O outono de Amanita Phalloides: Síndrome faloidínico

Tódolos anos hai algún que oitro caso de intoxicación por consumo de Amanita phalloides (na, imaxe, cortesía de Wikipedia), pero este outono, especialmente, a cantidade de intoxicados é alarmante. Alarmante porque cando un lle busca motivos a tal despropósito, e pode haber unha lista de moitos, o que si está claro é que o cada vez maior número de persoas que se botan ó monte sen a preparación e os coñecementos necesarios está na cabeza desa lista. Podemos esperar en anos por vir un incremento no número de casos por tempada. Veredes se non.

Sobran casos de intoxicacións (máis ou menos graves) este outubro que nos toca: O caso dos 9 tailandeses intoxicados en Soria, catro membros dunha familia en Vizcaya, e os catro membros dunha familia de Guadalajara (matrimonio e fillos)... E isto todo antes da morte aquí en Sanxenxo esta semana dun home de 84 anos, como colofón a un outubro negro en canto a intoxicacións.

Todos sabemos que a escalada libre é perigosa, que facer balconing nas piscinas dos hoteis pode ser perxudicial para as nosas costelas, que acariciarlle o fuciño a un caimán famento non é moi recomendable... pero cando se trata dos cogomelos parece que á xente ese sentido "arácnido" que lle debería advertir a un que está a xogar con lume, se desactiva. Non se é consciente de que se pode perder a vida por un simple erro. Por suposto, xoga en contra nosa esa falsa seguridade que nos ofrece a ignorancia ignorada, o propio descoñecemento dos límites dun mesmo. I é que si algo aprende un canto máis sabe de cogomelos, e do pouco que sabe realmente e do que lle queda por aprender.

Esa relaxación á hora de recolectar cogomelos provoca que a maioría da xente, a inmensa maioría, identifique os cogomelos coma se fosen froita, con unha simple ollada por riba, sen pararse sequera un momento a observar maís ou menos detidamente o que teñen na man. Exceso de seguridade e confianza, que se acentúan co paso do tempo, sen que a un lle ocorra "nada".

Por iso imos falar hoxe deste tipo de intoxicación: O síndrome de intoxicación faloidínico pertence ós chamados síndromes de incubación larga, isto é, os primeiros síntomas se presentan moito tempo despois do consumo do cogomelo, tempo no cal a toxina non deixa de actuar polo cal cando o intoxicado presenta as primeiras dolencias hai xa moito dano feito. Para a descripción deste e o seu tratamento, seguiremos o recomendable libro de Régis Courtecuisse-Bernard Duhem, "Guía de los hongos de la Península Ibérica, Europa y Norte de África". Pincha abaixo en ler máis para seguir o artigo...


SÍNDROME FALODÍNICO

Aparece varias horas despois da inxestión (entre 6 e 12 horas). As especies responsables son as amanitas mortais (A. phalloides, A. virosa, A. verna e os seus satélites directos) ó igual que oitras especies que recentemente se ve que interveñen en estos síntomas (Prof. Andary, Montpellier): especialmente as lepiotas pequenas (Lepiota helveola, L. josserandii, L. brunneoincarnata, L. bruneolinacina, L.pseudohelveola, L. subincarnata, L. helveoloides) e las galerinas próximas a galerina rebordeada (G. marginata, G. autumnalis, etc.), sosias da foliota cambiante, excelente comestible). A oronxa verde (A. phalloides) é a culpable do 95% das intoxicacións mortais por inxestión de fungos. Así pois, é imperdoable non conocela cando se pretende recolectar e consumir fungos silvestres.

Sintomatoloxía

Os primeiros síntomas consisten en molestias respiratorias, vértigos, un malestar indefinible. Despois se manifesta unha fase de gastroenteritis aguda con vómitos violentos e dolorosos, unha diarrea abundante de tipo colérico, fétida e líquida, e sinales de intensa deshidratación que poden causa-la morte por colapso cardiovascular (aquí é onde debedes preguntarvos si coñecedes suficientemente ben este cogomelo e cómo solucionalo se non é así). Esta fase dura ata o terceiro ou cuarto día da intoxicación. Despois lle sucede unha enganosa fase de remisión aparente. Ás veces o enfermo reemprende as súas actividais normais. A fase seguinte é un ataque hepático que de feito xa había comezado dende as primeiras 24 horas e que se manifesta varias veces. Os sinais deste ataque (presentes moi pronto e que se debilitan logo) se descubren mediante análises biolóxicas (transaminasas, lacticodeshidroxenasas). Ás veces, o paciente sufre dores hepáticas e pode poñerse de manifesto unha hepatomegalia. A fase finl se presenta, cómo máis pronto, ós 6 días despois da inxesta. O desenlace é favorable se a cantidade inxerida foi escasa e se o tratamento se aplicou moi cedo. Neste caso, a curación con frecuencia se produce sen deixar secuelas, pero xeralmente unha hepatitis gravísima soe preceder á morte.

Tratamento

O tratamento é tamén problemático. De feito, existe unh ampla polémica entre os tratamentos "oficiais" realizados por equipos dtoxicolóxicos e a medicina hospitalaria e o tratamento "empírico" dodoutor Bastien, xeneralista de provincias que se envelenou -e curou- varias veces voluntariamente para probar que o seu tratamento era eficaz. Os primeiros son bastante pesados de poñer en práctica e teñen unha eficacia ó parecer inconstante. O segundo, extremadamente simple e sen efectos secundarios, nunca matoua ninguén se si salvou a persoas tratadas a tempo (hai que insistir que este tratamento é realmente eficaz cando se administra MOI PRONTO). Consiste en inxectar vitamina C (intravenosa) e administrar antisépticos intestinales (@ Ercefuryl) e un antibiótico (@ Neomicina) e eventualmente antieméticos para calmar os vómitos. Cada intoxicado ten o dereito a exigir a aplicación do tratamento Bastien, que, polo visto, lle proporciona un máximo de posibilidades de supervivencia (sempre e cando a súa aplicación comeze suficientemente cedo). Este tratamento non se aplica de forma sistemática e inexplicablemente, algúns hospitais que o practican o teñen abandoado na actualidade.

Como puidestes observar, a cousa non che é unha broma e, por difícil que nos pareza confundir unha Amanita phalloides con nada, sempre hai algún que pica. Lembrade que existe unha variante branca de este cogomelo (A. phalloides var. alba), co cal as confusións poderían darse con máis facilidade entre os incautos con algún champiñón ou russula.

De todas formas e para evitar dalgunha maneira estas confusións recordade que como regla xeral habemos de escapar de calquer cogomelo con: lamelas brancas, pé branco, anel e volva. Non tódolos cogomelos que presentan esas características son mortais pero sí que moitos son tóxicos, entre eles A. phalloides . Máis vale pasarse por exceso que por defecto.

Esperamos non ter que escoitar máis veces este ano novas de intoxicacións ainda que tal como está o monte (¡¡¡e habemos de refungar por elo!!!) moito nos tememos que non serán os últimos este ano.

Lembra que nalgún lugar do monte pode haber unha A. phalloides esperándote. Aprende a coñecela.
Ler máis...

¡XXVII Semana Micolóxica Galega en Lugo!

Hoxe nos facemos eco da invitación que os compañeiros da Sociedade Micolóxica Lucus nos fan a todos con motivo da celebración da XXVIII Semana Micolóxica Galega cuia organización recae tódolos anos nunha asociación micolóxica distinta. Nesta ocasión, Lugo é o lugar elixido para albergar tan micolóxica e cogomélica semana. ¿Estás preparado para todo este mundo de Dios?¿Vas a deixar pasar oitra oportunidade coma esta de desfrutar do Reino fungui, as súas curiosidades e os seus sabores?

A continuación, reproducimos o texto que nos enviaron para vós... hoxe en Refungando falan os de Lugo e calamos en Ribeira:

"Estimados amigos/as:

Entre os días 7 e 14 de novembro celebrarase en Lugo a XVIII Semana Micolóxíca Galega, organizada este ano pola Sociedade Micolóxica Lucus e que incluirá diversos eventos de interese:

  • O día 7 de novembro – EXPOSICIÓN DE COGOMELOS, no Colexio Rosalía de Castro de Lugo - de 11:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
  • O día 9 de novembro – CONFERENCIA “Especies novas de cogomelos para a ciencia descritas en Galicia” – Jaime Blanco Dios, no Salón de Actos da Deputación de Lugo – ás 20:00
  • O día 10 de novembro – CONFERENCIA “Ascomicetes”- José M. Castro Marcote, no Salón de Actos da Deputación de Lugo – ás 20:00
  • O día 11 de novembro – CONFERENCIA “Os cogomelos e a problemática da súa regulación”, - Julián Alonso Díaz, no Salón de Actos da Deputación de Lugo– ás 20:00
  • Os días 12,13,14 de novembro – II XORNADAS SOBRE MICOGASTRONOMÍA – A COCIÑA DOS COGOMELOS, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo



Polo presente email invitámosvos a participar nestes eventos que son abertos ao público en xeral e totalmente gratuítos. So para as Xornadas sobre Micogastronomía, aínda que son tamén totalmente gratuítas, se require unha inscrición previa para a que se pode utilizar a seguinte ligazón:

http://www.smlucus.org/xornadas/inscribete.asp

Adxuntamos os carteis e dípticos con toda a información destes eventos .

Esperamos que vos guste a programación desta edición da Semana Micolóxíca Galega, na que levamos moito tempo traballando con ilusión dende a Sociedade Micolóxica Lucus, e da que vos queremos facer partícipes a todos os compañeiros das Asociacións Micolóxicas de Galicia.

Se tedes algunha dúbida ou consulta por favor poñédevos en contacto con nós.

Un saúdo,"

SOCIEDADE MICOLÓXICA LUCUS
Edificio de Asociacións, local cero - Parque da Milagrosa
27003 - LUGO
Tf. 676750812
www.smlucus@org
info@smlucus.org

Me temo que nos deixaron sen nada por engadir. Lembrade: ¡Tedes toda a información que necesitades nas imaces dos carteis (click para agrandar) e texto, para calquera dúbida podedes escribir sen problemas ó correo de ahí arriba á xente da Sociedade Micolóxica Lucus!

Un micélico saúdo a todos. Ler máis...

Cara a cara: Lactarius deliciosus VS Lactarius quieticolor

Xa falamos o seu día de Lactarius quieticolor e explicamos as diferencias entre este e Lactarius deliciosus. Este ano ambalas dúas especies se adiantaron un pocuo do normal e, por suposto, volvei a xurdir a eterna pregunta ¿Deliciosus ou quieticolor? Despois da explicación macroscópica de rigor, ante a cara de "me se vai a olvidar em 5, 4, 3,...", sempre digo que a millor maneira é telos ambos diante. Unha imaxe vale máis que mil palabras, porque a sutileza é o muro que separa estas especie tan próximas. E hoxe iso é exactamente o que imos a facer. Imos poñervos diante, xuntiños, pero non revoltos, estes dous cogomelos tan semellantes. Cara a cara, face to face.

Por suposto, tivémola sorte, e aproveitámolo, de atoparnos varios exemplares non demasiados maduros das dúas especies e por riba bastante representativos. Que vos quede claro que as diferencias poden non ser tan claras e deberemos botar man, por exemplo, do cambio de color de latex de L. quieticolor para asegurarnos. Pero así, a bote pronto, con tan só unha fotografía, ¿cal diriades que é cal?

Si pensas que Lactarius deliciosus é o da dereita, estás errado. Lactarius quieticolor é a especie do tres cogomelos á dereita, mentres que os tres da esquerda son exemplares de Lactarius deliciosus. Ahora sí se ven as diferencias, ¿non si? L. deliciosus presenta cores maís vivas e intensas, mentres que os laranxas de L. quieticolor soen ser máis apagados , laranxa agrisados.
Doutra banda L. deliciosus raramente ten o pé liso, sen escrobículas (ese pequenos "cráteres" no pé), mentres que a L. quieticolor lle ocorre o contraio: o pé aparece raramente escrobiculado.
Ademáis, L. deliciosus soe acadar maiores tamanos, fixádevos como na imaxe o L. quieticolor maís grande está xa ben desenvolto, mentres que os L. deliciosus máis grandes, todavía novos, teñen todavía bastante marxe para aumentar o seu tamano.

Na segunda das imaxes se invirten os paeles: á esquerda, nunha curiosa pero non infrecuente imaxe, dous L. quieticolor medran fundidos polo pé; á dereita os L. deliciosus. Nesta imaxe se pode apreciar perfectamente a diferencia nos pés. En L. quieticolor, as escrobículas se presentan pouco marcadas e escasas, mentres que nos pés de L. deliciosus, estas marcas son máis evidentes, de cores máis vivas, e numerosas. ¿Hai ou non hai diferencia?

Para maís información podedes pinchar aquí en "Lactarius quieticolor" , porque hasta aquí chega este pequeno apunte de hoxe, no que tratamos de aclarar unha das dúbidas máis comúns de moitos afecionados. .Vos diredes se o conseguimos ou non, eso xa queda nas vosas mans. Nós, namentres, seguiremos entre piñeiros e carballos, refungando... Ler máis...

A Costa da Morte se enche de vida cas súas X Xornadas Micolóxicas

As X Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte xa están quecendo motores. Xa cheira a Clathrus archeri. Os días 31 de outubro e 1 de novembro teredes oitra oportunidade máis, e xa van unhas cantas, de empaparvos de saber micolóxico da man dos membros da Asociación Micolóxica Pan de Raposo en Cee (as conferencias celebraranse no edificio da Escola de Música).

Este ano se van a a tocar dous grupos de cogomelos ben diferentes e menos frecuentemente protagonistas de charlas, sobre todo iniciáticas, de cogomelos: os gasteromicetos (grupo que contén os archicoñecidos e incomprendidos peidos de lobo) e os ascomicetos (para que vos fagades unha idea, aquí se atopan xéneros tan interesantes coma o cordyceps, helvella, morchella ou peziza).

A exposición que montan os amigos de Cee tamén promete ser algo espectacular e memorable, según nos aseguran fontes fidedignas. Comprobarémolo cos nosos propios ollos.

Para información máis detaiada de tódas as actividades programadas e horarios, vos deixamos a continuación o programa destas xornadas, facede click na imaxe da dereita para agrandala.

Xa tedes oitra cita ineludibele na axenda micolóxica deste outono... e non será a última. Mañá, máis. Ler máis...

Pontevedra se empapa de micoloxía: Xornadas de Brincabois

A micoloxía volve a ser protagonista este outono, esta vez, en Pontevedra. A Asociación Micolóxica Brincabois arranca o seu ciclo de conferencias este ano o día 25 de outubro ás 20:30 con unha interesante "Iniciación á micoloxía" a cargo de Puri Lorenzo. O cilo de conferencias seguirá os días 26, 27 e 28 e 29 deste mesmo mes, sempre ás 20:30 na Residencia de estudiantes Caixanova de Pontevedra.

A variedade de temas a tratar é neste caso o punto forte destas conferencias, que tocarán temas tan varioppintos como a fotografía (día 26, "Aspectos a resaltar da fotografía micolóxica", Amancio Castro), a iniciación (día 27, "Principais cogomelos comestibles e velenosos", Jaime Blanco), o audivisual (día 28, "O mundo dos cogomelos", diaporama obra de Santi Corral) ou a cociña (día 29, "Cociña práctica de cogomelos", José Luís Tomé). ¡Non diredes que non hai onde elixir!

Pero isto non é todo amigos, para máis información detaiada das actividades que teñen preparadas os compañeiros de Brincabois, facede click na imaxe do cartel e servídevos vos mesmos.

Galicia ferve de actividade micolóxica e, dende Refungando nos facemos eco para facilitarvos o acceso ó sempre fascinante mundo dos cogomelos. Non nos cansaremos de repetir que non desaproveitedes estas ocasións para iniciarvos, aumentar coñecementos e maravillarvos ca beleza que esconden os fungos.

¡Vémonos as lamelas! Ler máis...

Iniciación á Micoloxía en Zarracos da man de Alejandro Mínguez

Os afecionados, ou futuros afecionados, teñen este día 12 de novembro ás 20:00 unha cita cos cogomelos en Zarracos, concello de A Merca (Ourense). Alejandro Mínguez será o encargado nesta charla-coloquio de achegar o Reino Fungui a aqueles que se deixen caer por este fermoso paraxe da nosa xeografía.

A charla ten caracter iniciático e se centrará nas especies de cogomelos máis abundantes e característicos da zona da Merca. Unha interesante cita para neófitos na que se cumplirá unha vez máis o dito "non te acostarás sen saber unha cousa máis".

¡Non diredes que non vos avisamos! Este tipo de conferencias son unha oportunidade que non debedes deixar pasar se queredes iniciarvos no mundo da micoloxía máis alá do arramble sistemático de níscalos e boletos en cantidades industriais. Facendo click no cartel da esquerda tedes máis información sobre esta actividade.

Estade atentos estes días, pois seguiremos informando de canta actividade micolóxica se celebre na nosa comunidade; coma sempre, Refungando... Ler máis...

Guía de cogomelos dunares, novo libro de José Manuel Castro Marcote

Xa podedes apuntar oitro imprescindible da micoloxía para as vosas bibliotecas. A semana que ven xa estará nas librerías o novo libro do micólogo de Cee e coautor de Cogomelos de Galicia, José Manuel Castro Marcote, a quen este ano tamén temos a sorte de ter connosco en Ribeira precisamente para falarnos destes cogomelos, grandes descoñecidos dun dos hábitas menos visitados polos afecionados e tan abundante en Galicia.

Froito de 10 anos de trabllos percorrendo os ecosistemas litorales da nosa terra nos chega ahora este traballo despois de facer máis kilómetros que Marco buscando á súa nai polas nosas costas catalogando, recollendo e estudando os exemplares que se nos presentan na guía.

A obra, que salirá editada en galego e castelán, consta dunha introducción, ca descripción dun sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes e as estratexias de adaptación destes fungos a un medio tan hostil. A continuación chega a parte descriptiva, con 80 fichas con macro e microfotografías a toda cor e observacións de tódalas especies.

E tempo de noraboa, como sempre que aparecen estudios e publicacións que contribuen a un millor coñecemento da riqueza micolóxica dos nosos montes (e praias, haberá que dicir a partir de agora...). Saudemos pois unha obra única e interesante pola súa temática que debería ter xa un sitio entre os nosos mauais. Si ou tamén. Ler máis...

Fungos de outro mundo: Clathrus archeri

Como se o mismísimo demo asomara a súa man do inframundo tentando chegar ata nós, Clathrus archeri se nos presenta como unha creación doutro mundo. Esta comparación non é para nada gratuita, un dos seus nomes na lingua de Shakespeare é "devil´s fingers" ("os dedos do diaño"). A súa morfoloxía nos se asemella a nada que habite a nosa terra. E isto é certo... de certa maneira. Clathrus archeri non pertence ó noso mundo, se nón que é un visitante de lonxe que gustou do noso clima; un guiri, vamos. Coma outro visitante e paisano deste fungo, o aborrecible eucalipto, C. archeri é de orixe australiana. Pero... ¿cómo chegou ata aquí? ¿Cómo cruzou medio mundo? Hai unha explicación, claro, pero paciencia, todo ó seu debido tempo...

Este ano esta especie está a ser especialmente abundante, e nos chegan noticias de moitos avistamentos, así que imos a despachar este cogomelo para que non vos colla desprevenidos e saibades catro cousas del. Clathrus archeri é extremadamente fermoso na súa madurez, antes de pasarse; ten o aspecto dunha estrela de mar (ver imaxe da dereita), dun polbo drag queen, ou de algunha estrana flor tropical de cores púrpura rosados moi vívidos... pero ó achegarnos, cheira como sete cans mortos fai unha semana, un enriba de oitro. Magnífico obxeto de fotografía micolóxica, sempre que manteñamos ó marxe o noso sentido do olfato, é tamén un cogomelo moi doado de identificar pola súa morfoloxía única. Imos raudos pois, amigos micófilos, entrar en materia e, como sempre, describir e comentar os aspectos máis característicos e as curiosidades máis curiosas deste compatriota de Cocodrilo Dundee. Pasen e lean... e tapen o nariz!


DESCRIPCIÓN


Corpo frutífero: 3-5 cm de diámetro. Desenvólvese a partir dun ovo subgloboso e semihipoxeo (está medio enterrado no chan), de cor branca con tinguiduras violáceas e un cordón miceliar (visible arriba nun dos "ovos" da imaxe que encabeza este artigo) a modo de raiz. Exoperidio branco e liso. Peridio mucilaxinoso, de cor branca ocrácea que rodea a gleba. Ó madurar ábrese polo ápice e emerxe o carpóforo, formado por un pé e xeralmente cinco brazos (normalmente, pero pode ter máis... ou menos) de forma triangular e rematados en punta, que miden de 8-10 cm de longo e se abren lembrando unha lura. A carne é cavernosa, de cor branca, rosada no pé e vermella escarlata nos brazos. Na base permanecen os restos do exoperidio a modo de volva.

Gleba: Recobre a superficie interior dos brazos (ver "ovo" de corte transversal na imaxe que abre este artigo, ou imaxe da dereita). É mucilaxinosa e de cor verde oliva ou verde moura. O olor é fétido ou de excrementos, dependendo do estado da madurez. Se hai varios exemplares preto e maduros, o cheiro a animal morto é apreciable a certa distancia, moi desagradable.

Hábitat: fructifica en bosques de folla e bosques mixtos. En grupos de poucos individuos. Outono. Pouco frecuente. Aquí na nosa zona, no Barbanza, é cada ve máis doado de atopar, ás veces en grandes grupos, sobre todo en bosque mixto.

Observacións: Clathrus archeri é unha especie saprófita invasora. Coma o famoso diaño, é nativo de Tasmania. Durante a Primeira guerra mundial, chegou xunto cos soldados australianos, se ben non se ten moi claro se as súas esporas chegaron nas botas dos militares, na madeira para as infraestructuras do exército, ou na la e tecidos importados dende as nosas antípodas. O caso é que chegou, e a súa eficiente técnica reproductiva fixo que en poucos anos se extendera por boa parte de Europa. Foi descuberto por primeira vez en europa en 1914, ano do comezo da guerra, no distrito francés de Saint-Dié-des-Vosges. En 1963 aparece nun monte de Guipúzcua e, hoxe en día, é cada vez máis doado de atopar en toda a cornisa Cantábrica.

Pero, ¿cómo logrou espallarse tanto en tan "pouco" tempo? Estratexia, amigos. Eficiencia reproductiva. Unha estratexia que ten moito que ver co seu penetrante cheiro e que é a mesma utilizada por Clathrus ruber, un familiar cercano e de características similares do que xa falamos aquí. Estes cogomelos imitan á perfección o cheiro a carne putrefecta, atraendo multitude de insectos carroñeiros, como as moscas, que non se poden resistir a semellante manxar. Pero o "cebo" non remata aquí, o aspecto do carpóforo (textura e cor) de carne podre tamén axuda, e unha deliciosa gleba rica en azúcares se asegura que os visitantes volvan unha e oitra vez. Os insectos, impregnados das esporas durante os seus banquetes, serán ignorantes participantes no éxito reproductor deste cogomelo, espallando a súa descendencia a grandes distancias. E aquí o motivo de que a expansión deste fungo fora tan rápida e exitosa.

En estado de ovo pode ser confundido con algunhas Phallaceas ou Clathraceas. Phallus impudicus ten a forma máis redondeade e é de maior tamano. Clathrus ruber e de forma máis redondeada e ten o exoperidio ben marcado de sucos pentagonais que lle dan un aspecto de "miolos".

Algúns autores o consideran comestible de novo, cando ainda é un ovo, pero deixámosllos todos. Comestible tamén é a herba. De todas formas seguro que se vos quitan as ganas de probar cando o teñades diante.

E ata aquí chegamos por hoxe. Xa sabedes que, sobre todo nestas datas, en Refungando estamos dispoñibles para calqueira dúbida ou cuestiónj que teñades. Só tedes que escribirnos ó contacto de Refungando e tentaremos respostarvos tan pronto como sexa posible.

Sede bos no monte. Nos seguiremos por aquí, Refungando, pois sempre sobran os motivos, como cada día.
Ler máis...

16 de Outubro:"Cogomelos en Ecosistemas Dunares", conferencia a cargo de José M. Castro Marcote en Ribeira que NON te podes perder

Como aperitivo ás xornadas micolóxicas que a Asociación Micolóxica Refungando organiza en colaboración ca Asociación Cultural Altofalante, que se celebrarán os días 6 e 7 de Novembro, José Manuel Castro Marcote, coautor do libro "Cogomelos de Galicia", se deixará caer por Ribeira este próximo sábado 16 de Outubro.

Seguro que moitos de vos tedes percorrido carballeiras, piñeirais, soutos, ribeiras de ríos, prados... pero, ¿cantos de vos percorrestes a liña da costa entre dunas á procura de cogomelos? Neste ecosistema que a priori nos pode parecer hostil para os fungos, se desenvolven sen problema unha ampla variedade de cogomelos que, polo seu especial hábitat, raramente poderemos contemplar. Da man de José M. Castro Marcote, coñeceremos as especies dunares galegas máis comúns e logo da charla sairemos á súa procura, unha experiencie á que dende Refungando vos invitamos a todos a compartir con nós.

A charla será ás 11 da mañá no edificio do CIELGA, no entorno da praia do Vilar, aquí en Ribeira, dentro do marco incomparable do Parque Natural de Corrubedo.

A continuación vos deixamos un mapa para que vexades o sitio exacto.O acto celebrarase no edificio no centro do mapa pegado á carretera que fai un "lazo", o CIELGA.

Non volo podedes perder micófilos do mundo enteiro, ¡esperámosvos!



Ver mapa más grande Ler máis...

Novo cogomelo atopado en Michigan: Cortinarius orelslanosus

Unha vez máis o catálogo de fungos coñecidos se ve ampliado co descobremento dunha nova especie do perigoso xénero Cortinarius. Así se sucederon os acontecementosa e así volo contamos en Refungando, pelo arriba, pelo abaixo...

Este verán aparecía a nova: unha muller de Michigan (EEUU) de 53 anos tivo que ser ingresada no hospital a consecuencia do consumo de cogomelos. Tres días despois da inxesta, a afecionada amosou trastornos gastrointestinais e, nove días despois, os seus riles dixeron "ata aquí chegamos": tuvo que ser ingresada para facerlle unha hemodiálisis. A paciente presentaba os síntomas típicos do "síndrome orellánico", producido por algúns cortinarius que conteñen orellanina, un veleno mortal.

Un dos cogomelos responsables da intoxicación foi sometido a un estudo de ADN, cuio resultado desvelou que a especie era moi próxima a Cortinarius orellanus (na imaxe; non hai dispoñibles fotografías da nova especie), pero diferente. Os autores do estudo nomearon este novo cogomelo como C. orelslanosus.

En canto teñamos máis información e imaxes do novo cogomelo, actualizaremos a entrada. E moito coidado cos cortinarius, un xénero doado de recoñecer porque o velo parcial, que noitros cogomelos forma o anel, neste xénero forma unha especie de cortina que lembra unha tea de araña, cubrindo as lamelas ó principio e máis tarde o pé. E en Galicia, habelos hailos. Ler máis...
Related Posts with Thumbnails