Homo Porcinus

Ca chegada do bo tempo, como os lagartos, os exemplares de Homo Porcinus non perden o tempo e saen das súas madrigueiras prestos a acampar ou disfrutar dunha comida campestre. Os efectos deste tipo de porco no monte, coma o do paso doutro familiar, o xabarín, son sempre ben visibles. Ademáis, adaptándose rápidamente ós tempos que corren, o Homo Porcinus utiliza agora o plástico para embalar coma pantalla contra o vento envolvendo varios pinos próximos, deixando logo, cando emigra a terras máis baixas, a súa construcción para maravilla de todos...

Tentar comprender as mentes dos responsables das "maravillas" que podedes ver nas imaxes é sumerxirse nun mundo de ignorancia, estupidez e falla de sensibilidade sen límites. As fotografías foron tomadas na Curota, en varios lugares alonxados entre sí. Había máis que sacar, claro, pero era máis do mesmo. Merda.

Agora, á descorazonadora imaxe que un espera ó subir á Curota, antano verxel de piñeiráis, dun monte despoboado, as desfeitas de grandes talas, as queimas... hai que sumar a paisaxe dantesca dun monte cheo de desperdicios, bolsas de lixo, plásticos, etc...

Temos o que somos e somos o que temos. Dicir que isto me sorprende na nosa zona é coma sorprenderse aquí de que se che cague encima unha gaviota. Pasa. É unha das garruladas que un se acostuma a ver por estos lares. Un motivo de vergoña pra min coma ribeirense e pra todos coma pobo. Un toque de atención para todos porque pon de manifesto a profunda indiferencia que algo tan básico como levar o lixo do monte produce na xente en xeral. Unha inmensa labor que o Homo Porcinus non está disposto a levar a cabo. Indiferencia esta, por outra banda, herdanza da mesma profunda indiferencia que sempre cundiu aquí, incluso entre a xente de mar, de cara o coidado e respeto dos nosos mares.
Dito o cal, está claro que hay un mundo por diante que recorrer, xa non falando só deste caso en concreto, senon do Homo Galaicus en xeral, en canto ó respeto, coidado, e uso e disfrute dos nosos recursos e medio natural tan privilexiado que temos. Que sirvan estas imaxes para facernos reflexioar.

Un saúdo a todos (bueno, ós responsables da porcallada das fotos non, a eses que se os coman os lobos a próxima vez que suban ó monte, así fan aljo bo)

1 comentario:

Related Posts with Thumbnails