Sínónimo: Pulcherricum caeruleum
Castelán: corticiáceo azulado
![]() |
Terana caerulea |
Terana coerulea pertence a un grupo de cogomelos que denominamos como corticiáceos, composto por fungos saprófitos que forman costras de diversas cores e texturas no canto dos típicos cogomelos. Persoalmente considero o seu oitro nome moito máis axeitado, a lo menos é moito máis descriptivo: Pulcherricium coeruleum ("o máis fermosos dos azúis"). Como anel ó dedo.
A fotografía, por outra banda, penso que non lle fai xustiza, pero o tamano da pónla impedía partila para tomar millores tomas dende o chan así que tivemos que facer a fotografía a pulso. Unha pena de imaxes... pero non é momento de choros que para iso so hai que prender a televisión; pasemos pois a botar un ollo á descripción para ter perfectamente claro os caracteres definitorios deste fermoso e inusual cogomelo, terciopelo azul das nosas fragas...
DESCRIPCIÓN
Corpo frutífero: Frutificación totalmente resupinada... E imos a pararnos un pouquiño neste palabro micolóxico: dicimos que unn cogomelo é resupinado cando nos amosa á vista a cara correspondente ó himenio, a superficia na que se producen as esporas, mentres que a cara contraria (o que sería nun cogomelo típico a superficie do sombreiro) está pegado ó sustrato sobre o que medra, case sempre madeira.
Comeza sendo unha pequena placa redondeada que ao unirse a outras remata formando cotras alongadas e fortemente fixadas ó substrato, de varios centímetros ou decímetros, coma no noso caso, de longo e 1mm de espesor.
Himenio: Unha fermosura aterciopelada. Recobre todo o corpo frutífero. Liso de novo e abolado ou verrugoso de maduro, mate e vistosamente aveludado. Cor azul mariño ou azul anil intenso, máis escura cara o centro, que palidece ó envellecer. Beira redondeada e ben delimitada, de cor abrancazada cando é nova.
Pé: Non existe.
Carne: Delgada, de consistencia branda e cérea. En estado seco convértese nunha costra dura. Sen olor nin sabor.
Observacións: En contacto con certos compoñentes químicos este cogomelo produce un antibiótico que inhibe o crecemento de Streptococcus pyogenes (responsable entre outras enfermidades, da faringitis).
Terana caerulea é un cogomelo que nos vos vai deixar indiferentes. A pesar de non ser máis que unha codia cubrindo unha póla, a beleza da súa cor e a sua textura aterciopelada fan deste cogomelo un regalo para os ollos. Unha agradable sorpresa para todo afecionado á fotografía micolóxica.
ResponderEliminarشركة تنظيف بتبوك