Na primeira e segunda das imaxes (facede click nelas para velas en grande) podedes ver dous dos puntos de inserción dos pellets e como o fungo está medrando hacia fora e expandíndose en todas direccións seguindo a superficie do tronco. As hifas, o micelio, o noso amigo, é clara e maravillosamente visible. Na terceira podedes ver unha imaxe doutra zona do tronco sen pellets e que xa se atopa "colonizada". Como vedes a cousa pinta moi ben.
Na última imaxe podedes ver a zona do tronco nunha vista xeral, ainda que bastante desenfocada (estos días de menos horas e nubes non hay luz para as fotos nin a patadas), pero que servirá igualmente para que vexades coma o fungo se extendeu polo noso tronco a gusto cal arbusto.A partir de gora haberá que mimar aínda máis o noso cultivo, pasarnos máis a miudo, e levar control fotográfico dos cambios que se vaian operando. Xa sabedes que vos teremos informados de como vai o conto, así que , como a nos, tócavos esperar a ver que pasa e esperar polos primeiros Pleurotus Eryngii. Un saúdo a todos. Hai que sair ó monte, a refungar un pouquiño... Ler máis...











.jpg)










