Mostrando entradas con la etiqueta publicación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicación. Mostrar todas las entradas

Despois dunha longa, longa espera... ¡Xa está aquí a reedición de Cogomelos de Galicia!

Máis tarde do que ós autores e moitos de vos quixerades, se reedita ó fin este imprescindible manual para calquer afeccionado ós cogomelos que se mova polas terras do noroeste peninsular. Se me deran estes dous últimos anos un céntimo por cada vez que me preguntaron polo "Cogomelos", de seguro tiña pillado chalé en San Xenxo. Pero a espera rematou (moi ben) e eu sigo sen chalé (moi mal).

500 cogomelos perfectamente descritos e fotografiados a toda cor. Pouco máis podemos dicir sobre esta obra que non comentaramos antes (facer click aquí para ver), excepto que desta vez a edición ven en castelán e o título se cambiou por "Setas de Galicia y del Noroeste Peninsular".

Lembrade que tamén existe unha continuación a este libro (ver aquí), "500 setas del Litoral Atlántico y Noroeste Peninsular" que nos achega a 500 novas especies, co que con estes dous manuáis entre mans temos cogomelos para entreternos e identificar para unha boa tempada. Non son todos os que están ni están todos os que hai, nin moito menos, pero son unha boa man chea de cogomelos para coñecer a fondo e ter unha base sólida documental para as nosas identificacións.

Esta nova edición xa a podedes atopar nas librerías ó prezo de 35 €; si, xa sei que os 18 € que custaba antes eran unha delicia para o peto, pero tede en conta que a anterior edición estaba subvencionada pola Xunta de Galicia, e desta vez os recortes eses tan famosos tamén chegan á literatura micolóxica. En todo caso un moi bo prezo se consideramos a máis de 600 fotografías a toda cor que acompañan ós textos. Eche o que hai amigos.

Avisados estades: xa estades a tardar, ¡logo non choredes cando se esgote esta nova edición!
Ler máis...

¿Non notas o arrecendo? ¡O novo Tarrelos xa está na rúa!

Portada Tarrelos Nº 13 (2011). Fotografía
de Julián Alonso, da Asociación Micolóxica Lucus
Un ano máis, o froito do traballo de micólogos de tódolos cornechos de Galicia da o seu froito na forma deste novo exemplar da revista da Federación Galega de Micoloxía, este valiosísimo documento micolóxico que é o Tarrelos.

Neste número 13 de 2011 da revista, continuamos ca terceira parte da serie de artigos Cantharallaceae no Noroeste da Península Ibérica, cuias anteriores entregas apareceron nos últimos números; aparece tamén a primeira cita para Galicia dun raro cogomelo hipoxeo: Gautieria trabutii (Chatin) Pat.; repasaremos a flora vascular do Parque Nacional das Illas Atánticas; asistiremos á crónica dunha intoxicación con final feliz (de milagre) e poderemos disfrutar dunhas cantas reflexións ó arredor da sobrosísima trufa branca de Serra Nevada. Sen olvidarnos, por suposto, das delicias culinarias na forma de artigo dedicado exclusivamente ó xénero amanita na cociña. Todo isto, e moito máis, neste novo número de Tarrelos que non te podes perder.

Índice
Premendo na imaxe da esquerda tedes o índice deste número detallado. Botade unn ollo e descubriredes todo o que vos espera nesta entrega.

 ¿A qué esperas para facerte co teu exemplar? Ó ridículo prezo de 3 €, cos que apenas te tomas dúas cañas e deixas algo de propina, podes conseguir este pequeno tesouro para engrosar a túa biblioteca micolóxica. Arreando que é xerundio. Escríbenos a refungando@gmail.com para encargar o teu exemplar (hai que apoquinar gastos de envío, of course) e faite un home de cogomelos en peito.
Ler máis...

Xa nas librerías "500 setas del litoral atlántico y Noroeste Peninsular": O sucesor de "Cogomelos de Galicia"

Fotografía da portada: Coprinopsis erythrocephala (JMC Marcote)

Cando J.M. Castro Marcote me contaba hai uns meses que unha segunda parte do coñecidísimo manual micolóxico "Cogomelos de Galicia" se estaba a cociñar, me metía un bicho no corpo que non parou de roer ata que tiven o novo traballo dos rapaces de Cee nas mans.

Se algo lle podiamos pedir ó primeiro "Cogomelos de Galicia", por aquilo de que por pedir que non quede, eran máis cogomelos. Máis, máis raros e, se podía ser, con algun apoio de fotografía microscópica para axudar nas identificacións. Dito e feito, eiquí o temos fresquiño.

O novo manual, que os máis observadores haberedes notado non leva o orixinal nome de "Cogomelos de Galicia 2", senon "500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular" (dos autores J.M. Castro Marcote, M. Pose e J.M. Traba) nos ofrece o anteriormente comentado e máis. Ás novas 500 fichas de cogomelos, acompañadas das mesmas fantásticas fotografías que o seu predecesor, hai que sumarlle unha ampla e interesantísima introducción (no "lugar" da parte adicada á macroscopía do primeiro libro) na que Xosé María Costa Lago nos leva da man nun percorrido etnomicolóxico a través da historia, usos e abusos dos cogomelos ata os nosos días. Para que vos fagades unha idea do completo do aporte, ahí vai un listado dos contidos etnomicolóxicos do novo manual micolóxico:
  • Usos alimentarios (dos cogomelos, se entende)
  • Usos medicinales
  • Usos rituales
  • Utilidades de los poliporos
  • Utilidades de los gasteromycetes
¿Parece completiño? É completiño. Gran aporte o do amigo Costa o aperitivo etnomicolóxico ó que ven logo.

¿E de cogomelos como anda? Pois como ben di o título do libro, temos entre mans 500 cogomelos máis que están ben, moi ben, fotografiados e descritos, algúns deles con apuntes de microscopía na forma de fotografías das esporas ou das estructuras microscópicas máis relevantes para a súa identificación. Se inclúen ademáis moitas especies representativas do ecosistema dunar galego, xunto con oitras especies da nosa comunidade veciña, Asturias (hmm, fabaaaadaaaa...), características de bosques alí máis representados que na nosa comunidade coma son os faiais. Especial mención ós ascomicetos, cunha nutrida representación neste manual que farán as delicias dos amantes dalgúns dos cogomelos máis extravagantes, coma eu mesmo.

Por certo, o novo manual sae en castelán, ainda que hai plans para que en breve tamén o faga en galego. Para a reedición do primeiro "Cogomelos de Galicia", que se cotiza como ouro en pano, haberá que esperar ó ano que ven.

En resumo, imprescindible. Xunto con primeiro volume, temos 1000 cogomelos perfectamente fotografiados e descritos para axudarnos nas nosas identificacións. Xa estades a tardar para ter esta pequena xoia entre as mans, o cal é valido tanto para os que vivimos en Galicia, como para os que estades fora.

Noraboa ós autores polo gran traballo, ¡e que sexan moitos máis! Ler máis...

Guía de setas de Burela e a Mariña

Pouco a pouco a bibliografía galega no terreo micolóxico vai facendo cada vez máis bulto nas nosas estanterías. Libros que na súa maioría, aínda sen ser recopilacións exahustivas da riqueza micolóxica dunha zona, se converten en fantásticas mostras da mesma ó tempo que se amosan como valioso apoio das nosas identificacións a outros manuáis (de feito, este xa nos botou unha man ó pouco de telo nas nosas mans) . Nesta ocasión, a bióloga e micóloga coruñesa e afincada en Burela Mª Cristina García-Echave Puente é a encargada de traernos á casa as marabillas micolóxicas da zona da Mariña luguesa.

Nos atopamos ó pasar as primeiras páxinas cun sinxelo manual ideal para quenes busquen un primeiro libro que non os abrume con grandes páxinas de textos e textos cheos deses palabros "raros" que abundan na micoloxía e que a veces afogan ó neófito. Un bo manual de primeiro contacto. Desta maneira, logo do prólogo de José M. Castro Marcote, a guía repasa ás características e hábitas da zona para introducirnos brevemente na bioloxía dos fungos e finalmente centrarnos nos caracteres macroscópicos e organolépticos básicos antes de entrar xa de cheo nas fichas descriptivas.

A guía nos ofrece ó longo de 142 fichas fantásticas fotografías a media páxina que o afecionado saberá agradecer, xunto con descripcións bastante completas dos cogomelos máis representativos da bisbarra luguesa.

Por último e para rematar a faena, non podían faltar unhas recomendacións culinarias na forma de sinxelas receitas do máis apetecibles: eses berberechos con sendeiriñas á mariñeira dan janas de rebañar co pan a páxina do libro, sen olvidarnos tampouco desas tostas con seta de chopo que xa temos apuntadas tamén na axenda de próximas catas de cociña micolóxica.

Sen dúbida os afecionados da zona xa tedes un bo trampolín para iniciarvos neste apaixoante mundo da man de Mª Cristina, non dubidedes en aproveitalo. Os demáis, xa sabedes, cantos máis abultada sexa a vosa bibliografía micolóxica, máis facil vos será contrastar unha identificación, confirmala, ou simplemente atoparvos con novos cogomelos, xa que debido ó gran número de especies deste reino, nunca teredes nas máns un manual o suficientemente completo. Cantos máis, millor.

¡Noraboa polo traballo, Mª Cristina! Ler máis...

"Los Hongos en Extremadura": libro en PDF para descargar online

Hoxe poñemos á vosa disposición para descargar online este libro editado pola Xunta de Extremadura e a Consellería de Agricultura e Medio Ambiente en formato PDF, Los Hongos de Extremadura. O libro en cuestión está dispoñible para a súa descarga AQUÍ.

Non se trata de un manual de cogomelos ó uso, con macroscopía e fichas e descripcións de diversos cogomelos, se non que o libro trata, a través das súas 279 páxinas, do mundo dos fungos en tódalas súas vertentes, especialmente enfocado na xeografía extremeña.

¿Qué nos podemos atopar entón?

O libro está dividido en distintos capítulos que tratan tódolos paus do tema micolóxico: etnomicoloxía, hábitats, intoxicacións, micorrizas, mixomicetos, gastronomía, fungos hipoxeos, fungos psicoactivos, micosis animáis, etc, etc.

Tódolos teman estan tratados en profundidade, aderezados con boas fotografías, gráficas e debuxos, todo elo como comentamos antes, enfocado á micoloxía extremeña, pero que, pola universalidade de conceptos e datos manexados, non lle fai perder un ápice de interese para amantes da micoloxía doutras partes.

Imprescindible, sobre todo polo seu precio. Ler máis...

Sumérxete da man de Óscar Requejo na riqueza micolóxica do río Caselas

Oscar Requejo Martínez nos achega á nosa casa toda a biodiversidade fúnxica e o suave murmurio do río Caselas nunha nova publicación micolóxica made in Galicia co obxetivo de dar a coñecer e revalorizar a incrible riqueza deste ecosistema. Todo isto condensado nunha guía, a "Guía Micolóxica do río Caselas", que nos invita a percorrer este fermoso paraxe natural a través dun cento de cogomelos que se poden atopar nas beiras deste río e os seus afluentes ó longo do seu cauce dende o seu nacemento no concello de Ponteareas, pasando por Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño ata que finalmente se une ó río Miño no concello de Tui.

Prologado por un dos referentes da micoloxía galega, Marisa Castro, na obra de Requejo tamén aportaron o seu grao de area xente como José Ramón Pato, Antonio Prunell, Pablo Veiga, Julián Alonso ou Jaime Blanco. Todo un luxo de colaboradores.

Nesta guía atoparemos tamén pequenas xoias, raros e curiosos cogomelos como Arrhenia retiruga, Entoloma euchroum (citados polo autor por vez primeira para Galicia) ou Agaricus heinemannianus.

En resumo, unha guía asequible para tódolos niveis, con boas fotografías, interesantes curiosidades dalgúns cogomelos e que nos leva a coñecer unha fermosa paisaxe xunto cos fungos que a habitan, todo elo misturado co mimo e agarimo posto polo autor ó dar a luz esta obra. Un perfecto complemento en torno á riqueza fúnxica dos bosques de ribeira galegos en xeral, e da zona de Salceda de Caselas en particular, para calqueira biblioteca micolóxica.

Vos deixamos antes de partir con algunhas fotografías do lugar, cortesía de Óscar Requejo, para todos vos (os fermosos cogomelos son Leucocoprinus cretaceus) ...

Ler máis...

Ve a luz o novo número da revista Mykes

O número 11 deste boletín anual que publica o Grupo Micolóxico Galego "Luis Freire" xa está á vosa disposición. Estamos a falar duns curtidos veteranos da micoloxía galega, que levan xa moitos anos facendo unha importante labor divulgativa e de investigación no campo da micoloxía e a defensa do medio natural.

Mykes non é unha publicación orientada a principiantes, nin moito menos: estamos ante unha publicación de corte científico na que se publican estudos e traballos do máis alto nivel no plano macromicolóxico. Moi recomendable, imprescindible, para aqueles que sempre necesitan ir "un pouco (ou un moito) máis aló" dos manuais e libros tradicionais.

Desta maneira atoparemos, entre outras cousas, un traballo de Oscar Requejo sobre ascomicetos raros en Galicia, unhas pinceladas sobre o xénero entoloma de Jaime Blanco e A. Castro memtres que Marisa Castro e Xan Bellón nos presentarán novas incorporacións ó catálogo do Parque Natural das Fragas do Eume.

Se estades interesados en adquirilo, so tedes que facer click AQUI onde atoparedes o formulario de suscrición para facervos con él ó prezo de 10€ anuales.

Xa estades tardando.
Ler máis...
Related Posts with Thumbnails