
P.D: Graciñas Luis, Dios cho paje que nós xa cho pajaremos ben con bos cogomelos! Ler máis...

Ou deberíamos dicir: "polizóns no camión". Nunha mostra de adaptación ó medio dun fungo sorprendente, pola localización e polo fungo colonizador, imos ver como as gastan para viaxar sen pagar un peso os cogomelos protagonistas da historia de hoxe. Pero vaiamos por partes. Esta historia chéganos da man dun bo amigo que me envía unha foto ó móvil. Manda carallo me digo mentras chamo de volta, ¿iso é o que parece? "Por todo o camión", me di. Nin corto nin perezoso me dirixo ó concesionario donde traballa, no taller do cal se atopa para unha posta a punto o camión en cuestión. Efectivamente, os baixos do camión estaban cheos de cogomelos, aquí e alá, dónde os pequenos buratos dalgún tornillo permitían as fructificacións do fungo sair e medrar buscando a luz e o aire. Na foto de arriba podedes ver un dos cogomelos aflorando moi preto do intermitente traseiro..


Xa pasou a romería. O primeiro, graciñas a todos os que nos visitástedes nalgún dos actos organizados, que tiveron gran alfuencia de público a pesar do inclemente tempo (a min encántame!) que nos tocou a partires do sábado ó mediodía. Graciñas tamén por suposto á Asociación Altofalante, que organizaron unha degustación nos muiños digna de degustar, tanto polo marco incomparable, como polos deliciosos pratos que puidemos catar. Dúas cousas me marcaron ben en Amendo, unha, o croque que levín contra unha das vigas de carballo, e oitra, esa incrible e quentiña sopa de cogomelos ca que se abreu lume alí dentro. Simplemente espectacular.
Como vedes arriba, na primeira charla da mañá, e a pesar de que o tempo non prometía, Alejandro Mínguez encheu o salón do CIELGA no Vilar. Había lejañas, bostezos, si, pero tamén peito para estar todos á súa hora (enviamos un saúdo especial ós "visitantes" de Noia; elas sí que lle botaron ganas!). Gracias tamén Alejandro, que cunha boda ese mesmo día aínda estirou a charla un pouquiño máis do pensado ante as dúbidas dos presentes.
Pola tarde, treboada do demo. Aínda así, novamente, Jaime Blanco e os seus boletus volveron a encher, esta vez, a Aula Multimedia do concello. A pesar das continuas interrupcións por causa dos apagóns, Jaime dou un ameno e interesantísimo repaso á familia en cuestión, donde puidemos ademáis ver por vez primeira a Boletus Atlánticus, un boletus recentemente descuberto por Jaime e que resulta que é de Ajiño (polo que algúns xa adiantan a súa peligrosidade ;D ). En serio, todos aprendemos un pouco, ou un moito mellor dito, desta familia de cogomelos tan representativa e coñecida. Graciñas polos teus consellos, Jaime.
Por último, quería deixarvos a foto de, para min, o cogomelo máis fermoso da exposición. Phaeolus Schweinitzii, ese é o seu nome; este é un cogomelo con unha morfoloxía que cambia
moito ó longo da súa vida. Este exemplar era mozo, enchoupado e marron escuro debido á auga o día anterior e deslumbrante e amarelo logo de perder tanta humidade o día da exposición. O pequeno toxo é unha mostra de como ó crecer este cogomelo incorpora á súa estructura vexetación diversa. Podedes facer click coma sempre para ampliar. As manchas máis escuras son debido ó sobeteo inevitable. Aquí vos queda a foto desta curiosa beleza como despedida hoxe.
Hola rapaces!! Ó fin está todo preparado. O 28 e 29 de Novembro levaranse a cabo as V Xornadas Micolóxicas de Riveira organizadas conxuntamente pola Asociación micolóxica Refungando e a Asociación Cultural Alto Falante. A unión fai a forza, amigos.
Hola amigos! ¿Disfrutando deste dilatado outono? Nós vaia que sí. De feito e como nos seguimos topando con este cogomelo tan curioso, fácil de distinguir, e que chama tanto a atención de afecionados e curiosos, imos a adicarlle a Clathrus Ruber un artigo en Refungando.
Corpo Frutífero: 4-8 cm de diámetro. Globoso, semihipoxeo e cuns cordóns miceliares na base a modo de raíces blancas. Exoperidio branco (a piel de fora), cunha armazón ben marcada de surcos pentagonais que lembran un balón de fútbol (nos sempre lle chamamos o cerebriño de nenos, que tamén se parece). Peridio mucilaxinoso (podédelo ver na seguinte imaxe, na que comezou a romper o exoperidio e deixa ver esa capa de aspecto moquento que é o peridio), de 3-4 mm de espesor que rodea a gleba. Ó madurar ábrese polo ápice e emerxe unha masa vermello-alaranxada-rosácea (varía, xa sabedes, cogomelos...) con forma de rede ou gaiola esférica, permanecendo os restos do exoperidio na base (ver foto que abre o artigo) a modo de volva abrancazada e que soe acabar desaparecendo antes que a "gaiola".
Gleba: Atópase no interior da rede de consistencia xelatinosa e cor verdosa (se aprecia moi ben na primeira imaxe, na cara interior das celdas da gaiola). Emana un olor repugnante e nauseabundo para atraer as moscas, encargadas de esparexer as esporas.
Observacións: En estado maduro o noso cheirumento amigo é inconfundible. Tan só no estadio de ovo poderiamos confundilo co irmá de xénero, Clathrus Archeri, ou con algún membro do xénero Phallus. ¿É comestible? Bueno, en primeiro lugar decirvos que podedes atopar algún libro que o recomende como comestible de novo. E, bueno, comestible é (o exemplar adulto xa a ninguén lle pasa pola cabeza botar á pota só polo cheiro). Comestibles son moitas cousas; todo o que non che mata. Pero de ahí a pensar que este é un cogomelo interesante de atopar para meter na cesta e meter na cociña vai unha muralla china. Así que relax. Este é un cogomelo para desfrutar das súas atípicas formas, ben fermoso se atopamos un exemplar en plenitude e óptimo para escarallarnos ca cara que pon a xente cando lle pega un bo repaso olfativo.
Xa está Tarrelos na rúa e nos frotamos as mans mentres botamos unha ollada ós contido deste ano. A revista de peridiocidade anual da Federación Galega de Micoloxía nos sorprende ademáis e nos toca de preto na bisbarra pois un dos seus artigos está adicado á flora micolóxica de Aguiño (ós animais da fauna xa os coñecemos ben a todos...).
Non, o da imaxe da esquerda non é a versión africana da Estatua da Liberdade. Se pensabades que despois do video de Cordyceps habiades visto de todo no Reino Fungui, agarrádevos ó teclado e atendede a esta incrible historia da relación simbiótica entre dous seres vivos tan diferentes como as termitas e os fungos. Como adianto vos diremos que se pensades que o primeiro ser vivo na terra en cultivar fungos fomos nós, estades trabucados. Xa había enxeñeiros forestais no reino animal cando nós andábamos a pedradas en taparrabos.
Os fungos do xénero Termitomyces dependen totalmente das termitas para a súa supervivencia e reproducción. Existen varias especies de termitas que cultivan distintos tipos de Termitomyces, algunhas son capaces de cultivar varias; parece ser que tan só Macrotermes Natalensis é fiel a unha única especie de fungo.
As termitas cultivan o fungo propórcionandolle un sustrato adecuado: regurxitan restos de madeira e oitros tecidos vexetais que traen no seu estómago xunto cas esporas dos fungos consumidos. Sobre este rico sustrato vexetal, o micelio do fungo desenvólvese, pero non chega a fructificar (non saen cogomelos lo). ¿Que ocorre? Pois que como boas xardiñeiras, as termitas podan as hifas do micelio e controlan o crecemento e desenrolo do mesmo, inhibindo a formación de cogomelos. No seu lugar, nas hifas do micelio saen unhas pequenas esferas brancas cheas de esporas do tamano dunha cabeza de alfiler (coma se fosen peidos de lobo) e que as termitas empregan como fonte de alimento (ver imaxe dun horto de Macrotermes Bellicosus arriba a esquerda).
Este sábado 7 de Novembro, Refungando organizou unha exposición de cogomelos sorpresa (non, os cogomelos non traían regalos no interior, a sorpresa era a exposición). O caso é que este sábado tiñamos que dar unha charla nun instituto de aquí ó ladiño, en Boiro, e por culpa deste tempo noso (ou dos alarmistas de Protección Civil, que todo pode ser), tivemos que botar abaixo a xornada, máis que nada porque ian participar nenos e se auguraban fortes ventos. Así que, compostos e sin moza, nos atopamos con un bo feixe de exemplares distintos que iamos amosar na nosa charla, e nos parecía un desperdicio deixar de amosar alguns daqueles fermosos cogomelos. Así que, co tempo en contra e media tarde e media mañá para organizalo todo, fixemos carteis, saimos ó monte, e pola mañá clasificamos e montamos a exposición no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (para pouco asiduos, a parte de enriba do Bar Plaza). A cousa foi tan frenética e a presa que apenas tuvemos tempo de avisar a ninguén, así que disculpade se a cousa non se fixo con tempo; pero é que non o había.
Así as cousas, ó final do día, conseguimos que numerosos curiosos se pasaran por alí a contemplar as máis de corenta especies que conseguimos reunir e identificar (quedaron moitas máis sen pai) en tan corto espazo de tempo, e que nos pode dar unha idea da diversidade micolóxica tan rica que temos na nosa zona. A estrela da festa, como non, un exemplar de Amanita Caesarea que a primeira hora da tarde se uneu a exposición; fermoso e en perfecto estado, fixo as delicias dos visitantes que o contemplaban por vez primeira. Mirade á dereita que delicia de cogomelo.
Estos días saeu nos medios unha noticia que ven a conto do tema dos minerais pesados e a súa absorción polos cogomelos que xa comentamos hai pouco cando falamos de Macrolepiota Procera. No estudo (ver vídeo da nova) levado a cabo por investigadores da Universidade de Castilla-La Mancha se observaron os distintos factores que inflúen na presencia de metais pesados en distintos cogomelos (sutrato de recolleita dos cogomelos, área de aparición e especie recollida ) e o resultado é un pouco sorprendente.
Oitra das setas con maiores concentracións destes metales é Hypholoma Fasciculare (tóxica e moi común, na imaxe da esquerda) na que apareceron nin máis nin menos que 3,6 e 4,1 microgramos por gramo de torio e uranio. Para facerse unha sopa con eles, vamos.
A Asociación Micolóxica A Cantarela, de Vilagarcía de Arousa, decana da micoloxía galega, preparou este ano un cartel de actividades, charlas, saídas e conferencias que farán as delicias tanto de afecionados noveis coma dos máis experimentados. Esta xente leva traballando activamente na divulgación da micoloxía dende o ano 1983 e as súas xornadas micolóxicas non teñen comparación na xeografía galega, tanto en extensión coma en calidade (non deberíades perdervos nin as exposicións de cogomelos que organizan, nen tampouco, os máis larpeiros, as degustacións de cogomelos, nas que salen os "afecionados" de debaixo das pedras (se fora par traballar...). Arriba tedes o enlace con máis información dentro da páxina da asociación; abaixo deixámosvos o programa deste ano para que vaiades botando contas para pasarvos por alí. Dende Refungando nos organizaremos para asistir ó asalto ata o oitro lado da ría, así que se estás interesado en asistir, podes enviarnos un correo á nosa dirección e xa veremos como facemos.PROGRAMA
- Día 7 de noviembre
9.00h.- Salida al campo en coches particulares, a recoger setas para la exposición.
- Día 8
Auditorio de Vilagarcía - 12.00h - Inauguración y apertura de las siguientes exposiciones
- Día 9
José Luís Tomé Ortega, Secretario de la Fed. Galega de Micología:
Setas comestibles y tóxicas.
- Día 10
Jaime B. Blanco Dios, Presidente de la Ag. Mic. “Brincabois”:
Micología para todos.
- Día 11
Chemi Traba Velay, Ag. Mic. “Pan de Raposo” de Cee:
El género Lactarius
- Día 12
Dionisio Comesaña, Fotógrafo y cocinero aficionado:
Lo que no sé de la cocina con setas.
- Día 13
José Mª Costa Lago, Ag. Mic “Pan de Raposo” de Cee:
De las utilidades de los Polyporus.
Por las mañanas habrá charlas en el Auditorio, los días 9, 10 y 11, para los colegios que lo soliciten, a nivel de 6º curso de Primaria.
- Día 15
XVII FESTA DOS COGOMELOS (Fiesta de las Setas), de 11,00 a 15,30 h.
Se servirán distintas preparaciones de setas, acompañadas de vino Albariño.
- XXVI Concurso de Cocina.
- VII Exposición de Cestas de Otoño.
- Día 21
20,30h. SESIÓN DE CLAUSURA:
- Entrega de premios del XI Concurso de Fotografía “Enrique Valdés Bermejo”
- Entrega de premios del X Concurso de Dibujo Escolar.
- Entre de premios del I Concurso de Escaparates.
- Entrega de trofeos a los colegios que presentaron maquetas sobre la Naturaleza.
- Proyección en PowerPoint de las actividades realizadas en el año 2008
22.00h.- CENA MICOLÓGICA y entrega de obsequios a los colaboradores
Retirada de invitaciones en el Auditorio del 8 al 17 de noviembre