E un ano máis o reloxo das estacións se chega o outono. Logo dun ano no que os cantharellus cibarius foron protagonistas indiscutibles por estos lares e dun verán micolóxico bastante millor que o pasado, o outono se presenta incerto con un fin da tempada estival prometedor e un período seco nestes momentos que non favorece nada a tempada. Aínda así, os primeiros boletus xa sairon nos nosos montes, xunto cunha corte de sendeirinhas, as primeiras macrolepiotas, amanita caesarea, cantharellus (que non deixaron de sair en todo o ano dende a primavera), agaricus... Que xa hai un pouco de todo, vamos. Así que, se aínda estás na casa sentado esperando que cheguen días millores máis adiante, espabila. Poida que non chuegen, igual que o ano pasado.
Así pois, dende este luns día 6 de outubro e ata o luns día 24 de novembro (inclusive) estaremos tódolos luns á vosa disposición; nos achegaremos a partir das 20:30 ata as 22:00 polo Bar Plaza (na parte de arriba, non vos despistedes) en Ribeira, que convertiremos na nosa base de operacións micolóxicas para tentar achegarvos un poco máis ó fascinante e delicioso mundo dos cogomelos, aconsellándovos sobre especies a evitar, manuales de campo a empregar, caracteres dos cogomelos que nos van a axudar nas identificacións, etc...
A continuación vos deixamos uns consellos para facernos as cousas máis sinxelas a todos se vos animades a facernos unha visita e tentade lembralos, porque é realmente difícil identificar algúns cogomelos cando veñen practicamente sen pé, resecos ou medio podres... ou podres enteiros. ¡Que sempre vos olvidades!
Algúns consellos para os que vos acheguedes:
- IMPORTANTE (Que o ano pasado non nos fixéstedes caso; nin o anterior; nin o oitro!): Os exemplares que nos traiades procurade arrancalos con coidado e traer o cogomelo enteiro, que non se perda a base do pé ou unha posible volva ou anel. Pode haber moita información, segundo o cogomelo, na base do seu pé (forma, coloración, presencia ou non de rizomorfos...).
- Traede sempre que poidades, un exemplar novo e oitro maduro (non podre e cheo de vermes) da especie a identificar, procurando que estén no millor estado posible.
- Non nos traiades os cogomelos nunha bolsa, como xa comentamos moitas veces, o plástico acelera a fermentación e descomposición dos cogomelos. Que chegan feitos un cristo, vamos.
- Conservalos no frigorífico ata que vos acheguedes xunto a nós, non ó aire, pois secan e algúns apodrecen moi rapidamente e poden cambiar a súa cor e morfoloxía bastante.