O monte é de todos... Ou duns máis que de outros.

¡Manda carallo! ¡Ajárrame as gónadas Carmiña que me se caen ó chan! ¿Qué vos parece este incrible letreiro que asemella escrito polo mesmísimo manco de Lepanto?

Tivemos a gran fortuna de atoparnos con esta incrible testemuña gráfica gracias a o blog do amigo Ferrán Arizcun e que foi publicada en El Correo Gallego en novembro de 2010. Tarde, pero chegou ás nosas mans.

Non sabemos onde foi tomada a fotografía, nen se o lugar era un coto de caza ou non. Se o sitio é un coto de caza, nada que obxetar, ata se agradece o aviso (e as faltas de ortografía) e, se a algún de vos se lle ocorre a feliz idea de ir apañar cogomelos nun coto, debería saber que anda xogando con lume. Agora ben, se iso non é un coto de caza...

En fin, que me quento, NO COMMENT. A imaxe xa fala por si soa.

9 comentarios:

  1. Mira que escribir "atención" sin hache :facepalm:

    xDDD

    ResponderEliminar
  2. Peor es escribir "seteros", ñu. Hasta un orangután sabe que la palabra correcta es "zeterhoz".

    ResponderEliminar
  3. Os "teteros" responderemos con isto
    http://1.bp.blogspot.com/_ANXBnEMyDzw/TFJ_MMMY0rI/AAAAAAAAAms/EgDdUXi_kDw/s1600/valla2.jpg

    ResponderEliminar
  4. Ja, ja, ja!!! Fantástico cartel Germán. Magnífico. Ese bota para atrás ó máis farruco. Ja, ja, ja, ja!

    ResponderEliminar
  5. el monte no es de todos el monte tiene dueño, y ls setas son del dueño del monte, no sucede lo mismo con la caza.

    ResponderEliminar
  6. Discrepo, as setas, así coma os animais e plantas que nacen de forma silvestre, están consideradas "res nullius", e dicir, "cosas de nadie", polo tanto, a non ser que o dono do monte teña un coto legalmente declarado de setas, un cultivo das mesmas ou que dito monte sexa unha reserva oficial, dame a min que os cogumelos son do que primeiro os apañe.

    Neste artículo aclara bastantes cousas sobre o tema:
    http://www.consumer.es/seguridad-alimentaria/normativa-legal/2003/10/27/9035.php

    Saúdiños ;)

    ResponderEliminar
  7. @Anónimo:

    Hola. Xa sabía eu que o título traería tema... A ver, claro que a maior parte do monte ten dono, pero o monte de propiedade municipal, por exemplo, é de todos, ou debería. Sen entrar en materia legal como o amigo Germán, a problemática é moito máis sinxela.

    Existen zonas de seguridade descritas na lexislación sobre caza vixente que os cazadores non respetan, así que un os pode encontrar pegando tiros en sitios nos que, pola proximidade de camiños, estradas, casas e fincas, vías de paso frecuentados por xente que simplemente está a pasear, ou pasear co can, ou andar en bici.

    Co risco real que iso supón para as vidas desa xente, claro. Coma exemplos da nosa zona, dous especialmente sangrantes: o monte da Garita, e a zona da pedra das Cabras, de onde hai que sair botando lume se sabes o que te convén.

    O monte terá dono sobre o papel, pero á hora da verdade, os que se apropian del, son os que levan as armas. Os demáis, saimos por patas.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. De nada Ferrán, ¡que menos!

    ¿Como va la cosa por ahí? Aquí en Galicia esto es un desastre...

    Un saludo.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails