No vos deixedes asustar polo título. O caso é que fai xa algún tempo que nunha conversación por mor do artigo do cogomelo xigante Mexicano (pincha aquí se o perdestes), saiu o tema dun home de Palencia que se atopara con algún tipo de peido de lobo de proporcións astronómicas. Bueno, non tanto, pero case. Despois de moito bucear na rede atopamos este video no que o protagonista da película nos fala do seu achado. Na páxina de Público TV onde atopamos o video se identificaba a esta besta erróneamente como Lycoperdon Perlatum, pero o que ides a contemplar é un exemplar de Langermannia Gigantea (ou Bovista Gigantea e Lycoperdon Giganteum que tamén se chama). O homiño paseaba por unha carballeira preto de Ziordia (Navarra) cando se atopou con este exemplar de 7,965 kg, oito kilos, vamos. Se ben estes cogomelos teñen de por sí un tamano considerable, estamos ante un peso pesado da especie; menos mal que non morde. Pois nada, a disfrutalo.
Mes de vacacións, mes de videos en Refungando...
Ler máis...
Video sobre os efectos das Micorrizas
"Bos días, son Fred Morgan, levo ó frente de Morgan Tree Service dende fai 34 anos e esta mañá vinme ó bosque para mostrarvos unha cousa en particular. Aquí fora, as follas permanecen no chan, ninguén as recolle, púdrense e forman unha capa superior de humus orgánico que incrementa o crecemento das plantas nesta zona.
Quero mostrarvos algo, recollín unha mostra da zona aquí xusto detrás de min, e como podedes ver, temos aquí a raíz mixturada con uns pequenos e delgados filamentos chamados micorrizas e que medran de forma natural por todo o lugar. [...]
Desafortunadamente [...] (teu chan?) probablemente non se asemellará a este de aquí, e non encontrarás raíces con peliños como estas, o chan superficial desapareceu fai tempo antes de que construisen a tua casa e a terra está compactada.
Deixádeme amosarvos unha fotografía que teño aquí que mostra as diferentes formas de responder das plantas con e sin micorrización. Aa planta que ven na esquerda é un pino, unha conífera, crecendo sen micorrización no chan. A da dereita é a misma planta, da misma idade, almacenada da misma forma e por idéntico período de tempo e vemos que medra máis rápido e é máis grande e vigorosa debido á presencia da micorrización.
Afortunadamente ainda que no teu chan non exista micorrización debido á competencia da herba ou outros factores podemos traela de volta unha vez ó ano. O chan con presencia de micorrizas [...] e os sistemas de raíces micorrizados poden chegar a ter unha capacidade de absorción de ata o 700% máis que se non estivesen micorrizados. Así que é unha boa cousa traer de volta a micorrización ó teu chan suburbano non natural polo menos unha vez ó ano."
Ler máis...
Cogomelos de Galicia no Ateneo Valle-Inclán!!!

Refungando se alía desta vez co Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (a parte de enrriba do Bar Plaza donde se dan charlas e que está chea de libros, para os desubicados) para poñer a disposición de todos un exemplar da nova edición do libro de referencia "Cogomelos de Galicia" (click aquí para saber máis desta obra). Un manual actualizado, exhaustivo e limitado á nosa comunidade, imprescindible, en resumo, e que dende Refungando doamos a esta "irreductible aldea gala" da cultura e o coñecemento na Novena que é o Ateneo comandado dende a sombra por "Asuracentuchix" (unha aperta dende aquí ó galo máis galo).
Con esta iniciativa, calquera de vos, de dentro ou de fóra, se pode achegar ata alí para clarificar algunha dúbida (destas que xurden entre cañas, por exemplo), facer algunha consulta ó vir dunha xornada campestre, ou simplemente achegarse ó sempre sorprendente Reino Fungi a través das súas fermosas imaxes e completas descripcións. Non perdades a ocasión de achegarvos a botarlle un ollo!!
Dende Refungando vos mandamos un estival saúdo a todos os que nos seguides. ¿Está ben, ou non está ben este micolóxico verán que levamos? ¿Qué decides vos? Esperamos as vosas fotos!
Ler máis...
V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico
Este Outubro hai unha interesantísima cita difícil de deixar pasar para moitos micólogos, unha cita que este ano nos toca en terras galegas; unha oportunidade como ningunha oitra aprender, intercambiar ideas, poñerse ó tanto das últimas investigacións e pasarse en definitiva catro días inmerso dunha maneira ou oitra entre cogomelos. Charlas e conferencias, exposicións, música (si si, non leestes mal), saídas ó monte... Trátase do V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico, que se celebrará do 9 ó 12 de Outubro en Ferrol. A Asociación Micolóxica Viriato de Ferrol, se encarga este ano da organización deste evento que se celebrará no recinto ferial e de congresos de Ferrol (FIMO).Aquí tedes o enlace á páxina web con toda a información (inscripción, programación, horarios, hoteis, ...); dende Refungando temos en mente acudir asi que, ¡vémonos alí!
Enlace á Páxina: http://encontromicoloxia.blogspot.com/
Ler máis...
Cancro dos nosos montes: A Recollida Abusiva de Cogomelos
Dende a páxina Web da Asociación Micolóxica a Zarrota, queremos achegarvos un artigo de Alfonso Rey Pazos que retrata á perfección o presente, e á vez negro futuro, dos cogomelos na nosa comunidade (en concreto neste artigo, aínda que extensible ó resto da península). Abordando un tema tan controvertido e debatido entre todos os afecionados coma a recolección abusiva e a sobreexplotación o autor toca todolos fíos deste inevitable (no mundo do ser humano, todo aquilo que posue valor económico levaa cruda) problema nos nosos montes, sempre mistura da tan humana avaricia e unha gran ignorancia (explosiva combinación esta como todos sabemos). A anécdota con que finaliza este artigo do recolector-comprador de cogomelos é todo un exemplo que fala por si sólo, e ata faría gracia se non fora unha auténtica tristura as consecuencias das correrías de ignorantes coma ese, que pagamos ó final todos, os que estamos e os que virán detrás de nos.Unha lectura imprescindible para facernos reflexioar sobre a maneira en que nós mesmos recolectamos cogomelos e nas consecuencias destas accións, evidentes xa en moitos lugares agora mesmo. Déixovos un fragmento e debaixo o enlace o artigo:
En el constante corretear por los bosques, montes y prados de nuestra hermosa región gallega, en infinidad de ocasiones hemos contrastado y observado las setas comidas por caracoles, limacos, gusanos, caballo, ovejas, así como aves y ardillas, sobre todo por éstas últimas y por pájaros, desmenuzándolas en las duras invernadas para alimentarse de los gusanos y parásitos que en ellas albergan, que aprovechan como nutrientes en las duras condiciones climáticas de la estación invernal. Sin dolernos prendas de ninguna especie, tenemos que argumentar que estos animales y aves no son los mayores destructores de los hongos. Personalmente creo que el mayor y más sistemático depredador del mundo fúngico, corresponde sin lugar a titubeos al: "¿Homo sapiens sapiens"?
Enlace ó artigo: Las Setas y las Aves de Rapiña
Ler máis...Xerocomus Badius, outro amigo Boletal
Galego: Andoa escura
Castelán: Boleto bayo
Si xá vos recuperastes do anterior video e non collestedes medo a achegar un cogomelo descoñecido ó nariz "polo que poida pasar", é hora de volver a botar un ollo ás nosas fragas e ver con que novos cogomelos nos podemos atopar. Imos a seguir o noso particular percorrido polo monte cunha familia , a dos Boletales, que xa empezamos a coñecer fai pouco con Boletus Reticulatus. Así que pensamos que agora que se están a dar en bó numero no monte exemplares da especie protagonista deste artigo, Xerocomus Badius, é o momento adecuado para achegarvos a él dende Refungando. Vaia por diante o agradecemento a Miguel Mariño por enviarnos algunha das excelentes fotografías que ilustran este texto.
Estamos ante un cogomelo considerado gastronómicamente moi bo, ainda que non á altura dos pesos pesados dos boletos (Boletus Edulis, Aereus, Pinophilus ou Reticulatus ); non ten tanta carne, nin aroma, nin por suposto alcanza os tamaños dos "big brothers". Non presenta peligro pola súa confusión con oitra especie (con algún oitro Xerocomus, quizáis, pero case todos comestibles mediocres), pero si que tende a confundirse entre o afecionado principiante con Boletus Edulis (máis raramente cos oitros comentados), sobre todo cando é pequeno (como na fotografía que abre o artigo) e presenta un pé excepcionalmente robusto. Sen embargo dúas características desta especie fan que sexa bastante doado diferenciar un de outro: Xerocomus Badius azulea, tanto na carne ó corte, coma nos tubos por causa da presión e ademáis o seu pé é liso e non presenta o carácterístico retículo dos Boletos antes comentados.
Bueno, con todo esto xa de man, só nos queda botar un ollo á descripción comentada extraida do libro de referencia "Cogomelos de Galicia" e regada e aliñada con fotografías e comentarios da casa. Para todos os que desfrutades do monte. Maaaarchando unha de Xerocomus...
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 5-15 cm de diámetro. Primeiro hemiesférico, máis tarde convexo e por último algo ou bastante estendido. Castaño, castaño avermellado, ou castaño oscuro. Cutícula pouco separable, finamente aveludada, seca e mate, viscosa en tempo húmido. Marxe grosa, encurvada, excedente e as veces algo irregular. Nas distintas imaxes deste artigo podedes observar a cutícula (a "pel" do sombreiro) en distintos estados. Á esquerda podedes ver perfectamente o marxe excedente e a cutícula, seca mate, e aveludada (con aspecto aterciopelado).
Tubos: Adnados, algo decorrentes, facilmente separables, abrancazados, máis tarde amarelados e por último verde oliváceos, azulando debilmente ao corte. Poros pequenos, angulosos e da mesma cor, azulan á presión (facer click na imaxe para observalos con claridade, as dúas marcas circulares azuladas son os lugares nos que presionei cos dedos para que se apreciara o característico fenómeno que tamén presentan con distintos grao de intensidade oitros boletales dos xéneros Xerocomus ou Boletus).
Pé: 4-15 x 1-4 cm. Bastante variable pero sempre cheo, ás veces robusto, engrosado no centro e coa base apuntada e outras esvelto, cilíndrico e delgado. Ocráceo ou pardo amarelado. Carente de retículo pero afeltrado e con fibras lonxitudinais (facer click na foto da esquerda). O pé, ó igual que os tubos, ha de ser definitivo á hora de diferenciar este boletal de oitros coma Reticulatus ou Edulis.
Carne: Grosa, maciza e firme. Branca ou amarelada, parda baixo a cutícula e amarela sobre os tubos. Azula debilmente ao corte ou á presión, sobre todo na unión cos tubos. Olor débil, algo afroitado (recordando ó peculiar olor doitros boletos), sabor suave e agradable.
Hábitat: En solos ácidos de bosques de coníferas e menos frecuente baixo frondosas. Verán e outono, máis raro en primavera. Solitario ou en grupos, ás veces moi numerosos. Moi común en toda Galicia e especialmente na nosa zona. Un clásico da zona do Vilar.
Ler máis...
Castelán: Boleto bayo
Si xá vos recuperastes do anterior video e non collestedes medo a achegar un cogomelo descoñecido ó nariz "polo que poida pasar", é hora de volver a botar un ollo ás nosas fragas e ver con que novos cogomelos nos podemos atopar. Imos a seguir o noso particular percorrido polo monte cunha familia , a dos Boletales, que xa empezamos a coñecer fai pouco con Boletus Reticulatus. Así que pensamos que agora que se están a dar en bó numero no monte exemplares da especie protagonista deste artigo, Xerocomus Badius, é o momento adecuado para achegarvos a él dende Refungando. Vaia por diante o agradecemento a Miguel Mariño por enviarnos algunha das excelentes fotografías que ilustran este texto.Estamos ante un cogomelo considerado gastronómicamente moi bo, ainda que non á altura dos pesos pesados dos boletos (Boletus Edulis, Aereus, Pinophilus ou Reticulatus ); non ten tanta carne, nin aroma, nin por suposto alcanza os tamaños dos "big brothers". Non presenta peligro pola súa confusión con oitra especie (con algún oitro Xerocomus, quizáis, pero case todos comestibles mediocres), pero si que tende a confundirse entre o afecionado principiante con Boletus Edulis (máis raramente cos oitros comentados), sobre todo cando é pequeno (como na fotografía que abre o artigo) e presenta un pé excepcionalmente robusto. Sen embargo dúas características desta especie fan que sexa bastante doado diferenciar un de outro: Xerocomus Badius azulea, tanto na carne ó corte, coma nos tubos por causa da presión e ademáis o seu pé é liso e non presenta o carácterístico retículo dos Boletos antes comentados.
Bueno, con todo esto xa de man, só nos queda botar un ollo á descripción comentada extraida do libro de referencia "Cogomelos de Galicia" e regada e aliñada con fotografías e comentarios da casa. Para todos os que desfrutades do monte. Maaaarchando unha de Xerocomus...
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 5-15 cm de diámetro. Primeiro hemiesférico, máis tarde convexo e por último algo ou bastante estendido. Castaño, castaño avermellado, ou castaño oscuro. Cutícula pouco separable, finamente aveludada, seca e mate, viscosa en tempo húmido. Marxe grosa, encurvada, excedente e as veces algo irregular. Nas distintas imaxes deste artigo podedes observar a cutícula (a "pel" do sombreiro) en distintos estados. Á esquerda podedes ver perfectamente o marxe excedente e a cutícula, seca mate, e aveludada (con aspecto aterciopelado).
Tubos: Adnados, algo decorrentes, facilmente separables, abrancazados, máis tarde amarelados e por último verde oliváceos, azulando debilmente ao corte. Poros pequenos, angulosos e da mesma cor, azulan á presión (facer click na imaxe para observalos con claridade, as dúas marcas circulares azuladas son os lugares nos que presionei cos dedos para que se apreciara o característico fenómeno que tamén presentan con distintos grao de intensidade oitros boletales dos xéneros Xerocomus ou Boletus).
Pé: 4-15 x 1-4 cm. Bastante variable pero sempre cheo, ás veces robusto, engrosado no centro e coa base apuntada e outras esvelto, cilíndrico e delgado. Ocráceo ou pardo amarelado. Carente de retículo pero afeltrado e con fibras lonxitudinais (facer click na foto da esquerda). O pé, ó igual que os tubos, ha de ser definitivo á hora de diferenciar este boletal de oitros coma Reticulatus ou Edulis.
Carne: Grosa, maciza e firme. Branca ou amarelada, parda baixo a cutícula e amarela sobre os tubos. Azula debilmente ao corte ou á presión, sobre todo na unión cos tubos. Olor débil, algo afroitado (recordando ó peculiar olor doitros boletos), sabor suave e agradable.Hábitat: En solos ácidos de bosques de coníferas e menos frecuente baixo frondosas. Verán e outono, máis raro en primavera. Solitario ou en grupos, ás veces moi numerosos. Moi común en toda Galicia e especialmente na nosa zona. Un clásico da zona do Vilar.
Ler máis...
Cordyceps: Asasino de Ciencia Ficción
Ides a ver un video realmente sorprendente. O vídeo en cuestión é un fragmento da serie de documentais da BBC "Planeta Terra", en concreto do capítulo adicado ás xunglas. Desta vez, en lugar de soltarvos o rollo macabeo de costume, deixaremos que o Félix Rodríguez de la Fuente inglés, Mr. David Attenborough, nos guíe, e presente él mesmo este curioso xénero de fungos. Debaixo do video tedes os "subtítulos" do vídeo.
Disfrutádeo e comentade que vos parece!
"Incriblemente, o 80% dos insectos viven nas xunglas. Poucos en tan gran número como as formigas. Pode haber 8 millóns delas nunha simple hectárea. Pero non a todas as formigas lles vai tan ben.
Estas "tucandeiras" (Paraponera Clavata Fabricius) presentan preocupantes síntomas. As esporas dun fungo parásito chamado Cordyceps penetraron nos seus corpos e mentes.
O seu infectado cerebro dirixe a esta formiga cara arriba e, logo, visiblemente desorientada, permanece agarrada coas súas mandíbulas a un talo.
Aqueles afectados descubertos polas "obreiras" son rápidamente alonxados e expulsados lonxe da colonia.
Parece extremo, pero esta é a razón: como extraido da ciencia ficción, o corpo fructífero do cordyceps irrumpe da cabeza da formiga.
Pode levarlle tres semanas crecer, e cando remata as mortais esporas sairán despedidas dende o extremo, entón, tódalas formigas nas proximidades están en serio risco de morte.
O fungo é tan virulento que pode acabar con toda unha colonia de formigas.
E non son sólo formigas as que caen víctimas deste asasino. Hai literalmente miles de tipos de fungos Cordyceps e, de feito, cada un deles se especializa nunha especie en concreto.
Pero estos ataques teñen un efecto positivo na diversidade da xungla, xa que parásitos coma este, impiden que un grupo de animales adquira preponderancia. Canto máis numerosa é unha especie, máis probabilidades ten de ser atacada por esta némesis, o fungo Cordyceps." Ler máis...
Disfrutádeo e comentade que vos parece!
"Incriblemente, o 80% dos insectos viven nas xunglas. Poucos en tan gran número como as formigas. Pode haber 8 millóns delas nunha simple hectárea. Pero non a todas as formigas lles vai tan ben.
Estas "tucandeiras" (Paraponera Clavata Fabricius) presentan preocupantes síntomas. As esporas dun fungo parásito chamado Cordyceps penetraron nos seus corpos e mentes.
O seu infectado cerebro dirixe a esta formiga cara arriba e, logo, visiblemente desorientada, permanece agarrada coas súas mandíbulas a un talo.
Aqueles afectados descubertos polas "obreiras" son rápidamente alonxados e expulsados lonxe da colonia.
Parece extremo, pero esta é a razón: como extraido da ciencia ficción, o corpo fructífero do cordyceps irrumpe da cabeza da formiga.
Pode levarlle tres semanas crecer, e cando remata as mortais esporas sairán despedidas dende o extremo, entón, tódalas formigas nas proximidades están en serio risco de morte.
O fungo é tan virulento que pode acabar con toda unha colonia de formigas.
E non son sólo formigas as que caen víctimas deste asasino. Hai literalmente miles de tipos de fungos Cordyceps e, de feito, cada un deles se especializa nunha especie en concreto.
Pero estos ataques teñen un efecto positivo na diversidade da xungla, xa que parásitos coma este, impiden que un grupo de animales adquira preponderancia. Canto máis numerosa é unha especie, máis probabilidades ten de ser atacada por esta némesis, o fungo Cordyceps." Ler máis...
Stemonitis: entre fungo e animal
Antes de entrar en materia, aconsellámosvos facer click na imaxe para ver con claridade o individuo que nos ocupa. ¿Listo? Pois ó conto. Stemonitis sp. pertencía ata fai pouco a división Gymnomycota do Reino Fungui, e dentro da mesma ós Mixomicetos. Pero os avances nas investigacións e comprensión destes organismos fixeron reordear o Reino Fungui e deixar a división Gymnomycota fora deste; actualmente se engloba no Reino Protista. A causa de este cambio reside nas especiais características destes ex-fungos: realizan a súa alimentación por fagocitose (ó contrario dos fungos, que o fan por absorción) e o seu aparato vexetativo (o seu corpo) está formado por un plasmodio. O plasmodio é un agregado en forma de masa mucilaxinosa (de moco pa entendernos) composto por núcleos celulares que comparten un mismo citoplasma e membrana celular (e non un agregado de células organizadas e con núcleos e membranas individuais como nos animais ou fungos). Este plasmodio se alimenta por fagocitose, ou sexa, que rodea coa sua membrana o seu alimento (bacterias, outras células, materia orgánica) e o incorpora ó citoplasma donde é dixerido. Este proceso podédelo ver de marabilla no video que xa colgamos na web sobre o crecemento acelerado dos fungos, algúns mixomicetos salen xusto ó principio!
Ben, se nos damos a liberdade de facer a comparación entre micelio e plasmodio, entón ¿cal sería o equivalente dos cogomelos, o aparato sexual? As fructificacións dos mixomicetos, chamadas esporocarpos, adoptan formas diversas, así que nos centraremos no caso específico que nos ocupa, Stemonitis. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, volvamos ás imaxes entón e intentemos poñerlle cara a cada cousa...Neste caso o corpo do mixomiceto, o plasmodio, está formado por unha fina película mucilaxinosa que podedes observar en ambas instantáneas na superficie do tronco e que reflexa o brilo do flash (que hubo que usar pois estaban ben acochados entre as raices dun carballo talado). Os esporocarpos son fácilmente visibles e teñen forma de pluma que emerxe do plasmodio, sobre todo na primeira imaxe podedes ver perfectamente as esporas cubrindo estas plumas en forma de pó marrón ou ferruxinoso, con aspecto de óxido e que tamén se pode ver no exemplar máis desenrolado da segunda imaxe cubrindo a corteza do tronco pola parte de abaixo.
Un curioso bichino este, ¿non creedes? Maís preto do monstro do clásico do cine de terror "The Blob" que de calquera fungo. En todo caso, estaremos ó tanto da aparición de calquera destes fungos desterrados para amosárvolo en Refungando.
Un saúdo a todos o que nos seguides pola rede, e boas vacacións ós que xa as empezastes!! Ler máis...
Etiquetas:
Curiosidades,
Mixomicetos,
Stemonitis sp
Os Cogomelos na Historia
Xa facía tempo que non subiamos algún video, así que xa sabedes o que toca! Imos a poder ver a continuación un fragmento do programa da ETB "El mundo de las setas" (1994) que fai un repaso pola presencia na historia dos cogomelos ata os nosos días, moi resumida claro, pero tamén moi interesante, ó igual que a pequena xoia que é esta serie de 13 capítulos que todavía podedes atopar en DVD por internet. A pesar de que os anos non perdoan algunhas cousas, esta serie segue a ser unha valiosa ferramenta didáctica para achegar os afecionados noveis a este complexo mundo. Ahí vos vai, espero que vos guste!
Ler máis...
Ler máis...
Un novo falo na familia: Phallus Drewsii
Unha fotografía vale máis que mil palabras, vaia que sí. A familia Phallaceae ten unha carácterística morfolóxica que a fai moi recoñecible a maiores e nenos: ten forma de pirola e cheira a mil demos (así atrae a moscas e outros insectos que axudan a diseminar as súas esporas). Na clarificadora imaxe podemos ver dous exemplares, un todavía co veo xeral pechado ca típica forma de "ovo", ejem, nunha composición artística sen desperdicio.O caso é que a expedición liderada por Robert Drewes, un experto norteamericano en reptís, se topou fai pouco na illa africana de Santo Tomé con este novo exemplar de Phallus e os encargados de describilos, Dennis Desjardin and Brian Perry da Universidade do Estatal de San Francisco, decidiron facerlle unha homenaxe ó xefe ó bautizalo desta maneira, Phallus Drewesii. O que xa non temos tan claro é se a "homenaxe" vai con segundas, aínda que sospeito que se este cogomelo medira 50 cm en lugar dos 5 nada mais que mide o nome sería ahora Phallus Desjardinii ou Phallus Perrii.
Para unha descripción detallada da nova especie, visita a páxina da Sociedade Micolóxica de América Mycologia.org Ler máis...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)