Non perdades a ocasión de ter acceso á información, charlas, saídas e exposicións que se van a celebrar dende o 4 ata o 17 de novembro na cidade do Lérez.
As charlas deste ano se celebrarán no Círculo Mercantil e Industrial de Pontevedra, a entrade é libre e as datas e horarios como seguen:
- 4 de Novembro, 20:30: Iniciación á Micoloxía, a cargo de Merche Nodar.
- 5 de Novembro 20:30: Principais cogomelos comestibles e velenosos, a cargo de Jaime Blanco.
- 6 de Novembro, 20:30: A familia Cantharellaceae, a cargo de Jaime Blanco.
- 7 de Novembro 20:30: Uso medicinal dos fungos, a cargo de Floro Andrés Rodríguez.
A esquerda tedes a imaxe co cartel deste ano e no que podedes consultar toda a información restante para asistir ós eventos que gustedes tan so facendo click nela.
Lembrade que, se queredes iniciarvos, aumentar coñecementos ou asentar nocións sobre o complexo munda da micoloxía estas oportunidades son algo que non deberiades deixar pasar. Así que a mover eses cus, que o outono anda lixeiro e na casa pouco se aprende (aínda que se está quentiño).
No hay comentarios:
Publicar un comentario