Cogomelos no teu Xardín

Hoxe queremos compartir con vos unha maneira de achegarse ós cogomelos maís de preto e que segue a filosofía da famosa frase feita de Mahoma e a dichosa montaña. Nos, como afecionados a este mundo, seguimos o principio de ir nós á montaña, pero, ¿e se podemos facer coma o profeta e traer a montaña ata a nós? Pois diso falamos amigos, de cultivar cogomelos, como as Lentinus Edodes (Shii-Take) en pleno apoxeo que podedes ver na imaxe da esquerda nun tronco inoculado.

E dirás, ¡oh, my god! ¿Podo eu facer iso? Yes, you can. Hoxe en día existen varias maneiras de cultivar cogomelos e disfrutar de todo o proceso na túa casa ó tempo que o número de especies dispoñibles cultivables é cada vez maior. Así que...

¿Que especies se poden cultivar?

Un pequeno apunte: hay algunhas especies de cogomelos que manteñen unha relación simbionte con unha especie vexetal en particular, árbores polo xeral, chamada micorriza. Esto supón que ámbolos dous organismos se benefician desta unión intercambiando nutrintes a través das raíces e o micelio, que están interconectados. Esta relación indivisible provoca que para o cultivo destas especies de fungos sexa indispensable a árbore asociada. Pertencen a este grupo os boletales, níscalos, as trufas, etc... Polo tanto non vamos a falar deste tipo de cultivos, senón dos de fungos saprófitos, que se desenvolven sobre materia orgánica en descomposición (madeira, humus...) o que fai máis sinxelo o seu cultivo.
As especies que se poden cultivar hoxe en día son numerosas, deixovos un listado de algunhas das máis interesantes:
  • Agaricus Bisporus (champiñón do supermercado de toda a vida)
  • Agrocybe Aegerita (a seta de chopo)
  • Pleurotus Ostreatus (seta de ostra)
  • Pleurotus Djamor
  • Pleurotus Cornucopiae
  • Pleurotus Eryngii (seta de cardo)
  • Coprinus Comatus
  • Lepista Nuda
  • Lentinus Edodes (Shii-take)
  • Volvariella Volvácea
  • Auricularia Auricula-Judae (Orella de Judas)

Segue lendo o artigo, pincha abaixo!


¿E cómo vai o choio lo?


Ben, existen varios métodos para o cultivo (sacos productores, pellets, micelio en gran...). Aquí imos falar dos pellets, o método que nós utilizamos para o noso primeiro cultivo. Os pellets son pequenas cuñas de madeira xa inoculada co micelio do fungo escollido. No noso caso, Pleurotus Eryngii, unha delicia que non se ve por estos lares, moi aromática, de carne compacta, bo tamano e excelente sabor. Na foto da dereita podedes ver a caixa dos pellets, que podedes atopar a través de internet en varias empresas. Contarémosvos un pouco por riba o proceso para que vos deades conta do fácil que montar a vosa propia plantación (ou funguición, millor dito!)

Na imaxe da esquerda, podedes ver perfectamente o micelio invadindo por completo os pellets como unha nube de algodón de azúcar (como en tódalas imaxes, podedes pinchar para ampliar).

Cos pellets no noso poder xa só nos fai falla a madeira. Nas instruccións que acompañaban ós pellets nos atopamos que nos pode servir madeira de carballo, haya, sauce, chopo ou eucalipto sempre que sexa fresca (debe haber menos dun mes dende que foi cortada). Decantámonos polo chopo. Tamén se nos recomenda un tronco de uns 50 cm X 15-20 cm de diámetro para unha cantidade de pellets como a que temos (20 unidades) ainda que o tronco utilizado supera un "pouco" estas medidas.

Faremos buratos duns 8-9 mm de diámetro e 3,5 xm de profundidade co taladro por toda a superficie co fin de que o fungo se extenda uniformemente polo tocón/tronco. Cuns guantes de látex ou desinfectando previamente as mans con alcohol, intruduciremos os pellets nos buratos, axudándonos dun martelo (tamén desinfectado, hay que ser coidadoso co micelio) e golpeando con coidado para encaixar a cuña e deixala a ras da superficie.

Xa só nos queda deixar o noso "criadeiro" incubando uns seis meses baixo un plástico, procurando que a madeira esté sempre húmida. Despois de ese período no cal o micelio debería haberse estendido pola madeira, enchouparémola ben sumerxíndoa nun bidón de auga e deixaremos logo o madeiro nun lugar sombrío e húmido. A partir de aquí debería producir cada vez que se enchoupase ben e durante un período de 5 a 8 anos, sempre segundo a empresa que comercializa os pellets.

Asi que, xa vos contaremos de aquí alá, agora só nos queda esperar e botar un ollo de cando en cando ó noso "amigo", procurando sobre todo que no verán que se manteña sempre húmido.

Oitro día prometemos amosarvos os sacos productores!

1 comentario:

  1. "...ainda que o tronco utilizado supera un "pouco" estas medidas."

    A min mo vas contar....

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails