Xerocomus Badius, outro amigo Boletal

Galego: Andoa escura
Castelán: Boleto bayo


Si xá vos recuperastes do anterior video e non collestedes medo a achegar un cogomelo descoñecido ó nariz "polo que poida pasar", é hora de volver a botar un ollo ás nosas fragas e ver con que novos cogomelos nos podemos atopar. Imos a seguir o noso particular percorrido polo monte cunha familia , a dos Boletales, que xa empezamos a coñecer fai pouco con Boletus Reticulatus. Así que pensamos que agora que se están a dar en bó numero no monte exemplares da especie protagonista deste artigo, Xerocomus Badius, é o momento adecuado para achegarvos a él dende Refungando. Vaia por diante o agradecemento a Miguel Mariño por enviarnos algunha das excelentes fotografías que ilustran este texto.
Estamos ante un cogomelo considerado gastronómicamente moi bo, ainda que non á altura dos pesos pesados dos boletos (Boletus Edulis, Aereus, Pinophilus ou Reticulatus ); non ten tanta carne, nin aroma, nin por suposto alcanza os tamaños dos "big brothers". Non presenta peligro pola súa confusión con oitra especie (con algún oitro Xerocomus, quizáis, pero case todos comestibles mediocres), pero si que tende a confundirse entre o afecionado principiante con Boletus Edulis (máis raramente cos oitros comentados), sobre todo cando é pequeno (como na fotografía que abre o artigo) e presenta un pé excepcionalmente robusto. Sen embargo dúas características desta especie fan que sexa bastante doado diferenciar un de outro: Xerocomus Badius azulea, tanto na carne ó corte, coma nos tubos por causa da presión e ademáis o seu pé é liso e non presenta o carácterístico retículo dos Boletos antes comentados.
Bueno, con todo esto xa de man, só nos queda botar un ollo á descripción comentada extraida do libro de referencia "Cogomelos de Galicia" e regada e aliñada con fotografías e comentarios da casa. Para todos os que desfrutades do monte. Maaaarchando unha de Xerocomus...

DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 5-15 cm de diámetro. Primeiro hemiesférico, máis tarde convexo e por último algo ou bastante estendido. Castaño, castaño avermellado, ou castaño oscuro. Cutícula pouco separable, finamente aveludada, seca e mate, viscosa en tempo húmido. Marxe grosa, encurvada, excedente e as veces algo irregular. Nas distintas imaxes deste artigo podedes observar a cutícula (a "pel" do sombreiro) en distintos estados. Á esquerda podedes ver perfectamente o marxe excedente e a cutícula, seca mate, e aveludada (con aspecto aterciopelado).

Tubos: Adnados, algo decorrentes, facilmente separables, abrancazados, máis tarde amarelados e por último verde oliváceos, azulando debilmente ao corte. Poros pequenos, angulosos e da mesma cor, azulan á presión (facer click na imaxe para observalos con claridade, as dúas marcas circulares azuladas son os lugares nos que presionei cos dedos para que se apreciara o característico fenómeno que tamén presentan con distintos grao de intensidade oitros boletales dos xéneros Xerocomus ou Boletus).

Pé: 4-15 x 1-4 cm. Bastante variable pero sempre cheo, ás veces robusto, engrosado no centro e coa base apuntada e outras esvelto, cilíndrico e delgado. Ocráceo ou pardo amarelado. Carente de retículo pero afeltrado e con fibras lonxitudinais (facer click na foto da esquerda). O pé, ó igual que os tubos, ha de ser definitivo á hora de diferenciar este boletal de oitros coma Reticulatus ou Edulis.


Carne: Grosa, maciza e firme. Branca ou amarelada, parda baixo a cutícula e amarela sobre os tubos. Azula debilmente ao corte ou á presión, sobre todo na unión cos tubos. Olor débil, algo afroitado (recordando ó peculiar olor doitros boletos), sabor suave e agradable.

Hábitat: En solos ácidos de bosques de coníferas e menos frecuente baixo frondosas. Verán e outono, máis raro en primavera. Solitario ou en grupos, ás veces moi numerosos. Moi común en toda Galicia e especialmente na nosa zona. Un clásico da zona do Vilar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails