O sábado 6 de Novembro, Alejandro Mínguez abrirá as xornadas ás 11:00 da mañá no CIELGA cunha chrla imprescindible para neófitos: "Macroscopía: bases para a identificación de cogomelos". Un vocabulario rico de termos é imprescindible para comunicarse ó falar de cogomelos e estudar as descripcións dos manuales. Estudaremos as partes dun cogomelo, as características macroscópicas (observables a simple vista) máis importantes e sentaremos as bases para a identificación de cogomelos. Logo faremos unha saida guiada para observar o aprendido no monte.
Máis tarde, 14:00, reporemos forzas nos Muiños de Amendo, onde poderemos disfrutar dunha degustación de cogomelos ó abrigo dos vellos muiños de auga.
Sen tempo para facer dixestións, cambiamos de esceario e nos diriximos ó consevatorio municipal de música de Ribeira. Alí, ás 17:30, comezará a nosa viaxe polo mundo das amanitas cos compañeiros de a Asociación Micolóxica Brincabois (Pontevedra). Jaime Blanco comezará esta andaina levándonos da mán pola descrpción taxonómica das especies máis frecuentes e importantes do xénero en Galicia. Logo tomaremos un pequeno tentenpé fúnxico para tomar alento e asimilar o aprendido para seguidamente deleitarnos, nunca millor dito con José Luis Tomé e a súa incursión na cociña das amanitas con "Gastronomía e amanitas". Unha tarde do máis suculenta.
O domingo abriremos a mañá ca Exposición de cogomelos no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) a partir das 12 da mañá, e que estará aberta todo o día para os que gusten de achegarse.
A partir das 12:30 dará comezo a I Ruta micolóxica de Bares. A través dunha ruta polos bares de Ribeira iremos degustando as millores tapas de cogomelos, con un cogomelo distinto adicado a cada local. ¿Xa che pinga o dente? A lista de Bares participantes é a seguinte:
- O Albatros
- O Balado
- A Caverna
- Bar Plaza (aquí haberá un mapa da ruta para os que veñades de fora e non coñezades o terreo!)
- Capitán Morgan
- A Taberna do Riaso
- O Obradoiro
- A Caseira
¡Esperámosvos búfal@s! Ler máis...