Un novo falo na familia: Phallus Drewsii

Unha fotografía vale máis que mil palabras, vaia que sí. A familia Phallaceae ten unha carácterística morfolóxica que a fai moi recoñecible a maiores e nenos: ten forma de pirola e cheira a mil demos (así atrae a moscas e outros insectos que axudan a diseminar as súas esporas). Na clarificadora imaxe podemos ver dous exemplares, un todavía co veo xeral pechado ca típica forma de "ovo", ejem, nunha composición artística sen desperdicio.

O caso é que a expedición liderada por Robert Drewes, un experto norteamericano en reptís, se topou fai pouco na illa africana de Santo Tomé con este novo exemplar de Phallus e os encargados de describilos, Dennis Desjardin and Brian Perry da Universidade do Estatal de San Francisco, decidiron facerlle unha homenaxe ó xefe ó bautizalo desta maneira, Phallus Drewesii. O que xa non temos tan claro é se a "homenaxe" vai con segundas, aínda que sospeito que se este cogomelo medira 50 cm en lugar dos 5 nada mais que mide o nome sería ahora Phallus Desjardinii ou Phallus Perrii.

Para unha descripción detallada da nova especie, visita a páxina da Sociedade Micolóxica de América Mycologia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails