo video, o famoso micólogo estadounidense Paul Stamets, quen sostén que esto é posible. Difícil, si, pero posible.

Nesta conferencia, Stamets nos introduce no mundo dos fungos e o seu papel na natureza, de forma moi amena e bastante desprovista de tecnicismos científicos, para logo pasar a enumerar e explicar cada unha das seis aplicacións fúnxicas que este micólogo atopa tan interesantes. Recoméndovos escoitar a este home, que non ten desperdicio, ó igual, parece ser, que as infinitas aplicacións dos fungos.

Antes de ver o video, teño que comentarvos que este reproductor online é algo diferente a Youtube, porque trae subtítulos para activar en diferentes idiomas. Para ver o video subtitulado, pinchade na parte inferior do reproductos donde pon View subtitles en vermello e seleccionade "Spanish" na pestaña que vos aparece. E et voilà, a disfrutar das cousas que nos vai a contar Mr. Stamets, que non son poucas nin vos deixarán indiferentes. A ver que vos parece, non deixedes de comentarnos as vosas impresións!

Ler máis...

Cordyceps militaris... ¡O terror das eirugas!

Confeso que teño debilidade polo fungo que hoxe traemos con nós. Cordyceps militaris no só produce fermosos cogomelos como podedes ver, senón que ademáis, como moitos irmáns de xenero, é un implacable asasino selectivo. Pero vaiamos por partes, que diría Jack o Destripador.
Para os que non coñezades nada do xénero Cordyceps, vos recomendo o video que colgamos nesta páxina hai un tempo e que podedes ver pinchando AQUÍ. Os demáis, xa deberiades saber como as gastan estes fillos da gran hifa.

O xénero Cordyceps engloba preto de 400 fungos parásitos maiormente de insectos (son, polo tanto, entomopatóxenos), ainda que tamén poden parasitar en moita menor medida oitros fungos.

A historia comeza cando as esporas destes ascomicetos suspendidas no aire entran en contacto e infectan o anfitrión (soen ser moi selectivos, cada especie de Cordyceps se especializa nunha especie determinada de insecto/fungo); máis tarde, nas condicións adecuadas, comezan a desenvolverse as hifas e a medrar o micelio que acaba alimentándose do corpo do desafortunado insecto, chuchándoo dende dentro e deixando tan só unha cáscara valeira da que brotan con fantasmais formas as incribles e variadas fructificacións destes fungos.
Así que... ¿qué hai baixo ese estrano cogomelo alaranxado que medra acochado entre os picaños dos piñeiros? Pois unha eiruga, ni máis nin menos; en concreto unha eiruga da "procesionaria dos piñeiros" (Thaumetopoea pityocampa), esa interminable praga dos nosos montes. Aínda millor dito: o que hay baixo terra é a crisálida da bolboreta; a eiruga xa levaba as esporas do fungo asasino pegadas ás velosidades do seu corpo cando se soterrou para mudar sen saber que xa estaba condeada.
Nota: Cabe lembrar que, falando das velosidades desta eiruga, estas producen fortes reacción alérxicas nas persoas e nos animais (nos cans sobre todo, pola súa afeción a cheirar e morder cousas). Incluso os urticantes peliños de exemplares mortos no chan, ou levandos polo aire, nos poden afectar e provocarnos unha mala pasada. Todo isto aparte do dano que fan ós piñeiros, xa que se alimentas dos picaños durante todo o inverno felices nos seus niños de seda, ata que chegando a primavera baixan dos piñeiros para soterrarse e mudar en bolboreta para o verán.
Cordyceps militaris nos proporciona unha poderosa arma natural para acabar con esta praga. De feito xa é empleado desta forma, limitado o seu uso pola dificultade de obter o fungo. Imos xa botar un ollo á descripción detaiada dun fungo cheo de sorpresas. Pincha abaixo en leer máis para adentrarte no mundo deste compañeiro fatal da procesionaria!!


DESCRIPCIÓN

Corpo fructífero: 1-4 cm de alto por 4-5 mm de espesor (fixádevos que é realmente pequeno!). Formado por unh cabeza fértil en forma de estaca esmagada e un pé estéril. Cabeza de cor vermella alaranxada viva que cando madura está cuberta de grosas granulacións debido ós ostiolos prominentes (os furados polos que asoman esas granulacións son os ostiolos; as granulacións que asoman máis escuras e de forma ovoide, aínda que só vemos a parte que asoma, son os peritecios, que conteñen as ascas onde se formarán as esporas) . Pé ben delimitado, cilíndrico, con finas verrugas de cor amarela laranxa, máis pálido que a cabeza.

Carne: De consistencia fráxil. Sen olor nin sabor apreciables.

Hábitat: É unha especie parasita de crisálidas de bolboretas, sobre todo da "procesionaria do piñeiro", polo que acostuma a atoparse en piñeirais. Inverno e primavera. Difícil de ver polo seu tamano, raro en Galicia pero bastante sinxelo de atopar pola nosa zona se nos fixamos un pouco. Abundante por fortuna na zona do Vilar. Na imaxe da esquerda podedes ver o máis parecido a un "corte transversal" que puidemos conseguir. Como podedes ver, a pupa da eiruga está xusto baixo a capa de terra e o pé está na súa maior parte baixo ela. Na seguinte imaxe podedes ver varias crisálidas desenterradas e apreciar millor a lonxitude das fructificacións de Cordyceps militaris.

Observacións: O nome do xénero, "Cordyceps" significa en latín cabeza de bastón e o de "militaris", referencia atopada nunha páxina que xa nin recordo, parece que ten que ver co parecido das súas frutificacións de cor laranxa vivo cos adornos dos uniformes de gala dos militares; en fin, o conto está ben ainda que on sexa certo.

Falando de posibles confusións, non deberían existir debido ó seu hábitat particular e cor. Cando parasita eirugas, pode confundirse con Cordyceps gracilis, de cabeza máis redondeada e cor parda amarelada. Ás veces aparece sobre crisálidas de bolboretas unha forma conidióxena (asexual) e abrancazada (Isaria farinosa) semellante a unha ramaria e que algúns autores asocian con Cordyceps militaris.


Como todo ser vivo na natureza, os fungos deste xénero cumpren unha labor e ocupan un posto no plan universal da natureza, neste caso, e como puidestedes observar tamén no video, o control poboacional. Se algúnha poboación das especies afectadas por este fungo experimentara pola causa que fora (medio ambiental, exceso de alimento, desaparición de depredadores naturais,...) un rápido crecemento no tempo, o fungo competente se encargaría inmediatamente de volver equilibrar a balanza, xa que cantos máis especímenes infectados anden pululando pola fraga, maior será a dispersión das esporas/infección e máis sufrirá esa poboación os seus efectos.

Existen tamén aplicacións médicas deste xénero de fungos, capaces de producir biomoléculas de intersantísimas propiedades biolóxicas. A sustancia chamada cordicepina, extraida de varias especies do xénero, entre elas Cordyceps militaris, era coñecida xa dende os anos 50 pero que agora se está a poñer de moda como prometedor fármaco na loita contra o cancro pola súa habilidade en baixas dosis para impedir a replicación das células canceríxenas e, en altas dosis, para impedir a súa asociación. Os resultados deste estudio sairon á luz a finais do ano 2009 da man dun grupo de investigadores da Universidade de Nottingham.

Por último, como curiosidade, deixarémosvos por aquí un enlace a unha páxina web con varias fotografías de distintas especies de Cordyceps, para que vos fagades unha idea da variabilidade e riqueza de formas e cores destes implacables controladores de pragas:

http://www.utexas.edu/courses/zoo384l/sirena/species/fungi/

Esperamos que vos gustara este artigo, podedes estar seguros que non vai ser a última vez que oiades falar por aquí dos Cordyceps e as súas peculiaridades.

Un saúdo a todos, e non vos olvidedes de refungar tódolos días polo menos media hora, que aumenta a espectativa de vida nun tropecentos por cen!
Ler máis...

Cordyceps: Asasino de Ciencia Ficción

Ides a ver un video realmente sorprendente. O vídeo en cuestión é un fragmento da serie de documentais da BBC "Planeta Terra", en concreto do capítulo adicado ás xunglas. Desta vez, en lugar de soltarvos o rollo macabeo de costume, deixaremos que o Félix Rodríguez de la Fuente inglés, Mr. David Attenborough, nos guíe, e presente él mesmo este curioso xénero de fungos. Debaixo do video tedes os "subtítulos" do vídeo.

Disfrutádeo e comentade que vos parece!



"Incriblemente, o 80% dos insectos viven nas xunglas. Poucos en tan gran número como as formigas. Pode haber 8 millóns delas nunha simple hectárea. Pero non a todas as formigas lles vai tan ben.
Estas "tucandeiras" (Paraponera Clavata Fabricius) presentan preocupantes síntomas. As esporas dun fungo parásito chamado Cordyceps penetraron nos seus corpos e mentes.
O seu infectado cerebro dirixe a esta formiga cara arriba e, logo, visiblemente desorientada, permanece agarrada coas súas mandíbulas a un talo.
Aqueles afectados descubertos polas "obreiras" son rápidamente alonxados e expulsados lonxe da colonia.
Parece extremo, pero esta é a razón: como extraido da ciencia ficción, o corpo fructífero do cordyceps irrumpe da cabeza da formiga.
Pode levarlle tres semanas crecer, e cando remata as mortais esporas sairán despedidas dende o extremo, entón, tódalas formigas nas proximidades están en serio risco de morte.
O fungo é tan virulento que pode acabar con toda unha colonia de formigas.
E non son sólo formigas as que caen víctimas deste asasino. Hai literalmente miles de tipos de fungos Cordyceps e, de feito, cada un deles se especializa nunha especie en concreto.
Pero estos ataques teñen un efecto positivo na diversidade da xungla, xa que parásitos coma este, impiden que un grupo de animales adquira preponderancia. Canto máis numerosa é unha especie, máis probabilidades ten de ser atacada por esta némesis, o fungo Cordyceps." Ler máis...
Related Posts with Thumbnails