Sinónimo: Gymnopilus spectabilis, Pholiota spectabilis Galego: cogomelo da risa, foliota dos piñeiros
Castelán: hongo de la risa
Sí amigos, hoxe toca descripción. E o cogomelo elixido esta vez e todo un clásico dos montes barbanzanos, abundante, difícil de ignorar, e que precisamente por iso é un fixo nas cestas que seteiros principiantes te traen para identificar.
Todo un fixo cada outono da nosa zona, pola abundancia de piñeirais e eucaliptais que proporcionan cantidade de tocóns dispoñibles para acomodarse.
Difícil de ignorar polo seu gran tamano, as súas vistosas cores vivas, e atendencia que ten a medrar de forma cespitosa, en ramilletes, que o fan visible no monte a gran distancia.
Por todo o anterior, tódolos anos aparecen varias persoas que xa se ven cos numerosos e robustos exemplares na tixola, por eso hoxe imos a coñecer un cogomelo que, a parte de ser moi sinxelo de atopar, é tamén moi sinxelo de identificar. Con un plus. As características tan rechamantes de Gymnopilus junonius (de Gymn espida, e Juno, deusa romana muller de Xúpiter) fan del un modelo micolóxico perfecto para o afecionado á fotografía do Reino Fungi compoñendo fermosísimos cadros de cogomelos.Nos deixamos algo. Unha característica que lle vale o nome inglés de laughin Jim ("Jim o sorinte". Xogo de palabras entre gym de gymnopilus e o nome propio Jim, que se pronuncian igual en inglés) ou o de waitake (en xaponés, fungo da risa). E por se acaso o nome no é suficientemente suxerinte, vos aclaro que si, este cogomelo contén pequenas cantidades de psilocibina entre oitras. Pero non botedes os sombreiros ó aire todavía e soltada a navalla e a cesta. Máis adiante trataremos esta cuestión máis en profundidade. Agora xa sabes o que tes que facer para seguir lendo este artigo ca descripción comentada por Refungando e extraida de "Cogomelos de Galicia": pincha abaixo en ler máis.
DESCRIPCIÓN
Sombreiro:5-15 cm de diámetro. Moi carnoso, primeiro hemisférico, loco convexo e ó final aplanado. Pardo amarelado, amarelo leonado ou alaranxado, sempre con tons vivos. As cores poden variar moito dependendo do enchoupado ou seco que esté o cogomelo como veredes nas imaxes deste artigo: dende un amarelo ocráceo case dourado, ata un laranxa escuro parecido ó dos níscalos. A cutícula seca, non higrófana, cuberta definas escamas ou fibrilas de cor parda alaranxada. Marxe involuta e non estriada.Lamelas: Estreitas, redondeadas, moi apuntadas, adanadas e subdecorrentes por un dente. Amareladas e pardo ferruxentas ao madurar as esporas, como no exemplar da imaxe de abaixo.
Pé: 6-15 x 1,5-3 com. Robusto, cheo, claviforme, a menudo ventrudo e algo atenuado no alto. Concolor ou máis amarelado, sobre todo baixo as lamelas. Superficie fariñenta pruinosa, fibrilosa escamuda no resto, ás veces lisa. Anel alto, concolor e membranoso que a miúdo deixa restos na marxe do sombreiro.Carne: Grosa, firme e amarelada. Olor leñoso non agradable e sabor amargo.
Hábitat: Crece preferentemente en tocos de coníferas ( ainda que por aquí é frecuente velo en tocóns de eucalipto), tamén en planifolios. Na base dos troncos de árbores mortas. Cespitoso. Verán e outono. Frecuente.Observacións: Estamos ante un cogomelo que acada grandes dimensións, polo que non debería ser confundido con oitro con facilidade. A súa cor, hábitat e porte robusto fanno sinxelo de recoñecer.
Sobre a cuestión da comestibilidade, aparte efectos alúcinóxenos hai que dicir que a carne é extremadamente amarga, o cal xa de por si xa o deixaría fora da cociña. Logo está a cuestión que xa adiantamos dos efectos psicotrópicos dos que algúns tanto gustan. Gymnopilus junonius contén psilocibina e psilocina, dúas sustancias alucinóxenas que poden provocar síntomas similares a unha borrachera e alteracións da percepción. Pero hai un pero: os exemplares atopados en Asia e na costa este de EEUU, parecen conter máis cantidade de estas sustancias que os atopados en Europa e na costa oeste de EEUU. Algúns autores diferencian a Gymnopilus spectabilis de Gymnopilus junonius como especies separadas; se así fose, esta distinta concentración de psicotrópicos podería estar ligada a distintas especies ou subespecies e non a particularidades dos distintos hábitats. En todo caso, e ante a falla de estudios serios sobre a súa comestibilidade (que descarten efectos adversos no organismo debido a outras sutancias que o cogomelo puidera conter), debemos catalogar este cogomelo coma tóxico e deixalo para as nosas fotos, isto a pesar de que os xaponeses viaxen a bordo deste cogomelo dende antigo.En próximos días iremos vendo máis cogomelos, algún fáciles de recoñecer e ver, coma o protagonista de hoxe, oitros, un pouco máis raros. En todo caso, seguide sintonzando con Refungando para compartir con nós andanzas, curiosidades e a beleza do Reino Fungui.
¿Estades a ser bos no monte? Así me gusta...
Ler máis...




