O humor fúnxico de Davila: Xa hai cogomelos


Xa había tempo que non disfrutábamos da visión de Davila do mundo dos cogomelos. Nesta ocasión facendo hincapé neste tremendo arranque de tempada na que cantarelas (Cantharellus cibarius) e boletus (dos catro 5 estrelas: edulis, aereus, pinophilus e, do que máis, reticulatus) encheron os nosos montes como non o facían dende había xa anos. Seguro que moitos de vos sabedes de que vos falo. O título debería ser: "Xa hai unha man chea de cogomelos".

En todo caso, sabedes que nos gusta facer hincpé neste tema, procurade sempre levar para a casa o que vaiades a consumir, non setenta veces máis; que xa empezamos a ver cabesiñas pensantes (non tanto como para reponderse á pregunta ¿por qué coller menos cando podo apañar con todo?) con cestos cheos sen saber moi ben qué facer con eles. Iso si, para fachendear diante dos amigotes, os cestos cheos son o máis do máis. Xa sabedes, ese curioso mecanismo humano que nos leva sempre a ver quen a ten máis grande aplicado ós cogomelos.

Pero este final do verán tamén trouxo outras cousas, non só as primeiras aves de rapiña. Ó amigo Davila saiulle recentemente un bo cogomelo na casa: un miniño. Así que... ¡Noraboa papichulo!

1 comentario:

  1. Tes razón, eu xa collín unhos cantos, pero agora mesmo os meus "montes" precisan un pouco de auga.
    De tódolos xeitos, sigo a cociñar cogomelos, jajaj.
    www.cocinandosetas.com
    Bicos

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails