Stemonitis: entre fungo e animal

Antes de entrar en materia, aconsellámosvos facer click na imaxe para ver con claridade o individuo que nos ocupa. ¿Listo? Pois ó conto. Stemonitis sp. pertencía ata fai pouco a división Gymnomycota do Reino Fungui, e dentro da mesma ós Mixomicetos. Pero os avances nas investigacións e comprensión destes organismos fixeron reordear o Reino Fungui e deixar a división Gymnomycota fora deste; actualmente se engloba no Reino Protista. A causa de este cambio reside nas especiais características destes ex-fungos: realizan a súa alimentación por fagocitose (ó contrario dos fungos, que o fan por absorción) e o seu aparato vexetativo (o seu corpo) está formado por un plasmodio. O plasmodio é un agregado en forma de masa mucilaxinosa (de moco pa entendernos) composto por núcleos celulares que comparten un mismo citoplasma e membrana celular (e non un agregado de células organizadas e con núcleos e membranas individuais como nos animais ou fungos). Este plasmodio se alimenta por fagocitose, ou sexa, que rodea coa sua membrana o seu alimento (bacterias, outras células, materia orgánica) e o incorpora ó citoplasma donde é dixerido. Este proceso podédelo ver de marabilla no video que xa colgamos na web sobre o crecemento acelerado dos fungos, algúns mixomicetos salen xusto ó principio!

Ben, se nos damos a liberdade de facer a comparación entre micelio e plasmodio, entón ¿cal sería o equivalente dos cogomelos, o aparato sexual? As fructificacións dos mixomicetos, chamadas esporocarpos, adoptan formas diversas, así que nos centraremos no caso específico que nos ocupa, Stemonitis. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, volvamos ás imaxes entón e intentemos poñerlle cara a cada cousa...
Neste caso o corpo do mixomiceto, o plasmodio, está formado por unha fina película mucilaxinosa que podedes observar en ambas instantáneas na superficie do tronco e que reflexa o brilo do flash (que hubo que usar pois estaban ben acochados entre as raices dun carballo talado). Os esporocarpos son fácilmente visibles e teñen forma de pluma que emerxe do plasmodio, sobre todo na primeira imaxe podedes ver perfectamente as esporas cubrindo estas plumas en forma de pó marrón ou ferruxinoso, con aspecto de óxido e que tamén se pode ver no exemplar máis desenrolado da segunda imaxe cubrindo a corteza do tronco pola parte de abaixo.

Un curioso bichino este, ¿non creedes? Maís preto do monstro do clásico do cine de terror "The Blob" que de calquera fungo. En todo caso, estaremos ó tanto da aparición de calquera destes fungos desterrados para amosárvolo en Refungando.

Un saúdo a todos o que nos seguides pola rede, e boas vacacións ós que xa as empezastes!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails