Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas

Fotografías gañadoras do XIII Concurso de Fotografía Enrique Valdés Bermejo

Sen dúbida se hai unha maneira ideal para captar a beleza dos cogomelos, esa é, despois dos propios ollos, a fotografía. Unha forma de reter no tempo a singular fermosura desa escea na que participan por igual a natureza e os cogomelos, ese momento especial nas nosas saídas ó monte que nos fai ficar abraiados.... e moito millor que a propia memoria ou o cesto de vimbio.  Hoxe queremos compartir con vos algúns deses momentos capturados no tempo.

Porque ó fin, o XIII Concurso de Fotografía Micolóxica Enrique Valdés Bermejo, organizado pola Asociación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía, xa  ten gañadores deste ano 2011.  Nesta edición as protagonistas foron un exemplar de Mycena seynesii e a súa compañeira de piso piña, dúas Morchelas esculenta var. vulgaris e unha noviña Amanita Rubescens. Fantásticas as imaxes, non te cansas de miralas. Pero xulgade vos mesmos (podedes facer click nas imaxes para velas a maior tamaño).

And the winner is... :
  • 1º Premio: Joaquín Sánchez Romero
  • 2º Premio: José Angel Mintegui Bilbao
  • 3º Premio: Ángel Paz Miguel
1º Premio
2º Premio
3º Premio






Ler máis...

Concurso de Fotografía Micolóxica de A Cantarela

¿Non o cheirades? Está no aire, e os primeiros en decatarse son os fungos, que xa están a encher de variedade e cor os nosos montes. Saben que se achega o outono e, como sempre nestas datas, os cogomelos máis fachendosos se acicalan e preparan. Saben tamén que o concurso de fotografía micolóxica que organizan os amigos de a asociación de ultrarría A Cantarela está á volta da esquina, e todos queren saír ben juapos nas fotos.

Da man do capitán dese barco micolóxico con base en Vilagarcía, Carlos Puga (quen tamén compaxina este agradecido traballo con alegría xunto ca presidencia da Federación Galega de Micoloxía), nos chegan as bases para este recoñecido concurso no que cada ano os millores fotógrafos micolóxicos da comunidade dan o callo con fermosísimas instantáneas como a que podedes ver na imaxe do cartel deste ano na imaxe da esquerda (click para agrandar e disfrutar).

Así que toca buscar no disco duro a vosa millor fotografía ou, no seu defecto, sair ó monte e facela. Ca enorme cantidade de especies distintas que estamos a ver estes días (e máis e máis cada día de chuvia que pasa), seguro que tendes donde escoller modelo. Xa vos avisamos de que o nivel é bastante alto, así que olvidádevos de enviar fotos feitas co iPhone. Non vai coar.

¿Que qué debes facer para participar? Pois leer as bases premendo na imaxe da esquerda, onde ven todo ben explicadiño enviarlles ós amigos de A Cantarela a vosa fotografía no formato axeitado (se vai acompañada dun xamón de pata negra ou bogavante de máis de 5 kg. pode axudar no concurso, aínda que isto non é oficial...).

Lembrade que tedes ata o día 31 de Outubro para enviar as vosas fotografías.

Agora que xa o tedes todo claro, ¡animádevos a participar! Ler máis...
Related Posts with Thumbnails