Concurso de Fotografía Micolóxica de A Cantarela

¿Non o cheirades? Está no aire, e os primeiros en decatarse son os fungos, que xa están a encher de variedade e cor os nosos montes. Saben que se achega o outono e, como sempre nestas datas, os cogomelos máis fachendosos se acicalan e preparan. Saben tamén que o concurso de fotografía micolóxica que organizan os amigos de a asociación de ultrarría A Cantarela está á volta da esquina, e todos queren saír ben juapos nas fotos.

Da man do capitán dese barco micolóxico con base en Vilagarcía, Carlos Puga (quen tamén compaxina este agradecido traballo con alegría xunto ca presidencia da Federación Galega de Micoloxía), nos chegan as bases para este recoñecido concurso no que cada ano os millores fotógrafos micolóxicos da comunidade dan o callo con fermosísimas instantáneas como a que podedes ver na imaxe do cartel deste ano na imaxe da esquerda (click para agrandar e disfrutar).

Así que toca buscar no disco duro a vosa millor fotografía ou, no seu defecto, sair ó monte e facela. Ca enorme cantidade de especies distintas que estamos a ver estes días (e máis e máis cada día de chuvia que pasa), seguro que tendes donde escoller modelo. Xa vos avisamos de que o nivel é bastante alto, así que olvidádevos de enviar fotos feitas co iPhone. Non vai coar.

¿Que qué debes facer para participar? Pois leer as bases premendo na imaxe da esquerda, onde ven todo ben explicadiño enviarlles ós amigos de A Cantarela a vosa fotografía no formato axeitado (se vai acompañada dun xamón de pata negra ou bogavante de máis de 5 kg. pode axudar no concurso, aínda que isto non é oficial...).

Lembrade que tedes ata o día 31 de Outubro para enviar as vosas fotografías.

Agora que xa o tedes todo claro, ¡animádevos a participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails