Time Lapse: Pleurotus Djamor
Ler máis...
Phellinus pini, cancro dos piñeiros

Falábamos ahí atrás dun fungo cuio prato preferido eran os eucaliptos, alabámoslle o gusto, Phellinus torulossus. Nestas liñas imos a coñecer a un familiar próximo (mesmo xénero e familia, a hymenochaetaceae), Phellinus pini, que ten predilección polos piñeiros, especialmente polos máis vellos. A través de feridas na codia da árbore, ou de ramas rotas, as esporas deste fungo infectan con facilidade os desafortunados piñeiros.
Atoparse con él non é difícil se un anda á súa procura, doutra maneira podemos pasar ó seu lado e non darnos nin conta; os seus carpóforos non son moi grandes (coma unha cuarta de man, os maiores), e se confunden bastante ben ca codia dos piñeiros. Só os mais grandes chamarán a nosa atención ó pasar preto, e iso se non medran moi altos. Se os buscamos activamente haberemos estar atentos ó tercio baixo do tronco da árbore, pois é dónde máis comunmente se atopan; a súa forma característica de consola e o contraste da súa figura de perfil contra a superficie lisa do tronco, fainos sinxelos de distinguir, incluso dende lonxe.
Phellinus pini, coma bo parásito, non lle fai ningún favor á árbore anfitriona, cuia madeira descompón dunha peculiar maneira: degrada a lignina (responsable da resistencia mecánica da madeira) e deixa á celulosa case intacta, co cal a productividade madereira se reduce á trituración. Hai que ter en conta que este fungo se desenvolve moi lentamente e, ademáis, necesita formar unha columna de pudrición no tronco importante antes de producir carpóforos, polo que podemos estar ante exemplares en apariencia sans, que están en realidade parasitados.
En resumo: temos un fungo que podemos atopar todo o ano, moi abundante nos piñeirais vellos da costa galega e un modelo para o micólogo metido a fotógrafo casual que nos proporciona fermosas composicións, sobre todo cando o carpóforo está cuberto de liques e musgos... ¿Máis motivos para pasar a coñecer este fungo? Fai click abaixo para ver a descripción completa de Phellinus pini da man de "Cogomelos de Galicia" e Refungando...
DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 5-12 cm de diámetro. Unguliforme (forma de unlla) ou en foma de consola, coa superficie en contacto co tronco moi ensanchada. Cor parda escura ou moura, con sucos concéntricos ben delimitados e moitas veces con gretas ou fisuras radiais (que podedes observar millor na imaxe da dereita). Marxe afeltrada e de cor canela.
Himenio: formado por tubos estratificados e de cor parda clara. Poros redondeados ao principio e máis tarde anchos, angulosos e de cor canela (chegan a ter un aspecto labiríntico). Podedes facer click na imaxe da esquerda e observar en detalle o himenio deste cogomelo xa bastante desenrolado.Pé: non existe, como tamén se pode apreciar na imaxe.
Carne: de consistencia suberosa-leñosa, dura, seca e pesada. Cor parda roña. Sabor e olor inapreciables.
Hábitat: é un cogomelo plurianual que parasita os troncos de vellos piñeiros (non exclusivamente, pois ataca moitos tipos de coníferas), xeralmente maiores de vinte e cinco anos de idade. Na costa galega é frecuente atopalo. Sen ir máis lonxe, se tedes interés en observar estes cogomelos, son moi frecuentes no Parque Natural de Corrubedo, en concreto na zona do Vilar. Se entrades polo acceso do Centro de Interpretación, toda a banda de piñeiros, sobre todo á dereita do acceso, está moi parasitada e non tardaremos en atopar algúns fermosos exemplares.
Observacións: É fácil de identificar polo seu sombreiro zonado, forma de consola é habitat particular, sempre parasitando vellos piñeiros.Normalmente atoparemos un ou dous carpóforos por piñeiro, pero como vedes na imaxe á esquerda, en casos de infección moi estendida, o piñeiro pode estar ben engalanado de cogomelos, ata máis de dez nun só tronco.
A súa selectiva forma de degradar a madeira levou a algúns intentos para aproveitar industrialmente esta habilidade alá por 1978, isto é, se podemos reproducir o comportamento do fungo na madeira, que deixa a celulosa case intacta, poderíamos evitar o contaminante proceso que se utiliza hoxe en día para separar a lignina da celulosa para facer pasta de papel.
Hoxe en día este fungo constitue un serio problema nas plantacións de piñeiros con fins comerciais, porque a parte de pudrir a madeira, este fungo interfire tamén, nos estadios de infección mási virulentos, na producción de piñas, e non existe unha cura unha vez se produce a infección.
Así é amigos, Phellinus pini: fermoso e perigoso, azote dos piñeiros e perenne habitante da costa galega. ¿Ides marchar do monte sen darlle unha visita?
Ler máis...
Garrulismo micolóxico na prensa... e no monte!
Salía hai uns días unha nova no xornal El Correo, e que da pé ó presente escrito: "Un vizcaíno encuentra una seta gigante en la Rioja". Os que somos un pouco, ou un moito, afeccionados a esto dos cogomelos, sabemos que atopar un exemplar do xénero Boletus de dimensións como o da foto non é tan raro ne extraordinario. O que sí é raro é que este exemplar de Boletus pinophilus de 2,5 kilos, ou calqueira oitro que chegue a ese tamano, se encontre en condicións óptimas de consumo. Pero esta non é a cuestión. Ata ahí, como curiosidade para encher o vacío do verán, pouco prolífico en novas, a cousa non anda mal. Fotiño pousando co "trofeo", catro liñas contando a fazaña e arriando os bois que é xerundio.O desagradable da noticia, ven máis adiante, cando o xornalista nos conta como ese mesmo día o noso "amigo" baixou do monte con 26 kg de cogomelos máis no maleteiro do coche, feito que máis adiante califica como un "éxito".
Este feito debería avergoñar ó amigo da foto, o primeiro, e segundo, ó xornalista que lle fai de palmero e loa nun medio público por arramblar con semellante cantidade de cogomelos, polo fraco favor que fai a micófilos que son, e ós que han de vir, debido á imaxe distorsionada do que significa sair ó campo e disfrutar dos fungos, que non ten nada que ver con encher os bolsillos con todo o que poidas e vexas e baixar logo á taberna a contar a túa aventura co peito máis hinchado co cú dun babuino. Isto non é micoloxía, nin micofilia, nin nada de nada.
O do xornalista é desculpable: hoxe en día un xornalista é alguén que escribe de moitas cousas das que non sabe absolutamente nada, e así logo lemos as cousas que lemos. O protagonista do artigo xa é outra cousa, un lle presupón certos coñecementos e, desgraciadamente para todos, non é en absoluto un caso illado.
Insisto, isto ó que asistimos non é micoloxía. Isto é garrulismo, isto son euros, isto é fachenda de todo a cen, isto é, en resumo, un compendio do peor e dos peores que aqueles que de verdade amamos e disfrutamos do Reino Fungui temos que sufrir no monte. O que temos aquí non é máis que oitro exemplo, dos moitos que todos coñecemos, de esquilmador sen escrúpulos, que esta vez chega ós medios entre nubes de confeti. Non hai nada loable, nin digno de admiración, no feito de baixar do monte con 30 kg de cogomelos. Facer isto é algo que esta ó alcance de calquer afeccionado, o realmente admirable é NON facelo. Comportamentos deste tipo non son compatibles con un uso e disfrute SOSTIBLE dun recurso AGOTABLE como son os cogomelos. Xente así a queremos... lonxe dos nosos montes.
A continuación vouvos a deixar o enlace á noticia para que, se gustades, deixedes a vosa opinión na páxina de El Correo, ainda que vos adianto que o amigo xa está a levar o seu nos comentarios a esa entrada do xornal, ahí vai:
Enlace El correo
Tamén vos podedes despachar aquí co da fotografía, e deixar os vosos comentarios, refungando, claro. Nunca hai que deixar de denunciar este tipo de comportamentos e novas xornalísticas que ó final non benefician a ninguén.
Seguide atentos a Refungando, e lembrade encher a cesta só co que vaiamos a consumir! Ler máis...
Un cogomelo chino, responsable de preto de 400 mortes
O Reino Fungui nos lembra, unha vez máis, que o terreo que pisamos á hora de consumir cogomelos é perigoso e todavía descoñecido. O artigo aparecido este mes na revista Science, nos descobre este cogomelo da esquerda, que nin sequera ten un "nome popular" na maioría das aldeas e que se coñece a falta de millor nome como "a pequena branca", como responsable dende 1978 do que ata agora se viña coñecendo como Síndrome de Morte Súbita de Yunnan. Este síndrome, que se cebaba nos aldeanos da provincia China de Yunnan, no suroeste chino, provoca a morte súbita por parada cardiaca e non ten preferencias por sexo ou idades á hora de atacar; a maior parte dos casos se daban maiormente na temporada dos monzóns (de xunio a agosto), e a unha altura de 1800-2400 metros.Despois de cinco anos de investigacións na zona, o equipo liderado polo Centro Chino para o Control e Prevención de Enfermidades de Beijing parece haber dado definitivamente co culpable. Ainda que evidentemente non se poden achacar tódalas mortes a este cogomelo, os participantes neste estudo identificaron e aillaron tres aminoácidos tóxicos (ainda que non extremadamente), un deles novo para a ciencia, e que testearán para comprobar a súa capacidade para actuar coma detonantes dos ataques cardíacos.
O noso cogomelo parece tamén ser un descoñecido para a micoloxía; o taxonomista Yang Zhuliang identificou ó cogomelo como pertencente ó xénero Trogia, que ata agora se consideraba que non incluía especies tóxicas, pero non puideron clasificalo en ningunha especie. Teremos que esperar novos estudos taxonómicos para coñecer finalmente o seu nome e posición dentro da clasificación do Reino Fungui.
O carallo do asunto é que esta pobre xente de Yunnan vende para a súa comercialización todo tipo de cogomelos comestibles que se dan nas súas fragas, e logo, para o caldeiro, vai todo o que queda. Se unimos necesidade e descoñecemento, o resultado é inevitable. Se non fose este, outro cogomelo sería o reponsable; de feito, os investigadores non descartan a participación dalgun fungo máis nas mortes, ou incluso a alta concentración de bario nas augas da zona como "cómplices" do fungo estudado.
Sexa como sexa, sirva esta nova como aviso a navegantes moi ousados á hora de meter cogomelos no cesto sen moita reflexión, que habelos hailos... máis que meigas! Ler máis...
Etnomicoloxía galega da man de Cristovo Ruiz Leivas
Pois a iso imos, a espallar un traballo que recolle a esencia do saber micolóxico popular galego, cheo de curiosidades e pequenos "trucos"... se sabemos ler entre liñas nos antigos ditos. Non vos podedes perder este traballo que tamén podedes descargar en pdf dende aquí.
Fai click abaixo en ler máis para botar un ollo, ou dous...
Nota: dende a elaboración deste traballo, realizado a principios dos noventa, moitos nomes dos cogomelos cambiaron, sen embargo non debería haber ningún problema en atopalos novos, botando man, por exemplo, do Index fungorum.
Cadernos de Fraseoloxía Galega 4,2002,363-379
Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos
Cristovo Ruiz Leivas Juan-A. Eiroa García-Garabal
I Juan-A. Eiroa García-Garabal é autor unicamente deste primeiro apartado de introdución: o groso do traballo (apartado 2.) é da autoría de Cristovo Ruíz Leivas.
1. Introdución
En España hai dúas zonas claramente micófagas (ou comedoras de fungos) que corresponden xeograficamente a Cataluña e o País Vasco. O resto do territorio é claramente micófobo (gran medo ós fungos) con pequenas excepcións. Galicia atopábase nestes últimos, aínda que nos derradeiros anos isto está a cambiar.
Cando nos preguntamos por que ese medo ancestral no noso país galego, tentamos explicalo con hipóteses para as que non temos documentación: sería o medo por ver veciños morrer ou enfermar e isto orixinaría desprezo e falta de interese. Ou quizais unha prohibición relixiosa fose a causante. De calquera maneira, nos últimos anos Galicia incorporouse claramente á cultura dos fungos ou cogomelos e, de non querer saber nada, na actualidade parece existir un verdadeiro descubrimento non só no coñecemento por parte do pobo senón tamén por aqueles que se dedican a cociñalos, que son os verdadeiros beneficiados deste fenómeno. É a etnomicoloxía, termo acuñado por Gordon Wasson, banqueiro de New York dos anos cincuenta casado cunha dona rusa, ciencia que busca as raíces do uso de todo tipo de fungos nas distintas culturas, e que en Galicia nos proporciona poucos datos.
Se se revisan os diccionarios mais antigos (e eu mirei tódalas entradas da edición do Diccionario de diccionarios de Antón Santamarina na súa edición de 2001, que xunta 17 publicados con máis de 222. 000 entradas) non se atopan senón folla e media de termos que teñan relación con cogomelos e moitos deles repítense nun e noutro. Case non hai nomes galegos de setas. Non obstante, os nomes galegos de plantas, árbores, etc. ocupan moitas páxinas e non hai ningunha que escape á súa denominación no país, teña ou non interese para comer ou usar como cura tivo ou noutra cousa.
Preguntei por moitos lugares da Galicia do interior e case só saben dicir que coñecían os fungos como pan de sapo, pan de culebra ou de cobra, pan de raposo e cando un pregunta se os comen, prodúcelles un evidente asombro e algunha muller aínda se persigna. Se isto o facemos na Galicia da costa, aínda menos: alí si que non dirán nin res. Por outra parte desde que no último tercio do século XIX empezaron a introducirse os eucaliptos, que producen unha menor fructificación de fungos, aínda peor.
Unicamente na metade sur da provincia de Ourense ofrecen algúns datos e aquí xa se poden atopar nomes de cogomelos con distintas variantes. Non sei se nesta parte da nosa terra puido ter influencia a proximidade de Castela, onde, a pesar de ser tamén en gran parte micofóbica, xa exisúa desde antes do XVII inxestión de dous fungos claramente coñecidos. Un, que recollian nos páramos na primavera e no outono, a seta de cardo (Pleurotus eringiJ); e outra, que apañaban na primavera nos prados das montañas, sobre todo nas provincias de León, Palencia e Burgos, que é a seta de San Xurxo (Calocybe gambosa).
Ademais, debeu ter algunha influencia desde a Idade Media o Camiño de Santiago, pois era natural que os peregrinos que viñan a Compostela trouxeran coñecementos tamén no tema que nos ocupa. Non hai máis que ve-lo libro Viaggio in Ponente a S. Giacomo di Galitia, e Finis Terrae, per Francia, e Spagna (1673) de Domenico Laffi [ Publicou a traducción galega Leandro García Bugarín no libro de GARRIDO, Gustavo A (ed.): Aventureiros e CUl10S0S. Relatos de viaxeiros esttanxeiros por Galicia. Séculos xv-xx (Galaxia, Vigo 1994). Tamén hai traducción castelá de Clemente Crespo Caamaño (Viaje a poniente / Domenico Laffi Bolonés. Sildavia, Santiago de Compostela 1991)], que nos conta no século XVII como na provincia de Burgos, ó pasa-los Montes de Oca, e na de León preto de Sahagún, colle uns fungos que logo lle preparan no mesón onde dormen, e di deles que eran grandes coma boinas, e estaban moi saborosos.
É lóxico pensar que a xente, vendo que estes estranxeiros os comian, matinase en por que non os ían comer eles. Aínda que Laffi non di que collera cogomelos en Galicia, era presumible pola época na que veu que os collese como fixera en Castela.
Neste último ano dedicouse o Día das Letras Galegas ó frade Martín Sarmiento, que aínda que naceu en Vilafranca do Bierzo, viviu os seus anos mozos na provincia de Pontevedra. Nel tamén se atopan dúas referencias ós fungos, que fan destacar quizais a súa micofobia, ó mellor tamén obtida na nosa Galicia. Sobre unha carta que lle envía ó Duque de Medina Sidonia preguntándolle sobre duns fungos que saían moi abondosos no Escorial, dille
"estoy firme en que jamás comeré hongos, setas y cáscaras de ajo, ni morilles [unha variedade de fungos que se chaman colmenillas] ni tampoco mousserones [é a seta de San Xurxo] aunque sean de primavera, aunque los guise Apicio el cocinero romano o Eschapi, el cocinero del Concilio de Trento."
Despois de todas estas consideracións, cando un atopa alguén que foi capaz de recoller refráns e nomes de fungos na comarca de Valdeorras, coa dificultade que isto ten en Galicia, é lóxico sentir unha gran ledicia, que é a que eu sinto hoxe ó escribir estas liñas a modo de prólogo da publicación desta achega que fai o meu bo amigo Cristovo, que doutra maneira se perderían.
Para terminar, e isto vai para aqueles que collen fungos para xantar ¡moito coidadiño! que a única maneira de coñecer se un fungo é bo ou non, é coñece-las súas características botánicas e, se non, preguntar a quen sabe un pouco disto, como son os membros das Asociacións micolóxicas, das que hoxe hai moitas por toda Galicia, e van conseguindo que se vaia perdendo o medo a estes marabillosos seres da natureza, hoxe incluídos nun reino aparte, o dos Fungi. Lembremos: tódolos fungos se poden xantar pero algúns unha vez nada máis.
2. Micoloxía do oriente ourensán. Valdeorras, Trives e O Bolo. 1982- 1994
Usarei as seguintes abreviaturas: na primeira columna Com (comestible) e ¿? (dubidosa); na segunda Tóx (tóxico), T (tóxico), M (mortal), ¿-? (dubidosa); X marca os cogomelos que, aínda sendo comestibles, poden ser perigosos ou que poden ser comestibles como ovos pero non cando xa están abertos; finalmente, na última columna, V (Valdeorras), T (Trives), B (O Bolo).
| Com | Tóx | NOME CIENTÍFICO | NOME GALEGO | ZONA |
Fungo
| ||||
Cogumelo
| ||||
Corro de bruxas
| ||||
Cravo da nogueira
| ||||
Fungo do engano
| ||||
Mourón
| ||||
Ovo de bubela
| ||||
Ovo de pega
| ||||
Pan do demo
| ||||
Morrón
| ||||
| Com | Agaricus arvensis | Bola de neve | VBT | |
| Agaricus augustus | Bola de neve con lá | |||
| Agaricus bisporus | Champiñón | |||
| Com | Agaricus bitoTC/uis | Cogumelo das rapadoiras | TB | |
| Com | Agaricus campestris | Fungo dos lameiros | VBT | |
| Agaricus macrosSporus | Bola de neve dentada | |||
| Com | Agaricus silvaticus | Bola de neve do bosque | T | |
| T | Agaricus xanthoderma | Bola de neve mareleante | VBT | |
| Com | Agrocybe aegerita | Cogumelo dos choupos | VBT | |
| - | - | Agrocybe dura | Fungo xesta | T |
| Com | Albatrellus pescaprae | Pesuño | V | |
| Com | Aleuria aurantia | Cunco anaranxado | VBT | |
| Com | Amanita caesaria | Raíña
| V | |
| ¿-? | ¿-? | Amanita cetrina | Francesiña | VBT |
| Com | ¿-? | Amanita crocea | Cacaforra sin anel | VT |
| T | Amanita gemmata | Cacaforra dourada | VBT | |
| T | Amanita muscaria | Rebentabois. Brincabois. Atolamoscas
| VBT | |
| T | Amanita muscaria v. aureola | Rebentabois. Brincabois | T | |
| M | Amanita pantherina | Cacaforra marxa | VBT | |
| M | Amanita phalloides | Cacaforra da morte
| VBT | |
| M | Amanita phalloides var. blanca | Cacaforra branca | V | |
| Amanita rubescens | Cacaforra viñosa | |||
| M | Amanita verna | Cacaforra branca | T | |
| Com | ¿-? | Armillariella mellea | Palote da madeira | VBT |
| -- | -- | Astraeus hygrometricus | Estrela do tempo. Estrela nubeira | VBT |
| -- | -- | Auricularia mesenterica | Baxola | VBT |
| -- | -- | Auriscalpium vulgare | Irto das piñas | VT |
| -- | -- | Bjerkandera adusta | Orellón das cascas | VBT |
| Com | Boletus aerius | Madeirudo.Cogordo.Andoa.Andoa castaña
| VBT | |
| Com | Boletus appendiculatus | Madeirudo. Esqueiro. Bolouro | VBT | |
| Com | Boletus edules | Madeirudo. Coe:ordo. Andoa. Alboxo | VBT | |
| Com | ¿-? | Boletus erythopus | Madeirudo de pé vermello. Andoa roxa | VBT |
| Boletus junquilleus | Madeirudo das sobreiras | |||
| Com | ¿-? | Boletus luridus | Madeirudo das sogras | VBT |
| Com | Boletus pinophilus | Madeirudo
| VBT | |
| Com | ¿-? | Boletus queletti | Madeirudo das sogras | BT |
| Com | Boletus regius | Madeirudo | T | |
| Com | Boletus reticulatus | Madeirudo do vran. Cogordo. Pachán | VBT | |
| -- | -- | Boletus strobilaceus | Andoa peluda | T |
| Com | ¿-? | Boletus versicolor | Madeirudo. Cogordo | B |
| Com | ¿-? | Bovista plumbea | Fungo do sapo. Peido de lobo | VBT |
| -- | -- | Calocera cornea | Corno das cachopas | VBT |
| Calocera viscosa | Corno das cachopas | |||
| Com | Calvatia excipuliformis | Falopo dos curandeiros | V | |
| Com | Calvatia utriformis | Fungato. Falopo dos curandeiros. Pan queixo
| VBT | |
| Com | Camarophyllus niveos | Pan de aligacha | BT | |
| Com | Cantharellus cibarius | Cacafina. Cacaviña. Pandecabra. Pan chica. Perrachica. Carne de pita
| VBT | |
| Com | Cantharellus cinereus | Cacafina. Panchica
| VBT | |
| Com | Cantharellus lutescens | Pan chica. Trompeta amarela | VBT | |
| Com | Cantharellus tubaeformis | Pan chica. Trompeta con pregues | VBT | |
| Chalciporus viviratus | Madeirudo fel | VBT | ||
| -- | -- | Chelvmenia fimicola | Pencadas da bosta | VBT |
| Chlorophyllum molybdites | Choupín verdoso | |||
| Com | Chrogomphus rutilus | Choupín babuxa | VBT | |
| Com | ¿-? | Clathrus ruber | Ovo das meigas | VBT |
| - | - | Clavaria fumosa | Encrestada | VBT |
| Clavariadelphus ligula | Moca | |||
| Clavariadelphus pistillaris | Moca. Xardolo | |||
| Com | ¿-? | Clavariadelphus trucatus | Moca. Mazola. Xardolo | VBT |
| - | - | Clavulina cineria | Ciru cinsu | VBT |
| Com | Clavulina rugosa | Ciro | VBT | |
| Clitocybe alexandri | Fungo con coroa | |||
| - | - | Clitocybe clavives | Cravo dos piñeiros | T |
| Com | Clitocybe geotropa | Fungo funil Fungo fonil, nin pra ti nin pra min. | VBT | |
| Com | Clitocybe maxima | Fune:o funil. Pomba | VBT | |
| Clitocybe nebularis | Aborrallado | |||
| Com | Clitocybe odora | Chorume. Choupín fiollo | VBT | |
| Com | Clitopilos prunulus | Fariñeira | VT | |
| - | - | Collybia fusives | Fuso dos castiñeiros | VBT |
| Com | ¿-? | Coprinus atramentarius | Fungo das sogras. Fungo das meigas. | VBT |
| Com | Coprinus comatus | Pucho de meie:as. Piocán. Matacandil | VBT | |
| - | - | Coprinus disseminatus | Panligacha | VBT |
| - | - | Coprinus domesticus | Fungo dos pendellos | VBT |
| - | - | Coprinus micaceus | Pucho das cañotas | VBT |
| - | - | Coprinus phlyctidosporus | Pucho | T |
| - | - | Coprinus picaceus | Pucho de pega. Prato de meiga. Pega | VBT |
| - | - | Coprobia granulata | Penca da bosta. Lentella do esterco | VBT |
| Cortinarius praestans | Pel de castaña | |||
| Com | Cratarellus cornucopioides | Trompeta dos mortos | VBT | |
| - | - | Crepidotus mollis | Niñal. Oveiro. Dedaleira | VBT |
| - | - | Crevidotus variabilis | Roseta dos e:uizos | VBT |
| - | - | Crucibulum laeve | Niñal. Oveiro. Escriño | VBT |
| - | - | Cvathus olla | Niñal. Oveiro. Dedaleira | VBT |
| - | - | Cvathus striatus | Oveiro. Dedil | VBT |
| Daedalea Quercina | Fune:o lebirinto | VT | ||
| Daldinia concentrica | Ril | V | ||
| - | - | Diatrvve disciformis | Penca da faia | T |
| Com | Discina perlata | Cunco | VT | |
| - | - | Entoloma incanum | Pe averdecado | VBT |
| M | Entoloma lividum | Enganosa | V | |
| Com | Fistulina hepatica | Fígado. Lingua de boi. Asadura.
| VBT | |
| - | - | Fames fomentarias | Caripocha. Esca | VBT |
| - | - | Fomitopsis pinicula | Caripocha dos piñeiros | VT |
| - | - | Fuligo cinario | Moco dos cascarolos. Mucus das coscas | VBT |
| - | - | Fuligo septico | Ovas de sapo | V |
| Fuserium sp (Choremia) | Choremia | |||
| - | - | Ganoderma applanatum | Caripocha. Esca | VBT |
| - | - | Ganoderma lucidum | Paipa | VBT |
| - | - | Geastrum campestre | Estreliña | VBT |
| - | - | Geastrum nanum | Estreliña. Estrela zanicouca | V |
| - | - | Geastrum pectinatun | Estreliña. Estrela con pescozo | T |
| - | - | Geastrum quadrifidum | Estreliña catro pés | |
| - | - | Geastrum striatum | Estreliña | VBT |
| - | - | Geastrum triplex | Estrela babeiro | |
| Com | Gomphidios maculatus | Choupín dos felgos | VBT | |
| - | - | Gymnopilos svectabilis | Fungo mergurento dos tacóns | VBT |
| Com | X | Gvromitra esculenta | Bonete | T |
| Com | Gyroporus cvanescens | Andoa azul | VT | |
| Hapalopilus nidulans | Bosta dos ramallos. | |||
| Com | X | Helvella acetabulum | Cunco alorzo | V |
| Helvella costifera. | Cunco con costelas. | |||
| Com | X | He/vella crisva | Orellón do inverno. Orella de gato | VBT |
| - | - | Helvella fusco | Orellón (pI. orellós)
| V |
| Com | X | Helvella lacunosa | Orellón do outono. Orellón mouro | VBT |
| Com | X | Helvella monachela | Orellón da raña.Puchos dos frades. Orelleiro
| VBT |
| - | - | Helvella queletii | Orellón das caleiras | V |
| Helvella sulcata | Orellón. | |||
| Hydnum repandum | Lingua | |||
| Hydnum rufescens | Lingua marela | |||
| Hygrophorosis aurentiaca | Falsa cacafina. Falsa cacaviña | VBT | ||
| Com | Hygrophorus limacinus | Limago | VBT | |
| - | - | Inonotus dryadeus | Chancro dos carballos | VTB |
| - | T | Inonotus hispidus | Chancro das mazaeras/pumaregas | VTB |
| Com | Krombholziella negrescens | Madeirudo dos coores | VT | |
| Krombholziella scabra | Ala de mosca | VTB | ||
| Com | Kuehneromyces mutabilis | Pucho dos umeiros | VT | |
| - | - | Lactarius aurentiacus | Latouro | VTB |
| - | - | Lactarius chrysorrheus | Latouro | VTB |
| - | - | Lactarius cistophilus | Leitarego do xaral. Leitarego das estevas | V |
| ? | X | Lactarius contraversus | Leitarego dos choupos | VTB |
| Com | Lactarius deliciosus | Fungo da muña. Carneira. Latouro.
| VTB | |
| Lactarius fuliginosus | Latouro | |||
| - | - | Lactarius piperatus | Pimenteiro | VTB |
| - | - | Lactarius Quietus | Leitarego | VTB |
| Com | Lactarius salmomicolor | Carneira | T | |
| Com | Lactarius samguifluis | Carneira | T | |
| Lactarius subsericatus | Latouro | |||
| T | Lactarius torminosus | Falsa carneira | VTB | |
| - | - | Lactarius villerreus | Leitarego | T |
| T | Lactatius blumii | Falso nízcaro. Falsa carneira | VTB | |
| Laetipotus sulphureus | Carne de pita | |||
| Com | Langermannia gigantea | Bomba | T | |
| Com | Lentinellus cochleatus | Ostra anisada | T | |
| - | - | Leocorpus fragilis | Ovo de sapo | VTB |
| - | - | Leotia lubrica | Limáchega. Lesma | VTB |
| ¿? | ? | Lepiota acutesquamosa | Choupín fedento | VTB |
| M | Lepiota brunnio-incarnata | Fol de veleno
| VT | |
| - | - | Lepiota clvpeolaria | Pé azul. Nazarena. | T |
| Leviota gracilenta | Choupín lampizo | |||
| Com | ¿-? | Lepiota ignivolvata | Choupín de montaña | VT |
| Com | Levista inversa | Funil das carballeiras | VTB | |
| Com | Lepista luscina | Funil manchado | T | |
| Com | Levista nubulares | Aborrallado | VTB | |
| Com | Lepista nuda | Pé azul. Nazarena | VTB | |
| - | - | Licogala evidendrom | Verruguenta | VTB |
| Com | X | Leucoagaricus pudicus | Choupín branco. Campocha | VTB |
| Com | Leucopaxillus candidus | Funil dos lameiros | T | |
| Com | X | Lvcoperdon foetidun | Fungo do sapo. Bufo de vella | VTB |
| - | - | Lycoperdon mammiforme | Fungacho. Peido de lobo.
| VTB |
| Com | X | Lvcoperdon molle | Fungo dos manciñeiros. Fungo do sapo | VTB |
| Com | X | Lvcoverdon verlatum | Peido de lobo. Fungacho | VTB |
| Com | Lvophvllum decastes | Tortullo apiñado | VT | |
| Com | Macrolepiota mostoidea | Frade. Matacandís. Puchodosapo. Cogordo. Toupela.
| VTB | |
| Com | Macrolepiota excoriota | Calaza. Cerrota. Coco melo. Cachote | VTB | |
| Com | Macrolepiota konradii | Choupiño lampo.Toupela. Cachote. Matacandís. Zarrota. Roco.
| VTB | |
| Com | Macrolepiota procera | Monxo. Frade. Roco. Palote. Choupín. Cogordo. Toupela. Zarrota.
| VTB | |
| Com | Macrolepiota rhacodes | Calaza. Cocomelo. Choupiño. Rouquiño. Choupín torgallo
| VTB | |
| Macrolepiota venenata | Choupín.
| |||
| T | Marasmius collinus | Falsa sendeiriña | VT | |
| Com | Marasmius oreades | Sendeiriña. Cacavainas
| VTB | |
| - | - | Marivilus giganteus | Caripocha xigante. Alborelle xigante | VT |
| - | - | Melestiza miniata | Lentella das conetas | V |
| Com | Mitrophora hydrida | Pontorra dedil | V | |
| Morchella conica var. Costata | Pantorra. Fungo da coresma | |||
| Morchella conica var. deliciosa | Pantorra. Fungo da corresma | |||
| Morchella conica var. distans | Pantorra de pé longo | |||
| Com | X | Morchella deliciosa | Pantorra. Seta do coresma. Cagarría | VTB |
| Morchella deliciosa var. valdeorensis | Pantorra
| V | ||
| Morchella hortensis | Pantorra pelexa | |||
| Com | X | Morchella rotunda | Pantorra. Seta da coresma. Cagarría | T |
| Morchella valdeorrens is | Pantorra. Seta da coresma. Cagarría | |||
| - | - | Mvcena sevnii | Pucho das piñas | VTB |
| Omvhalotus olearius. | Cogumelo vacalume | |||
| Panaeolus papilionaceus | Choupís dos cagallóns | |||
| - | - | Panaeolus semiovata | Choupís dos cae:allóns | VTB |
| - | - | Panaeolus sfhinctrinus | Choupín da bula | VTB |
| Panaeolus subbalteatus. | Cogumelo dos esterqueiros | |||
| - | - | Panus rudis | Chapeo de pana. Alborelle coiracho | VTB |
| - | - | Paxillus atrotomentosus | Alborelle de polainas | VTB |
| M | Paxillus involutus | Orellagacha dos castiñeiros | VTB | |
| Com | X | Paxina acetabulum | Cunco | V |
| - | - | Paxina leucomelas | Alferga | VT |
| Com | Peckiella lateritia | Carneira caleada. Caleada | VTB | |
| Com | ¿-? | Pez iza badia | Cunco | VTB |
| Com | ¿-? | Peziza badioconfusa | Cunco | T |
| - | - | Pez iza praetervisa | Cunco das rozas | VTB |
| - | - | Peziza revanda | Cunco das corredoiras | VTB |
| - | - | Pez iza varia | Cunco | V |
| - | - | Phaeolus schweinitzii | Alborelle fonxe | VTB |
| Com | ¿-? | Phallus hadriani | Carallo de ovos rosas | VTB |
| Com | ¿-? | Phallus impudicus | Carallo
| VTB |
| - | - | Phelledon niger | Lingua | T |
| Phellinus negricans | Alborelle das carballeiras. Carrocha
| V,TB | ||
| - | - | Pholiota aurivella | Fungo das choupeiras | VT |
| - | - | Pholiota destruens | Alborelle | VT |
| - | - | Piptoporus betulinus | Cipocha dos bidueiros. Bido de San Xoán | VTB |
| Com | ¿-? | Pisolithus arhizus | Patacas das meie:as | VTB |
| Com | Pleurotus ostreatus | Ostras dos negrillos. Alborelle | VT | |
| Com | ¿-? | Pleurotus ostreatus v. Colubinus | Ostra | VT |
| - | - | Plutius atromarginatus | Alborelle dos piñeiros | V |
| Psilocybe semilanceata. | Fungo do demo. | |||
| - | - | Pyromema domesticum | Costrado das queimas | VTB |
| - | - | Resuvintcus silvanus | Roseta | VTB |
| - | - | Rhodotus palmatus | Alborelle visgo. Visgo dos negrillos | V |
| Com | Rhozovogon roseolos | Feixo | VTB | |
| Com | Russula aurata | Netorra raíña | V | |
| Com | Russula cvanoxanta | Netorra das carballeiras | VTB | |
| Com | i.- ? | Russula delica | Netorra terrosa dos soutos | VTB |
| T | Russula emetica | Netorra proer | VTB | |
| - | - | Russula nigricans | Netorra moura | VT |
| - | - | Russula sanguinia | Netorra sane:ue | VTB |
| - | - | Russula sorodia | Netorra
| VT |
| Com | Russula virescens | Netorra dos cregos | VTB | |
| - | - | Rutstroemia echinophila | Alborello dos ourizos | VTB |
| - | - | Sarcodon colosseum | Lingua xigante | T |
| Com | i.- ? | Sarcodon imbricatus | Lingua de boi mouro | VTB |
| - | - | Sarcodon scabrosus | Lingua marela | T |
| Com | ¿-? | Sarcoscypha coccinea | Fror dos garabullos | VTB |
| Sarcosphaera coronaria | Cunco | |||
| Com | M | Sarcosphaera crassa | Cunco estrelado | V |
| - | - | Schizophyllum commune | Rosetas | VTB |
| - | - | Scleroderma citrinum | Feixo do demo | VTB |
| - | - | Scleroderma polyrhizum | Fungacho dos curandeiros | VTB |
| - | - | Scleroderma verrucosum | Baloca das meigas | VTB |
| Com | Sparassis crispa | Colifrol do monte | T | |
| - | - | Sphaerobolus stellatus | Estralique das pinas | VTB |
| - | - | Strobilomyces strobilaceos | Madeirudo pina. Andoa peluda | T |
| - | - | Stropharia semiglobata | Ovos dos cagallos | VTB |
| Com | Suillus bellinii | Madeirudo da muña | VTB | |
| Com | Suillus bovinus | Andoa miúda | VTB | |
| Com | Suillus collinitus | Madeirudo amarelo | VTB | |
| - | - | Suillus flavidus | Madeirudo de anel | T |
| Com | Suillus granulatus | Andoa de e:raos | VT | |
| Com | Suillus luteus | Madeirudo con anel | VT | |
| - | - | Thelephora terrestris | Roseta da terra | VTB |
| - | - | Trametes gibbosa | Alborelle | VTB |
| - | - | Trametes hirsuta | Alborelle peluda | VTB |
| - | - | Trametes versicolor | Alborelle de cores | VTB |
| - | - | Tremella mesenterica | Merexos das ramalleiras | VTB |
| - | - | Tricholoma albobrunneum | Tortullo
| VT |
| Com | - | Tricholoma auratum | Tortullo dos cabaleiros | TB |
| Com | - | Tricholoma columbetta | Tortullo branco | VTB |
| Com | - | Tricholoma equestre | Tortullo dos cabaleiros | VTB |
| Com | - | Tricholoma orirubens | Tortullo xaspeado | V |
| Com | - | Tricholoma sulphureum | Enxofre. Tortullo fedento | VTB |
| Com | - | Tricholoma terreum | Pel de rato | VTB |
| Tricholoma ustaloides. | Tortullo | |||
| - | - | Tricholoma viridifucatum | Tortullo dos érbedos | V |
| - | - | Tricholomopsis rutilans | Alborelle | VTB |
| - | - | Tylopilos felleus | Madeirudo fel. Cogordo margurento | TB |
| Com | - | Volvariella bombycina | Ovo das meigas | VTB |
| - | - | Volvaiella volvacea | Cacaforra dos lindeiros | VTB |
| Com | - | Xerocomus badius | Madeirudo Castaño | TB |
| - | - | Xylaria hypoxylon | Mans en pena | VTB |
¿Sabías que...
...o ultracoñecido e típico cogomelo de supermercado, Pleurotus ostreatus, inclue na súa dieta nemátodos (minúsculos vermes)? Pois así é amigos, que non só de madeira vive o fungo, e hai que darlle unha alegría ó micelio de cando en cando. Como sabedes, este fungo e parásito-saprófito, pero en presencia destes pequenos predadores, non dubida en sacar as súas armas e afilar o coitelo.
As hifas de P. Ostreatus son capaces desenvolver nestas condicións uns pequenos apéndices que segregan unha especie de gota, ou minúscula burbulla, que contén unha toxina (podedes ver claramente estas gotas e o micelio, na imaxe ó microscopio da dereita; click para ampliar). Ó moverse entre o micelio, os nemátodos intrusos rozan con estas gotas, que rompen e impregnan a pel do verme, penetrando a devandita toxina no seu corpo e paralizandoo en poucos segundos. Así é como ostreatus captura ás súas víctimas. Veleno, nin máis nin menos.
Unha vez o paralizado o nemátodo, o micelio produce unhas hifas que "buscan" ó paralizado e, unha vez localizado, penetran no seu corpo e a continuación é dixerido e absorbido dende dentro por esas mesmas hifas. Na imaxe da esquerda podedes ver outra imaxe microscópica dun nemátodo xa capturado e en proceso de dixestión. Se aprecian ben as hifas "buscadoras" que xa atoparon ó infeliz. Hai barrios polos que é millor non pasar.Por suposto, P. ostreatus non é o único que se decanta por unha dieta variada e rica en proteinas. Existen outros xéneros, como Hohenbuehelia, que tamén capturan e consumen nemátodos. Pronto en Refungando falaremos dun xénero de fungos que contén sen dúbida ós cazadores e trampeiros máis inxeniosos do Reino Fungui. Pero esa é outra historia... Estade atentos!
P.D.: Nos vos vaiades a asustar e deixar de comer cogomelos de P. ostreatus pensando que ides quedar tesos diante do prato. Esta toxina só se produce no micelio!
Nota: Fotos de microscopía procedentes de "MycoAlbum CD-ROM: Introductory Mycology Laboratory Review"
Glb: iniciais de George L. Barron, autor das instantáneas
Ler máis...
Novo aporte á bibliografía micolóxica galega: "Nove ducias de cogomelos de Ourense"
Este 14 de xuño se presentaba en Ourense unha nova achega ó mundo da micoloxía galega da man dos celanoveses Ricardo Mínguez Abajo e Alejandro Mínguez González, pai e fillo respectivamente, dúas xeracións de micólogos galegos que comparten, aparte de xenes, a súa paixón polo mundo dos cogomelos e absolutamente todo o que o rodea.¿Por qué "Nove ducias..."? Millor que os mesmos autores no lo conten neste extracto do prólogo do libro que ven a continuación. Que falen...
"Existen miles de especies e todos os anos aparecen novas variedades. Por situarnos nun territorio concreto, como é Ourense, consideramos oportuno empregar unha denominación de ampla tradición e arraigo popular, como é o emprego de ducias para referirse a cantidades. Nesta liña, decidimos recorrer á numeroloxía ofrecense estas nove ducias, é dicir, os cento oito cogomelos que consideramos máis frecuentes e interesantes da nosa terra. Non obstante, somos conscientes de que son moitos máis os que podemos atopar con facilidade nos montes, nos campos, nas fragas e en todos os hábitats que imos ir percorrendo no noso periplo por este reino á parte da natureza."
Así pois... ¿qué nos podemos atopar? Os autores dan un repaso á historia da micoloxía ourensá dos últimos lustros, nos describen hábitats e nos dan uns apuntes, acompañados de fermosas ilustracións, de macroscopía, sentando unhas bases para a identificación de cogomelos que todo afecionado debería ter. Despois, 108 fichas con detaiadas descripcións e curiosidades, completan este perfecto manual de campo para o iniciado, acompañado de fermosas e representativas imaxes de cada especie, facendo hincapé nos cogomelos máis coñecidos ou interesantes. Para rematar, algunhas suxerencias culinarias na forma de receitas, das que xa nos apuntamos a "Sopa de Marasmius oreades", da que temos oido marabillas.
NOTA PARA ASOCIACIÓNS: Nos informan os autores de que a Diputación de Ourense porá a disposición das asociacións micolóxicas un exemplar gratuito, así que si queredes, podedes solicitar un exemplar ata fin de existencias dirixíndovos por escrito ó Servicio de Publicacións da Deputacion de Ourense, Progreso 38, CP 32002, Ourense e dirixilo á atención de Ana Malingre. ¿A qué esperades? ¡Nós xa o temos encargado! Ler máis...
Primavera non stop: Amanita curtipes
Galego: Amanita de pé curtoExisten entre as amanitas varias especies que podemos atopar case que todo o ano, se as condicións o permiten. Se estades a aproveitar esta primavera para sair ó monte, coma uns servidores, seguro que vos estades a dar conta dunha cousa: podemos ver con facilidade unha grande cantidade de amanitas. Rubescens, spissa, gemmata, pantherina... Amanita curtipes é comestible, ainda que de escaso valor culinario, pero esta é a menor das razóns que temos para non aconsellarvos que a consumades: é unha amanita, e xa sabedes que nesta familia de cogomelos se atopan algúns dos máis tóxicos e perigosos para o micófago ousado. A posible, ainda que sexa improbable, confusión con algunha oitra amanita branca e primaveral, como Amanita verna, nos debería disuadir de andar a xogar con estos cogomelos. Se gustades, imos ver que podemos aprender para distinguir este cogomelo de porte robusto de outros similares do seu xénero, da man, como non, do imprescindible manual de referencia para o micófilo galego “Cogomelos de Galicia”. Pincha abaixo en leer máis...
DESCRIPCIÓN:
Sombreiro: 3-7 cm de diámetro. Ó principio globoso, máis tarde covexo e por último estendido e cunha lixeira depresión central. Cor branca, crema pálida ou crema rosada. Cutícula separable, lisa, cuberta poos restos de veo universal en forma de placas concoloras (podedes observalas na primeira imaxe, ainda que neste caso algo máis escuras debido á exposición ó sol). Marxe encurvada, plana na madurez, pouco ou nada estriada e adornada con restos do veo parcial (como se aprecia na imaxe da esquerda).Lamelas: Adnadas a libres, pouco apertadas, ás veces ventrudas, primeiro abrancazadas, logo crema e na madurez e ó rozamento, crema rosadas. Lamélulas curtas. Aresta enteira ou finamente serrada e floculosa nos exemplares novos.
Pé: 3-6 x1-2 cm. Cilíndrico ou engrosado na base, duro, cheo e fistulosso na madurez. Superficie estriada de cor branca e na madurez crema ocrácea (coma o exemplar que temos hoxe con nós, ainda que esa coloración é tan sutil que tedes que fixarvos ben). Volva de cor crema, sacciforme (aspecto de saco), membranosa, persistente e envolvente, sepárase claramente do pé. Anel apical (na parte superior do pé) de cor branca, visible solo nalgúns exemplares novos, deixando, ás veces, na madurez restos pegados ó pé e á marxe do sombreiro
Carne: Firme, abrancazada, pero ao corte rosada e co tempo pardo rosada. Olor e sabor moi débiles.
Hábitat: En piñeirais dunares (ou próximos á costa) e bosque mediterráneo ácido. Primavera e outono. Solitaria ou en pequenos grupos. Rara.
Observacións: respecto á comestibilidade, está todo dito. Sorprendeunos atopar en internet testimonios de xente que había consumido este cogomelo sen ter a certeza de que se tratara de Amanita curtipes, tendo en conta do xénero que estamos a falar. Aquí mesmo nos atopamos con moita xente que consume macrolepiotas sen saber diferenciar unha procera doitros membros do xénero. Iso chámase xogar á ruleta rusa. Nunca nos cansaremos de dicir que, ante a máis mínima dúbida, debemos evitar o consumo dos cogomelos da cesta.
Precaución, como xa comentamos antes, cas amanitas brancas que fructifican nas mesmas épocas do ano. Así, deberemos ter en conta á hora de identificar a este cogomelo oitras especies de amanitas coma A. boudieri (escamas piramidais), A. gracicolor (outonal, volva non sacciforme, tamén escamas piramidais), A. stroboliformis (esc. piramidais), A. ovoidea (pé con esc. algodonosas procedentes do veo, moito maior tamano), e sobre todo, con A. verna como xa dixemos ou as formas brancas (que habelas hainas) de Amanita phalloides. Moito ollo.
Hasta aquí por hoxe. Seguiremos percorrendo montes primavera e verán, que ademáis promete ser unha tortura para guiris, chiringuitófilos e babatoallas. Nós, namentres, frotamos as mans. Xa sabedes por onde andamos... refungando, coma sempre.
Ler máis...
Novo e espectacular fungo nas antípodas!

Belísimo, case parece unha flor. O reino Fungui é unha caixa de sorpresas. E por se había algunha dúbida, aquí temos un novo e incriblemente fermoso cogomelo descuberto o pasado ano 2009 en Nova Caledonia (unha illa na polinesia francesa ó este de Australia). Esta illa, como moitas da zona, como Tasmania, posúe unha diversidade natural con un alto grao de endemismo (especies propias e específicas dos seus hábitats) e que proporciona continuas e novas aportacións ó coñecemento da biodiversidade do planeta. O Reino Fungui non é unha excepción. Para facernos unha idea do ritmo dos descobrementos, temos que darnos conta que das preto de 1000 especies de entolomas descritas ata o momento, en 2009 se citaron 24 en Nova Caledonia, incluindo nese número 11 novas especies. Actualmente existen xa 300 especies descritas endémicas desta illa.
Podoserpula miranda, así se chama a nova especie, foi descuberta por un equipo de investigadores francés do Laboratorio de Simbioses Tropicales, en colaboración co Museo de Historial Natural de París. É un fungo micorrízico, e se asocia con unha árbore, Arillastrum gummiferum, tamén endémica de Nova Caledonia.Á esquerda, podedes facer click na imaxe para ampliala e disfrutar do espectáculo de varios exemplares xuntos en distinto grao de desenrolo.
Os carpóforos deste fungo teñen algunhas particularidades especiais, como xa haberedes observado:
- A súa coloración, o rosa; os pigmentos responsables de esta cor están pouco presentes no Reino Fungui, e menos ofrecéndonos uns tons tan vivos e rechamantes.
- A máis evidente, a súa morfoloxía. Estamos afeitos a atoparnos con curiosas malformacións no crecemento dos cogomelos que provocan que un medre sobre o sombreiro de outro. Curioso, máis non especialmente raro. Os sombreiros de Podoserpula miranda, ata seis, medran un enriba do outro con tamano decrecente é o redor dun mismo eixo, chegando acadar ata 10 cm de altura. Unha estructura cando menos orixinal, e que, supoñemos, servirá para dalgunha maneira para aumentar a eficiencia da dispersión de esporas, ainda que serán os científicos que as estudian quen nos terán que dar a resposta.
- Cheira a rábano e a súa carne ten unha textura fibroso algodonosa. Ainda que todavía se descoñece a súa comestibilidade, no se cree que sexa tóxica, xa que ningunha especie do seu xénero o é.
Haberá que estar atentos a novos descubrimentos dende as antípodas. De momento, vos deixamos con oitro destes novos fungos, co nome todavía provisional de Ileodictyon ganrnierii, e que lembra moito a Clathrus rubber. Na imaxe da esquerda podedes facer click para ver este cogomelo. Hoxe en Refungando, estamos que tiramos a casa pola ventana, dúas especies novas ó precio dunha. Non poderedes negar que é impresionante a beleza que nos chega dende o Pacífico. Non todo van ser eucaliptos.Excursión a Nova Caledonia, XA. Ler máis...