O rei mago responsable desta fórmula máxica é Joaquín Millán Miranda (aka Quiquín), autoproclamado Marqués da Barreira, propietario do restaurante O Carreiro (en vías de traslado dende Aguiño a Ribeira) e responsable tamén das máis suculentas e opíparas enchentas micolóxicas que moitos de nós lembramos e protagonizamos no seu local. Ahí o tedes, co seu fillo en brazos para este ano que entra. Do anterior, non sen moito traballo e sudor, demos boa conta entre compañeiros e amigos de Refungando. Que viva o licor de Boletus Edulis.
Así que se vir a Ribeira a catar esta ambrosía non é unha opción para ti, quizáis si o sexa facelo ti mesmo. ¿Que como? Pois a cousa vai tal que así...
Ingredintes para 5L (Tarro Tamano Obelix) de Licor de Boletus:
- 1 L agua
- 1 Kg azúcar
- 4 Kg boletus
- 3 L augardente
-Confitar os boletus enteiros no almíbar (sen tapar). O confitado é unha cocción a baixa temperatura, así que coceremos o boletus no almíbar sen deixar que este ferva durante 30 a 40 minutos.
-Engadimos á augardente 1,5 L aproximadamente do almíbar resultante da cocción dos boletus.
-Deixar repousar un mínimo de 6 meses.
-Beber con moderación. Sen presa pero sen pausa.
Por suposto, lembrade que cando se acabe, que se acabará, o licor, os boletus enchoupados son valiosísimos ingredintes na nosa cociña que nos pode axudar a preparar suculentos pratos. ¡Todo se aproveita!
Xa nos contaredes, ¡saúde! ¡hip!... ¡hip hip!
Si che contara eu o que faría con eses boletus enchoupadiños non vos sacaba do comedor a todos, BICOS meus.
ResponderEliminarNon te preocupes que agora temos a comida da asociación e xa nos contas todo o que gustes... nun prato. Je, je ,je!
ResponderEliminarAtenta ó correo!!