V Xornadas Micolóxicas en Ribeira

Hola rapaces!! Ó fin está todo preparado. O 28 e 29 de Novembro levaranse a cabo as V Xornadas Micolóxicas de Riveira organizadas conxuntamente pola Asociación micolóxica Refungando e a Asociación Cultural Alto Falante. A unión fai a forza, amigos.

Así que tí, que viches caer as torres do World Trade Center coma palés de lirio... ¿vas a perder este acontecemento?

O groso das actividades será o sábado, cunha charla de Iniciación á Micoloxía ás 9:30 (home, hai que madrujar, pois claro, menos cachivaches ó corpo o viernes noite) no edificio do CIELGA do Vilar, donde ó rematar saliremos a dar unha volta nunha saída guiada para recoller e aprender a identificar algúns cogomelos. A charla correrá a cargo de Alejandro Mínguez, amigo periodista e autor do libro "Cogomelos Mediciñais". Ás 13:30 nos muiños de Amendo (na aldea do Vilar), celebraremos unha degustación de cogomelos logo da charla e saída. Despois dunha dura mañá de monte, ¿que mellor que enche-lo bandullo a gusto cal arbusto e nun marco incomparable como é este?

As 19:30 celebraremos outra charla, un pouco máis avanzada, "O Xénero Boletus". O poñente será Jaime Blanco Dios, un dos máis reputados micólogos da nosa terra e recente descubridor dunha nova especie de cogomelo na illa de Ons: Clytocibe Auniosiana. Se pasades a miúdo por aquí xa oistes falar de él. Últimamente anda ás voltas cun novo cogomelo riveirense, así que aver se nos conta algo... Unha charla ineludible para os que xa saben un pouquiño máis.

O domingo, para rematar, cos cogomelos rcollidos na xornada anterior montarase unha exposición de cogomelos no Ateneo Valle-Inclán na que poderán os visitantes consultar calquera dúbida cos membros de Refungando que estarán a xornada alí. Unha magnífica forma de achegarse ós cogomelos e aprender a distinguir algunhas especies: téndoas diante.

Bueno, imos seguir preparando o tema. Estades avisados así que... Refungando nos vemos o fin de semana que ven! Ler máis...

Arume dos piñeiros: Clathrus Ruber

Hola amigos! ¿Disfrutando deste dilatado outono? Nós vaia que sí. De feito e como nos seguimos topando con este cogomelo tan curioso, fácil de distinguir, e que chama tanto a atención de afecionados e curiosos, imos a adicarlle a Clathrus Ruber un artigo en Refungando.

¿E lo de quen ven sendo?

Clathrus Ruber é un saprófito que pertence á familia Phallaceae, ou sexa, está emparentado con cogomelos do tipo de Phallus Impudicus ou con outro Clathrus, Archeri, que tamén habemos ver por aquí. Estes cogomelos teñen todos cousas en común, como que no seu primeiro estadio de desenrolo se presentan en forma de ovo (aquí podería haber certamente confusións), ou que despiden un cheiro nauseabundo, como moitos curiosos puideron comprobar na exposición de Refungando no Ateneo-Valle Inclán. Claro está, nada cheira a rata morta porque sí. E é que estes cogomelos desprecian a gravidade como método de dispersión de esporas e optan no seu lugar por atraer co seu doce arume moscas e oitros insectos que lles fan o traballo de espallar polo monte a súa descendencia.

No caso de este cogomelo, a imaxe fala por sí sola, pero imos achegarnos un pouco máis coma sempre e botar un ollo á descripción deste becho raro, que tamén pode ser curiosa, pois non temos nin pé, nin sombreiro, nin lamelas (pásanos coma con Pisolithus Arhizus). Pincha en Leer Máis pra aprender algunha cousiña de Clathrus Ruber...


DESCRIPCIÓN

Corpo Frutífero: 4-8 cm de diámetro. Globoso, semihipoxeo e cuns cordóns miceliares na base a modo de raíces blancas. Exoperidio branco (a piel de fora), cunha armazón ben marcada de surcos pentagonais que lembran un balón de fútbol (nos sempre lle chamamos o cerebriño de nenos, que tamén se parece). Peridio mucilaxinoso (podédelo ver na seguinte imaxe, na que comezou a romper o exoperidio e deixa ver esa capa de aspecto moquento que é o peridio), de 3-4 mm de espesor que rodea a gleba. Ó madurar ábrese polo ápice e emerxe unha masa vermello-alaranxada-rosácea (varía, xa sabedes, cogomelos...) con forma de rede ou gaiola esférica, permanecendo os restos do exoperidio na base (ver foto que abre o artigo) a modo de volva abrancazada e que soe acabar desaparecendo antes que a "gaiola".

Gleba: Atópase no interior da rede de consistencia xelatinosa e cor verdosa (se aprecia moi ben na primeira imaxe, na cara interior das celdas da gaiola). Emana un olor repugnante e nauseabundo para atraer as moscas, encargadas de esparexer as esporas.

Hábitat:
Frutifica en piñais areosos e terreos calcáreos (preto da costa). En grupos de varios individuos. Primavera e finais de outono. Frecuente de atopar.

Observacións: En estado maduro o noso cheirumento amigo é inconfundible. Tan só no estadio de ovo poderiamos confundilo co irmá de xénero, Clathrus Archeri, ou con algún membro do xénero Phallus. ¿É comestible? Bueno, en primeiro lugar decirvos que podedes atopar algún libro que o recomende como comestible de novo. E, bueno, comestible é (o exemplar adulto xa a ninguén lle pasa pola cabeza botar á pota só polo cheiro). Comestibles son moitas cousas; todo o que non che mata. Pero de ahí a pensar que este é un cogomelo interesante de atopar para meter na cesta e meter na cociña vai unha muralla china. Así que relax. Este é un cogomelo para desfrutar das súas atípicas formas, ben fermoso se atopamos un exemplar en plenitude e óptimo para escarallarnos ca cara que pon a xente cando lle pega un bo repaso olfativo.

Bueno, rapaces, esperamos que sacárades algún proveito coma sempre, e que esteades a desfrutar do monte coma nunca. Xa sabedes que calquer día nos vemos... polo monte Refungando!
Ler máis...

O novo Tarrelos na rúa!!

Xa está Tarrelos na rúa e nos frotamos as mans mentres botamos unha ollada ós contido deste ano. A revista de peridiocidade anual da Federación Galega de Micoloxía nos sorprende ademáis e nos toca de preto na bisbarra pois un dos seus artigos está adicado á flora micolóxica de Aguiño (ós animais da fauna xa os coñecemos ben a todos...).
Coma sempre, artigos adicado á cociña, flora, novas especies, historia e curiosidades dos cogomelos.
Nóss nos quedamos especialmente co artigo adicado ós coprinus fimícolas (que medran na merda, así nos entendemos), acompañado de fermosísimas fotos, o da flora de Aguiño e o adicado ó xénero Lactarius (que ademái nos vale de repaso ós que tivemos a sorte de asistir á conferencia do xénero Lactarius do autor, Chemi Traba Velay, en Vilagarcía)

O cogomelo da portada, para os curiosos, é Laurobasidium Lauri, e a fotografía de José M. Castro Marcote.

Xa sabedes, e se non, cóntovolo, que na lista de enlaces da páxina tedes unha versión electrónica de Tarrelos, na que de momento só está subido o número anterior. Tamén podedes pinchar AQUÍ para ver a anterior revista.

Veña rapaces, arriamos que non chove e hai que ir botar un ollo!! Ler máis...

Asombroso exemplo de simbiose: Termitomyces Titanicus

Non, o da imaxe da esquerda non é a versión africana da Estatua da Liberdade. Se pensabades que despois do video de Cordyceps habiades visto de todo no Reino Fungui, agarrádevos ó teclado e atendede a esta incrible historia da relación simbiótica entre dous seres vivos tan diferentes como as termitas e os fungos. Como adianto vos diremos que se pensades que o primeiro ser vivo na terra en cultivar fungos fomos nós, estades trabucados. Xa había enxeñeiros forestais no reino animal cando nós andábamos a pedradas en taparrabos.

Arriba, un dos protagonistas de hoxe: Termitomyces Titanicus (traducido literalmente do latín ó galego, "fungo das termitas jrande de carallo"). Este adramán de cogomelo chega a medir ó redor dun metro de diámetro no sombreiro a atópase fundamentalmente en África Central e do Sur, e antes de que preguntedes, sí, cómese.

¿Queres aprender algo máis sobre estes cogomelos e a súa relación cas termitas? Pincha abaixo en Leer Máis...

Os fungos do xénero Termitomyces dependen totalmente das termitas para a súa supervivencia e reproducción. Existen varias especies de termitas que cultivan distintos tipos de Termitomyces, algunhas son capaces de cultivar varias; parece ser que tan só Macrotermes Natalensis é fiel a unha única especie de fungo.

Pro antes de nada, metámonos no esceario primeiro. Na esquerda podemos ver un esquema dun termiteiro de Macrotermes Natalensis, unha das termitas que cultivan este xénero de fungos. Serviranos para facernos unha idea da maneira na que as termitas construen o seu particular cultivo que non ten nada que envidiar ós mellores invernadoiros. Podemos ver que no centro do termiteiro, sobre un zócalo (B) sostido por pilares de arxila (PA) se asenta unha estructura complexa con forma de esponxa que correponde á zona de cultivo dos cogomelos (F) na interior do cal podemos ver a cámara da raiña (R). Os termiteiros son perfectas obras de enxeñería animal, unha superestructura perfectamente aireada e oxixenada a través dos inumerables túneles que comunican a superficie co interior, conservando dentro unha temperatura e humidade idóneas para o desenvolvemento dos fungos. A madrigueira das termitas e a "horta" ocupan casi a terceira parte dun termiteiro que pode chegar a medir ata tres metros e medio de alto.

As termitas cultivan o fungo propórcionandolle un sustrato adecuado: regurxitan restos de madeira e oitros tecidos vexetais que traen no seu estómago xunto cas esporas dos fungos consumidos. Sobre este rico sustrato vexetal, o micelio do fungo desenvólvese, pero non chega a fructificar (non saen cogomelos lo). ¿Que ocorre? Pois que como boas xardiñeiras, as termitas podan as hifas do micelio e controlan o crecemento e desenrolo do mesmo, inhibindo a formación de cogomelos. No seu lugar, nas hifas do micelio saen unhas pequenas esferas brancas cheas de esporas do tamano dunha cabeza de alfiler (coma se fosen peidos de lobo) e que as termitas empregan como fonte de alimento (ver imaxe dun horto de Macrotermes Bellicosus arriba a esquerda).

O curioso é que, se por calquera razón as termitas morresen ou abandoaran o termiteiro, o micelio, desprovisto dos primorosos coidados das termitas, crecería novamente salvaxe e daría lugar a cogomelos na superficie e redores do termiteiro abandoado. En definitiva, este é un cogomelo que só podemos ver cando se van as termitas e abandoan a leira. De non ser así, probablemente nunca teríamos noticia del.

Espero que vos gustara o cogomelo curioso de hoxe, e xa vos adianto que temos por ahí na manga oitro amiguiño que tamén ten tela que cortar... pero teredes que agardar un pouco!



Ler máis...

Exposición Sorpresa: Cogomelos no Ateneo Valle-Inclán

Este sábado 7 de Novembro, Refungando organizou unha exposición de cogomelos sorpresa (non, os cogomelos non traían regalos no interior, a sorpresa era a exposición). O caso é que este sábado tiñamos que dar unha charla nun instituto de aquí ó ladiño, en Boiro, e por culpa deste tempo noso (ou dos alarmistas de Protección Civil, que todo pode ser), tivemos que botar abaixo a xornada, máis que nada porque ian participar nenos e se auguraban fortes ventos. Así que, compostos e sin moza, nos atopamos con un bo feixe de exemplares distintos que iamos amosar na nosa charla, e nos parecía un desperdicio deixar de amosar alguns daqueles fermosos cogomelos. Así que, co tempo en contra e media tarde e media mañá para organizalo todo, fixemos carteis, saimos ó monte, e pola mañá clasificamos e montamos a exposición no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (para pouco asiduos, a parte de enriba do Bar Plaza). A cousa foi tan frenética e a presa que apenas tuvemos tempo de avisar a ninguén, así que disculpade se a cousa non se fixo con tempo; pero é que non o había.

Así as cousas, ó final do día, conseguimos que numerosos curiosos se pasaran por alí a contemplar as máis de corenta especies que conseguimos reunir e identificar (quedaron moitas máis sen pai) en tan corto espazo de tempo, e que nos pode dar unha idea da diversidade micolóxica tan rica que temos na nosa zona. A estrela da festa, como non, un exemplar de Amanita Caesarea que a primeira hora da tarde se uneu a exposición; fermoso e en perfecto estado, fixo as delicias dos visitantes que o contemplaban por vez primeira. Mirade á dereita que delicia de cogomelo.

Disculpade pola precipitación, todo foi por aproveitar. Haberá máis, e por suposto estaredes informados con tempo para desfrutar da nosa próxima exposición. O que xa non vos podemos asegurar é que a próxima vez vaiades ver unha Caesarea. Iso xa é máis complicado... Ler máis...

Contaminación dos cogomelos: ¿inflúe máis o sitio de recolleita ou a especie?

Estos días saeu nos medios unha noticia que ven a conto do tema dos minerais pesados e a súa absorción polos cogomelos que xa comentamos hai pouco cando falamos de Macrolepiota Procera. No estudo (ver vídeo da nova) levado a cabo por investigadores da Universidade de Castilla-La Mancha se observaron os distintos factores que inflúen na presencia de metais pesados en distintos cogomelos (sutrato de recolleita dos cogomelos, área de aparición e especie recollida ) e o resultado é un pouco sorprendente.

O estudo realizado sobre un centenar de carpóforos de doce especies distintas revelou que a especie estudada pode ser máis determinante que oitros factores como os arriba citados. Ou sexa, á hora de saber que cogomelos teñen unha maior concentración de metais pesados o que máis inflúe máis é a especie, non o lugar no que se recolle. Según este traballo, destas 12 especies, Cantharellus Cibarius sería a máis sensible ó neodimio e chumbo (do primeiro presenta 7,1 microgramos [1 microgramo = 0,000001 gramos] por gramo e o segundo, 4,8 microgramos por gramo).

Oitra das setas con maiores concentracións destes metales é Hypholoma Fasciculare (tóxica e moi común, na imaxe da esquerda) na que apareceron nin máis nin menos que 3,6 e 4,1 microgramos por gramo de torio e uranio. Para facerse unha sopa con eles, vamos.

O certo é que agora vaise a comezar unha nova fase deste estudio no que se analizará a a presencia de 19 elementos químicos en 15 especies de setas comestibles e que debería botar algo de luz sobre este tema que a todos nos interesa (recordemos que os metais pesados teñen a habilidade de irse acumulando no noso organismo co tempo...).

Estaremos ó tanto do que este novo estudo nos poda aportar ó noso coñecemento de este fascinante mundo aparte que é o Reino Fungui para servírvolo en bandexa en Refungando.

Deica refungóns!!! Ler máis...

A Cantarela: Outono Micolóxico 2009

A Asociación Micolóxica A Cantarela, de Vilagarcía de Arousa, decana da micoloxía galega, preparou este ano un cartel de actividades, charlas, saídas e conferencias que farán as delicias tanto de afecionados noveis coma dos máis experimentados. Esta xente leva traballando activamente na divulgación da micoloxía dende o ano 1983 e as súas xornadas micolóxicas non teñen comparación na xeografía galega, tanto en extensión coma en calidade (non deberíades perdervos nin as exposicións de cogomelos que organizan, nen tampouco, os máis larpeiros, as degustacións de cogomelos, nas que salen os "afecionados" de debaixo das pedras (se fora par traballar...). Arriba tedes o enlace con máis información dentro da páxina da asociación; abaixo deixámosvos o programa deste ano para que vaiades botando contas para pasarvos por alí. Dende Refungando nos organizaremos para asistir ó asalto ata o oitro lado da ría, así que se estás interesado en asistir, podes enviarnos un correo á nosa dirección e xa veremos como facemos.

Vémonos refungando, por Vilagarcía adiante! (Pincha Leer Máis para ver o programa...)


PROGRAMA

- Día 7 de noviembre
9.00h.- Salida al campo en coches particulares, a recoger setas para la exposición.

- Día 8
Auditorio de Vilagarcía - 12.00h - Inauguración y apertura de las siguientes exposiciones

  • Setas vivas, láminas, paneles, libros
  • XI Concurso de Fotografía Micológica “Enrique Valdés Bermejo”
  • X Concurso de Dibujo Escolar
  • Maquetas sobre la naturaleza y las setas.
13.00h.- Vino Gallego para autoridades y colaboradores

Conferencias, 20.30h

- Día 9
José Luís Tomé Ortega, Secretario de la Fed. Galega de Micología:
Setas comestibles y tóxicas.

- Día 10
Jaime B. Blanco Dios, Presidente de la Ag. Mic. “Brincabois”:
Micología para todos.

- Día 11
Chemi Traba Velay, Ag. Mic. “Pan de Raposo” de Cee:
El género Lactarius

- Día 12
Dionisio Comesaña, Fotógrafo y cocinero aficionado:
Lo que no sé de la cocina con setas.

- Día 13
José Mª Costa Lago, Ag. Mic “Pan de Raposo” de Cee:
De las utilidades de los Polyporus.

Por las mañanas habrá charlas en el Auditorio, los días 9, 10 y 11, para los colegios que lo soliciten, a nivel de 6º curso de Primaria.

- Día 15
XVII FESTA DOS COGOMELOS (Fiesta de las Setas), de 11,00 a 15,30 h.
Se servirán distintas preparaciones de setas, acompañadas de vino Albariño.
- XXVI Concurso de Cocina.
- VII Exposición de Cestas de Otoño.

- Día 21
20,30h. SESIÓN DE CLAUSURA:
- Entrega de premios del XI Concurso de Fotografía “Enrique Valdés Bermejo”
- Entrega de premios del X Concurso de Dibujo Escolar.
- Entre de premios del I Concurso de Escaparates.
- Entrega de trofeos a los colegios que presentaron maquetas sobre la Naturaleza.
- Proyección en PowerPoint de las actividades realizadas en el año 2008

22.00h.- CENA MICOLÓGICA y entrega de obsequios a los colaboradores
Retirada de invitaciones en el Auditorio del 8 al 17 de noviembre

Ler máis...

Cogomelos no teu xardín? Pois iso parece!!!

Alá por maio escribiamos un artigo sobre o cultivo de cogomelos. Para os que non tivestes oportunidade de leelo aquí tedes o enlace: Cogomelos no teu Xardín. Prometiamos tervos informados de como nos ía coa experiencia así que, ¿que foi do noso tronco en todo este tempo? Pois, sobre todo en verán, houbo que facerlle un par de visitas á semana para humedecelo e comprobar o progreso, que ó principio era inapreciable. Baixo o plástico de invernadeiro, iba fervendo o pucheiro ben a modiño. Por aquí e por alá comezamos a ver os esperados fíos brancos, as hifas do fungo que comezaba a medrar e a merendarse o noso bouquet de chopo, pero non queriamos botar as campanas o voo. Podería ser outro fungo que infectara o tronco ou que xa viñera con él. Pero as dudas se disiparon fará unhas semanas cando a infección na madeira era patente e evidente (recordemos que Pleurotus Eryngii é saprófito, se alimenta de madeira en descomposición, ainda que en estado salvaxe soe aparecer asociado ás raíces mortas de cardo, de ahí o nome "Seta de Cardo"). ¿Miramos á cara a Pleurotus Eryngii? Veña lo!!








Na primeira e segunda das imaxes (facede click nelas para velas en grande) podedes ver dous dos puntos de inserción dos pellets e como o fungo está medrando hacia fora e expandíndose en todas direccións seguindo a superficie do tronco. As hifas, o micelio, o noso amigo, é clara e maravillosamente visible. Na terceira podedes ver unha imaxe doutra zona do tronco sen pellets e que xa se atopa "colonizada". Como vedes a cousa pinta moi ben.

Na última imaxe podedes ver a zona do tronco nunha vista xeral, ainda que bastante desenfocada (estos días de menos horas e nubes non hay luz para as fotos nin a patadas), pero que servirá igualmente para que vexades coma o fungo se extendeu polo noso tronco a gusto cal arbusto.

A partir de gora haberá que mimar aínda máis o noso cultivo, pasarnos máis a miudo, e levar control fotográfico dos cambios que se vaian operando. Xa sabedes que vos teremos informados de como vai o conto, así que , como a nos, tócavos esperar a ver que pasa e esperar polos primeiros Pleurotus Eryngii. Un saúdo a todos. Hai que sair ó monte, a refungar un pouquiño... Ler máis...

Xigante dos campos: Macrolepiota Procera

Galego: Zarrota, Choupín
Castelán: Parasol, Apagador


Primeiro de nada, pedirvos perdón por ter a páxina desatendida as últimas semanas. Como dixo un famoso filósofo "a vida é como unha caixa de bombóns, nunca sabes o que che vai tocar". E a mín tocoume un bo bombón de merda. Para que contar máis; a vida segue. Hai que poñerse ó día así que...

Macrolepiótame nena!! Estou seguro que moitos xa vos topastes con este cogomelo de tamano espetacular e que se ve sen baixar do coche no medio de prados, beiras de camiños e estradas, ou parques. Un cogomelo coñecido e consumido (dos poucos) dende hai tempo na nosa terra, quizáis pola relativa facilidade de recoñecelo e como non, de avistalo ó lonxe, sen desmerecer o seu característico e suave aroma e textura que a moitos, nenos incluidos, failles as delicias. ¿Hay algún problema á hora de identificalo? Hmm... non e sí. Non, porque cos debidos coñecementos deberíamos ser capaces de identificalo sen moitos crebadeiros de cabeza e sí, porque, como non, Macrolepiota Procera ten primos con certa toxicidade e que todavía hoxe botan a algúns atrás. Sen embargo éste é un cogomelo que a xente adoita recoller con certa alegría e despreocupación, e as ausencias de intoxicacións indican que, aínda ó chou, a xente acerta. ¿Motivos? Mentres que Macrolepiota Procera é moi común en toda Galicia, as variantes tóxicas de Macrolepiota son raras de atopar e o tamano, neste caso, si importa: Procera é probablemente o cogomelo máis grande (o sombreiro de maior diámetro, millor dito) que imos a atopar, así que simplemente o seu tamano pode ser unha das garantías do súa comestibilidade. Veña lo, sen máis lerias imos botarlle un ollo á descripción comentada de "Cogomelos de Galicia". Pincha abaixo en "Leer Máis".


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 10-30 cm de diámetro. Primeiro ovoide-esférico e ao final aberto, plano e estendido, cun agudo mamelón (pezón ou abultamento na parte central do sombreiro) de cor apardazada a parda agrisada e incluso parda avermellada. Superficie cuberta de numerosas escamas irregulares que forman liñas case concéntricas ó redor do umbón central, que é máis escuro. Na foto da esquerda tedes tres exemplares maduros que están a puntiño de caramelo e cubertos polo rocío da mañá. Máis frescura, imposible.

Lamelas: numerosas e apertadas, anchas, ventrudas, separadas, formando un colariño ó redor do pé. Cor abrancazada a crema, parda rosadas coa idade. Aresta finamente serrada. Á dreita podedes ver o aspecto das lamelas, a inserción no pé e o anel dobre.

Pé: 20-40 cm. Moi longo desde novo, duro, oco e fibroso (polo que se descarta á hora de consumir). Posúe unha base bulbosa moi evidente e moi dura (ver imaxe da esquerda). Cun característico debuxo en zig-zag (como as raias dun tigre ou unha cebra) de cor parda a parda bastante escura, sobre fondo máis claro que percorre toda a súa lonxitude (nos exemplares máis maduros pode desaparecer en zonas do pé e dar lugar a dúbidas, pero xa sabedes que ante a dúbida...). Anel doble, móbil (se o agarramos entre os dedos e o tentamos deslizar arriba e abaixo polo pé, se move sen demasiada dificultade; como sempre inflúe a idade do cogomelo, as condicións en que se atopa...), consistente, grande, máis claro na parte superior e no colgante.

Carne: dura, grosa no centro, abrancazada, fibrosa e lixeiramente avermellada baixo a casca do pé. Olor e sabor agradables e moi característicos (cando o cogomelo empeza a estar pasado, o cheiro cambia rápidamente e tórnase desagradable, como a amoníaco; pode parecer á vista que o cogomelo está perfecto pero unha inspección olfativa ás lamelas confirmarao).

Hábitat: En prados, bosques, sobre todo nos claros, nos lindeiros, xunto aos camiños. Gregario (o máis frecuente e atopalo sempre acompañado, moitas veces en números moi numerosos). Verán e outono. Moi abundante en toda Galicia.

Observacións: É un dos fungos de maiores proporcións que se poden atopar. As decorcións do sombreiro e pé, como na maioría das macrolepiotas son fundamentais para a súa identificación. Para evitarnos problemas fixarémonos na forma e distribución das escamas no sombreiro (numerosas, concéntricas, pequenas salvo no mamelón), o deseño atigrado do pé e no característico anel dobre. No caso da posible confusión con Chlorophyllum Brunneum (Macrolepiota Rachodes var. Bohemica) habemos evitala se temos en conta que é unha variedade moito máis pequena, de pé moi curto e sen atigrar, comparado con procera e carne con tonos do viño tinto. Poderíamos evitala simplemente recolectando só macrolepiotas con sombreiros de máis de 10-15 cm. No caso de Macrolepiota Venenata, de similar tamano ainda que máis pequena e pé mais curto, teremos sobre todo en conta a carne que se arroiba rápidamente e o pé que tamén arroiba ó rozamento.

Unha última recomendación: os cogomelos son como esponxas cos metais pesados, polo que xa deberíades saber que non convén recoller cogomelos, entre outros sitios, na beira das estradas, pois o tráfico xenera nas proximidades elementos nocivos que os cogomelos asimilan. Este cogomelo é moi dado a aparecer nas beiras das estradas, polo que deberíamos saber valorar dónde e o qué recollemos. Ninguén vai a sufrir unha intoxicación por comer un cogomelo así, pero tedes que ter en conta que un consumo continuado ou reiterado de cogomelos autoestopistas destes pode non ter boas consecuencias para vos a longo prazo.

No vos quero meter medo, Macrolepiota Procera é un excelente comestible, ideal para comer á plancha ou empanada e rebozada, xa que ten unha consistencia e aspecto moi parecido ó polo, por iso é ideal para meterlla doblada ós nenos cando son un pouco repunantiños cos cogomelos!!!

Bueno amigos, estos días iremos dándolle caña ó asunto e comezaremos a subir máis artigos para recuperar ritmo. O monte está a rebosar coma nunca así que a ver se facemos un pequeno compendio das especies que nos estamos a atopar!!

Ler máis...
Related Posts with Thumbnails